Gastronomía
A Área de Desenvolvemento Local organiza a 18 Festa dxs Produtorxs da Horta que se celebrará o 10 de outubro e coa que rematarán por este ano os Mercados dos Domingos. Haberá esfollada do millo, prensada e elaboración de zume de mazá, música e tapiñas elaboradas con produtos da horta nos bares da contorna.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anunciou que “dende primeira hora deste domingo, 10 de outubro, van ter lugar as diferentes actividades programadas na contorna da praza de abastos para celebrar a festa dos produtores e das produtoras locais coa que se vai poñer punto e final, por este ano, ao Mercado dos Domingos”.
O edil ribadense relatou que “arredor das once e media dará comezo a esfollada do millo, un obradoiro de disfraces e bonecos tradicionais para os máis pequenos da casa e tamén...
leer másNordés Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladoira organiza a octava edición das xornadas micolóxicas que se celebrarán o domingo 17 de outubro.
A xornada dará comezo ás 8:00 horas cunha saída ao monte que estará dirixida polo micólogo Xosé Luis Cuba.
As persoas interesadas deberán anotarse no teléfono 653 75 64 54, ata o xoves 14 de outubro. O custe é de 10 euros para os non asociados e de balde para os pertencentes á asociación. As prazas son limitadas.
O punto de encontro será o aparcadoiro do cruce das Grañas do Sor coa estrada AC 101 (Ortigueira-As Pontes).
A organización sinala que é preciso levar cesto, navalla, roupa e calzado axeitado, bebida e bocadillo.
O vindeiro sábado, 9 de outubro, celébrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á XXXIV edición.
Nesta ocasión, a feira estará situada na Praza de Santa María e na rúa Andrés López Palmeiro e contará coa presenza de numerosos produtores de mel, mazá, castaña e outros produtos de tempada.
Nesta edición, en colaboración coa hostalería local, organízase unha ruta de tapeo polos distintos locais e entre todos os participantes sortearase un premio.
Ademais tamén se realizará a presentación do libro de Prudencio Vivero "Os irmáns de América", e haberá animación de rúa, xogos pola tarde para o público infantil e moitas máis cousiñas.
Entre os asistentes á Feira do Mel realizaranse dous sorteos con dous lotes de produtos da zona e de tempada.
... leer másOs días 3 e 4 de setembro celebraranse en Lourenzá unhas xornadas de degustación da carne de poldro.
Os días 3 e 4 de setembro en locais de hostalería de Lourenzá haberá unhas xornadas de degustación de carne de poldro en colaboración coa Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega Puraga. Participan na cita nove establecementos hostaleiros.
A carne de poldro galego 100% raza autóctona é un produto baixo en graxa, alto en proteínas e moi rico en ferro. O consumo de carne de poldro recoméndase para toda a poboación e en especial para aquelas persoas que, ben sexa pola súa situación (embarazo, anemia) ou pola súa actividade diaria (deportistas), necesiten dunha alimentación altamente nutritiva.
Todos os poldros co selo de calidade 100% Raza Autóctona Cabalo de Pura Raza Galega críanse en liberdade nos montes galegos, o que asegura o benestar do animal. Por tanto, a carne é un produto de calidade, sostible...
leer másO Concello de Ribadeo organiza para este domingo, día 29, no mercado unha nova edición da xornada Toma Tomate, que inclúe diversas actividades para homenaxear a esta hortaliza.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, anuncia que “continuando coa aposta por unha alimentación saudable e sostible, este domingo na contorna da Praza de Abastos de Ribadeo vaise celebrar unha nova edición do Toma Tomate, unha xornada homenaxe a este produto da horta tan noso”.
Pablo Vizoso especifica que “dende primeira hora da xornada, coa colaboración do centro Pedro Murias, terá lugar unha mostra das variedades deste alimento, onde membros do centro compartirán a súa experiencia e coñecemento do seu cultivo.Poderase desfrutar ademais da exposición Alimentación Cotiá, presente e pasado, que fai un percorrido pola historia...
leer másDurante a fin de semana do 28 e 29 de agosto O Valadouro acollerá as xornadas gastronómicas da carne de poldro en colaboración coa Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega.
O Concello de O Valadouro anuncia que os interesados en degustar este manxar poderán facelo nos locais de hostalería de Ferreira do Valadouro, onde ofrecerán tapas gratuítas eses dous días.
A carne de poldro galego 100% raza autóctona é un produto baixo en graxa, alto en proteínas e moi rico en ferro. O consumo de carne de poldro recoméndase para toda a poboación e en especial para aquelas persoas que, ben sexa pola súa situación (embarazo, anemia) ou pola súa actividade diaria (deportistas) necesiten dunha alimentación altamente nutritiva.
Todos os poldros co selo de calidade 100% Raza Autóctona Cabalo de...
leer másBurela rende estes días unha homenaxe á Feira do Bonito que non se pode celebrar do xeito tradicional, debido á situación sanitaria ocasionada pola pandemia do covid. Ata o domingo, 8 de agosto, teñen lugar xornadas gastronómicas, actuacións musicais, o Certame Amarte e unha exposición dos carteis da feira que se pode ver por todo o pobo. O alcalde burelés, Alfredo Llano, convida a achegarse á localidade para desfrutar de toda esta oferta, pero pide que se faga con responsabilidade e prudencia.
O rexedor dixo que “estes días debéramos estar desfrutando dunha Feira do Bonito que lle correspondería ser este sábado pero, derivado da pandemia, este ano ao igual que o pasado non se vai celebrar como se viña celebrando dunha maneira moi recoñecida porque a asociación Ledicia preparaba de formas diferentes o bonito e tiña un éxito total. Era unha...
leer másEste mediodía da comezo no porto de Burela a quinta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte que se prolongará ata o vindeiro domingo, 8 de agosto, e no que participarán finalmente oito artistas que plasmarán nese lugar as súas creacións. Como actividades paralelas terán lugar un concurso de selfies e un obradoiro de graffitis para nenas e nenos a partir de 9 anos. Amarte coincide todos os anos coa Feira do Bonito, que de novo neste 2021 non se celebrará no seu formato habitual, pero desde hoxe vinte locais hostaleiros ofrecerán tapas, menús e racións elaborados con bonito de Burela. Ao longo destes días haberá ademais concertos de Luar na Lubre, Tribu Folk e Eladio y los Seres Queridos e tamén ofrecerá actuacións o Mago Antón.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “en Burela vamos a hacer desde hoy y hasta el...
leer másEste fin de semana se inicia la segunda parte de la campaña “Orixe & Destino Galicia” de la Organización de Productores Pesqueros de Lugo y Paradores, que promociona el bonito del norte y la merluza del pincho de la lonja de Burela a través de los restaurantes de la red de Paradores que están ubicados en diferentes rutas del Camino de Santiago.
En el Parador de Cuenca da comienzo la “Ruta Xacobea de la Merluza de Burela”, que atravesará la península ibérica de este a oeste cumpliendo etapas semanalmente en los Paradores de Alcalá de Henares (Camino de Madrid), Toledo y Ávila (Camino de Levante), Zamora (Vía de la Plata) para llegar a su destino final en tierras del Finisterrae, en el Parador Costa da Morte (Muxía).
El restaurante del Parador de Cuenca ofrece estos días la receta “Merluza de pincho de Burela,...
leer más