Gastronomía
O Concello organiza De tapeo por A Pontenova os días 14 e 15 de abril.
Entre todos os asistentes a estas xornadas de tapeo serán sorteados 5 vales de regalo de 30 euros cada un para canxear nos establecementos de A Pontenova.
O Concello de Cervo organiza o vindeiro sábado 16 de abril a Festa do Mexillón.
No día de onte o rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés,e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a que será a edición número XXVIII desta festa, xunto con persoal dos locais de hostalaría participantes.
Ao longo deste día os locais ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Pulgas, CIT e O Encontro.
A partir das 22:00H haberá verbena a cargo da orquestra FaniaBlancoShow e a continuación será a quenda de Disco Móvil Chocolate.
Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida...
leer másDo 14 ao 16 de abril terá lugar a XVIII Ruta das Tapas de Foz, que organiza AciaFozCCA. Dez locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións en miniatura en horario de mediodía e noite, de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo da tapa será de 2 euros.
Os participantes na cita gastronómica desta Semana Santa son Anduriña, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Namarinos, O Pelolo, O Tangarte e Xoyma.
Anduriña servirá piruleta de tenreira galega en tempura sobre queixo de San Simón e redución de viño Mencía; na Rambla-Pachán poderase saborear salpicón de pescada; en Augas Santas albóndega de tenreira á cervexa negra con boniato; en Dandy hojaldre de carrilleira; en Espacio Machete poderase degustar brioche 2.2; en Happy Days pemento recheo de bacallao; en Namarinos niño de bacallau con...
leer másOs locais hostaleiros asociados Acisa Ribadeo desfrutarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza durante as madrugadas das principais datas festivas e de afluencia turística.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo o xerente, Jesús Pérez, explica que “no dia de hoxe vimos de recibir a resolución do Concello de Ribadeo pola que os nosos asociados contarán con 2 horas mais de autorización para poder traballar nas principais datas de festexos e afluencia turística. Grazas a esta autorización, tramitada por Acisa ante o Concello de Ribadeo, estamos a falar de que nas datas indicadas, os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas de 06:00 a 08:00; e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.
... leer másDo venres 1 ó domingo 3 de Abril, a Hostalaría da Asociación de comerciantes do Centro Histórico pon en marcha as Primeiras Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro.
Este domingo, 3 de Abril, celébrase en Viveiro o Domingo das Tortillas, tradición local que se celebra sempre o domingo antes do domingo de Ramos. Familias, grupos de amigos, veciños, dende os máis novos ata os máis lonxevos saen ó campo, á praia, reúnense nas casas, ou nos bares e restaurantes para desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa.
Nesta primeira edición os participantes sorprenderán versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación.
... leer másA quinta edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo, celebrarase este sábado, 2 de abril. Trece grupos de Galicia e Asturias percorrerán coa súa música tradicional e popular os 25 establecementos hostaleiros que se dan cita neste evento a partires das oito da tarde.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “este sábado, 2 de abril, vaise celebrar a quinta edición de Cantos de Taberna, organizado unha vez máis polo Concello de Ribadeo. Deste xeito recuperamos un evento que tivo lugar por última vez no ano 2019 e que non puido ter continuidade debido aos efectos da pandemia”.
O edil ribadense explicou que “a partir das oito da tarde en máis de 20 establecementos da vila poderase gozar coa música tradicional e popular interpretada por 13 grupos procedentes de diferentes...
leer másDo 14 ao 22 de maio terá lugar o XV Ribadeo de Tapeo. Os establecementos hostaleiros que desexen participar neste concurso gastronómico teñen ata o 11 de abril para anotarse.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, contou que “este ano o Concello de Ribadeo retoma, despois desta época complexa derivada da crise sanitaria do covid, o famoso concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que chega á súa décimo quinta edición”.
O edil ribadense dixo que “este evento que viña colleitando éxito ano tras ano, é un escaparate e unha oportunidade para difundir a nosa gastronomía, ademais do bo facer dos profesionais da hostalaría ribadense.Converténdose esta cita nunha das mellores plataformas gastronómicas, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura e fomentar a nosa...
leer másDurante o 1, 2 e 3 de abril tedes unha cita gastronómica en Trabada!
O Concello de Trabada organiza en colaboración cos establecementos hostaleiros unha nova edición do TapEo.
A Taberna da Curuxeira ofrece as seguintes tapas: empanadillas mariñeiras e carne ao caldeiro; no Novo Bar O Porfirio as tapas que presentan son: capricho de mar e hamburguesa trufada e O Batuxo Meson as tapas que propón son: marinada e o cortello!
O próximo sábado, 2 de abril, visitará Trabada o grupo de teatro Axóuxeres para presentar “Cousas de Mulleres”.
A actuación comezará as 21 horas na Casa da Cultura.
A XXIX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 19 de marzo, en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como prato principal.
A cita foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, e por representantes da hostalería local.
Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Ciprián que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina, Aquelarre e Buenavista. Nesta ocasión, o concurso celebrarase o luns, 14 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás 17:00 horas. O xurado composto por cociñeiros decidirá cales son as tres tapas...
leer másA.C.D. As Minas organiza, coa colaboración do Concello de A Pontenova, o Entroido de Tapeo que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.
Os bares do pobo ofrecerán tapas e pinchos dende as 20:00 horas e haberá sorteo de cestas de entroido para as persoas que asistan disfrazadas.
O domingo, 27 de febreiro, celebrarase un carnaval infantil organizado por C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello de A Pontenova e a ANPA C.E.I.P. A Pontenova. A festa terá lugar no pavillón municipal Tito Margaride, a partir das 17:00 horas, con xogos, música, baile e taller de máscaras, entre outras actividades.
Turismo de A Pontenova organiza un concurso de fotografía, tanto para adultos como para os máis cativos. É moi fácil participar, segundo os convocantes, “sube a túa fotografía na app, na...
leer más