Gastronomía
O Motoclub al Corte de Ribadeo organiza o vindeiro sábado, 2 de xuño, as III Xornadas Gastronómicas do Mexillón.
Darán comezo ás 12:00 horas e terán lugar na praciña de José María López, coñecida como plazoleta da Fontenova.
Serviranse mexillóns ao vapor, con salsa vinagreta e con salsa picante.
Colaboran co Motoclub al Corte na organización deste evento os bares Cienfuegos e Maloserá.
O xurado profesional composto por Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda, Marcos Santamaría e Nicolás Asensio fallou que a tapa gañadora do XIII Ribadeo de Tapeo fose a de AG Porcillán, o 2º premio foi para Texturas Galegas e o 3º para El Oviedo. O premio Tapa de Ribadeo foi para Parador de Turismo e recibiu unha mención especial o restaurante Marinero. O xurado asegurou que a decisión foi difícil e que o concurso estivo moi reñido. Pola súa banda, a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, subliñou que arredor dr 45.000 tapas foron vendidas nos 44 locais participantes desde o 11 ao 20 de maio.
Dos 21 inscritos para participar nesta sección oficial do concurso finalmente os que presentaron as súas tapas a concurso foron 15: La Villa, Texturas Galegas, A Tapería, La Solana, O Piano, Parador de Ribadeo, El Oviedo, A Mirandilla, Marinero, Bar...
leer másO XIII Ribadeo de Tapeo desenvolverase do 11 ao 20 de maio en 44 locais hostaleiros do municipio. Cociñeiros como Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda e Lucía Freitas formarán parte do xurado profesional que elixirán as mellores tapas o 21 de maio. Será no hotel restaurante Voar e só concorrerán a esta cita os establecementos que o desexen. O público tamén elixirá a mellor tapa e a mellor barra entre os 44 que participan nesta cita gastronómica. Haberá ademais cantos de taberna, sobremesas musicais e tapas gastro accesibles.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, lembrou que “hai trece anos o Ribadeo de Tapeo se presentaba como unha novidade na comarca, un concurso de tapas onde un gran número de establecementos do concello participaban neste evento. E hoxe xa é todo un clásico, está consolidado, e ademais foi provocando unha serie de reaccións,...
leer másLos restaurantes ubicados en el puerto ribadense de Porcillán celebran un año más su Quincena del Mar. Estas jornadas gastronómicas dedicadas a los pescados y mariscos, que llegan a su sexta edición, dan comienzo el lunes, día 7, en La Solana, Marinero y San Miguel. Fueron presentadas en el propio puerto por los propietarios de los tres restaurantes.
José Blanco, de La Solana, explicó que la Quincena del Mar “comienza este lunes, el día 7 de mayo, y durará dos semanas, como todos los años, para que si hay alguna persona que no esté en Ribadeo la primera semana que tenga la opción de otra semana más por si puede coger unos días para visitarnos y que así todo el público tenga un poco más de acceso a las jornadas. Los productos principales de todos los platos serán pescados y mariscos, en su mayoría de cercanía y de las lonjas que tenemos...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes de Airiños A.C. Airiños do Xunco e a A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, presentaron a XII Festa de exaltación da carne do porco e a IV Foliada que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, o vindeiro 12 de maio.
A cita musical e gastronómica está organizada por estes dous colectivos, coa colaboración do Concello de Cervo
A Festa comezará ás 12:00 horas, cun obradoiro infantil de pandeireta e canto, ás 13:00 horas será a quenda da sesión vermú amenizada polas Pandereiteiras Sen Fronteiros; xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un obradoiro de instrumentos de percusión con Xosé Lois Romeiro.
As actuacións musicais volverán coller o testigo ás 20:00 horas, coa actuación de diferentes...
leer másO Concello de O Vicedo organiza a XI Ruta dos Pinchos os días 4, 5, 12 e 13 de maio.
Os sete establecementos participantes servirán os seus pinchos a un prezo de 2 euros. O horario será os venres e os sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas e o domingo de 12:00 a 15:00 h.
Haberá dúas rutas e a primeira terá lugar o venres 4 e o sábado 5. Nela participarán cafetería Casa da Cultura con tropical de polbo á prancha con triguero crocante, café-bar San Esteban con albóndigas sorpresa, La Bodeguita del Puerto con capricho de La Bodeguita, e merendero Los Árboles de Xilloi con tixoliña de torresmos.
A ruta continuará o sábado 12 e o domingo 13 en Chiringuito de Abrela en Suegos con brocheta de filete recheo de bacon e roquefort con polenta de parmesano, restaurante Area Grande de San Román con O...
leer másTrabada acolle a celebración a 1ª Festa Gastronómica da Enfariñada. A cita terá lugar o domingo, 6 de maio, na Praza do Concello.
Dará comezo ás 13:30 horas e a organización anuncia que haberá moitas sorpresas durante a festa.
O evento pretende poñer en valor a riqueza patrimonial e natural do concello xunto á súa riqueza gastronómica.
Organizan o Concello de Trabada, Trabada Camiño natural, Trabada Futsal e a Asociación de Mulleres Rurais Marco da Pena Verde.
Este sábado, 28 de abril, o Motoclub al Corte organiza en Ribadeo a VI Festa dos Ovos, Zorza e Patacas.
A cita terá lugar, a partir das 12:00 horas, no Parque San Francisco. Desde a organización animan a asistir.
O Concello de Ribadeo, coincidindo coa celebración da décimo terceira edición do Ribadeo de Tapeo, organiza o vindeiro 16 de maio a partir das 20.30 horas nos locais participantes, a I GastroXincana.
Trátase dun xogo por equipos que consiste en superar unha serie de probas a través de pistas e que está dirixido a maiores de 18 anos. Os equipos estarán formados por un mínimo de 5 e un máximo de 10 compoñentes e o grupo que acade unha maior puntuación gañará unha cea para todos os membros do seu equipo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo gastroxincanaribadeo@gmail.com, onde se deberá informar do número de participantes, os nomes e un teléfono ou correo de contacto. As bases poden descargarse na web do Concello de Ribadeo na...
leer más