Libros
Este xoves, día 24, ás 12:30 horas, co gallo da celebración do Día da Biblioteca, a biblioteca municipal Juana de Ibarbourou e a do CEIP Juan Rey celebrarán un acto conxunto na Praza do Conde Santo onde se lerá un manifesto e O conto máis longo do mundo, escrito e ilustrado polos alumnos e alumnas do colexio laurentino.
O Concello de Lourenzá obsequiará aos nenos e nenas participantes con agasallos conmemorativos do día.
A Mariña está presente no libro “Viajar por libre. 50 rutas en furgo por España”, do xornalista Pedro Madera. A FCAM segue así coa súa campaña de promoción turística desta comarca por todo o país, a través da colaboración iniciada hai un ano con este coñecido xornalista, historiador e viaxeiro infatigable.
O libro saíu á rúa a finais do pasado mes de setembro. Ao longo de 304 páxinas o seu autor propón 50 rutas para facer en furgoneta ou en autocaravana por España. Unha desas propostas é A Mariña lucense, El suave paso de Asturias a Galicia. O percorrido de máis de 100 quilómetros levará ao viaxeiro a gozar da beleza paisaxística entre Ribadeo e Viveiro, achegándose incluso ata Estaca de Bares. Proponlles visitas ás Catedrais, a Rinlo, a Foz, a Sargadelos ou a Viveiro, entre outros lugares, e tamén lles fai recomendacións sobre áreas para...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 3 de outubro, ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro Hei entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero , nun acto no que tomaran a palabra os autores do mesmo Bernardo Maiz, Xosé María Dobarro e o noso conveciño Xosé Manuel Pazo.
Hei entrar no meu povo:reivindicarmos Carvalho Calero é unha publicación que recolle diversos traballos arredor da figura do autor recoñecido en 2019 co Día das Letras Galegas. Ricardo Carvalho Calero é un dos grandes vultos da cultura galega do século XX, cunha importante bibliografía no campo dos estudos lingüísticos e literarios pero tamén da poesía e a narrativa. Ao tempo, o autor mantivo durante moito tempo unha importante relación coa nosa vila, onde pasou as vacacións de verán en compañía da súa parella María Ignacia Ramos....
leer másNa V Feira do Libro de Burela, que se celebrará do 30 de agosto ao 1 de setembro, haberá presentacións, actividades para os máis pequenos, teatro con Carlos Blanco e Touriñán e sorteo de agasallos. O pregón será pronunciado por Pablo Mosquera o sábado ás 12:30 horas e ese día terá lugar un debate titulado O trasno, 30 anos despois, no que participarán Emilio Legaspi e Manuel Nebril a partires das 20:00 horas.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana celebramos en Burela a quinta Feira do Libro. Empezará o venres e transcurrirá durante todo o fin de semana. Os horarios van ser de 12:00 a 14:00 horas polas mañás e de 18:00 a 21:30 horas polas tardes. Faremos o pregón o sábado ás doce e media da mañá e este ano o pregoeiro vai ser Pablo Mosquera, unha persoa moi vinculada á cultura en toda A Mariña, e en...
leer másO luns, 12 de agosto, ás 20:30 horas no claustro da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo terá lugar a presentación do libro "Mi vida es un poema", escrito por Marta Prieto, profesora de Educación Infantil especializada en Pedagoxía Terapéutica. Persoa ligada á loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, loita que leva a cabo no seu ámbito profesional e persoal.
"Mi vida es un poema" é un recompilatorio de poesías encamiñadas a explicar a pais, nais, educadores, amizades... á sociedade en xeral, as peculiaridades das persoas con trastornos do neurodesenvolvemento desde unha perspectiva divertida, sinxela e a veces máxica, tentando desmitificar e desdramatizar o diferente para mostrar a cara máis entrañable e tenra da discapacidade.
O acto está organizado polo Centro de Información ás...
leer másHoxe presentouse a XXXIV Feira do Libro de Foz, a decana na Mariña e en Lugo e terceira máis antiga de Galicia. Vaise celebrar do 22 ao 25 de agosto na praza Conde de Fontao en horario de 17:30 a 22:00 horas. A inauguración terá lugar o 22 ás sete da tarde. Actuará o grupo O Feitizo e o pregón correrá a cargo de Antonio Reigosa.
Durante os catro da días haberá presentacións, sinaturas de libros e tamén actuación musicais. No peche da feira o 25 de agosto ás nove da noite actuará a Banda Municipal de Música de Foz.
Á presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, asistiron o alcalde, Fran Cajoto, a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, María José Gómez, en representación da Federación de Libreiros de Galicia, Cielo Fernández, e o concelleiro de Cultura focense, Héctor Morís.
O Seminario de Estudos do Valadouro vai presentar o seu Caderno Número 9. Trátase dun estudo sobre a figura do Mariscal Pardo de Cela, baseado no seu testamento, que fixo Antón Xosé Meilán García. A obra titúlase: "Os últimos días do Mariscal (o testamento e a Igrexa mindoniense)".
O Caderno será presentado o vindeiro mércores, día 7 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo do Castrodouro de Alfoz, coa presenza do autor, de Xesús Pisón, Responsable da Área de Sociedade do SEVA, e de Pepe Peinó, actual Presidente do SEVA.
Do 5 ao 7 de xullo celébrase a sexta feira ribadense do libro Letras no campo. Participarán un total de oito librerías e tamén estará presente o servizo de publicacións da Deputación de Lugo. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, salientou que, ademais das tradicionais presentacións de libros, haberá música, teatro e obradoiros para nen@s.
A edil dixo no acto de presentación que tivo lugar esta tarde na Biblioteca El Viejo Pancho: “quero comezar agradecendo o traballo feito aos técnicos de Cultura do Concello de Ribadeo, a todo o persoal que está implicado nesta organización e ao anterior concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e por suposto agradecer a colaboración das librerías participantes”.
Pilar Otero destacou que “buscando a variedade na oferta, tratamos de conxugar tanto librerías da zona como Librería...
leer másA Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 5 de xullo ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro "Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega", nun acto no que tomaran a palabra os editores do mesmo Xan Carballa e Cesar Lorenzo e o seu autor Xavier Rodríguez Baixeras.
"Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega" é moito máis cun libro gastronómico, tratase dun traballo único e singular no espazo das culturas peninsulares que reúne por primeira vez nun mesmo volume, profusamente ilustrado, un esforzo de recuperación lingüística clave para unha cultura como a galega, até converterse nun grande manual de consulta tamén é un traballo diferente e de referencia para gorentarse cos sabores e os saberes, polo simple pracer da lectura e a evocación e que será de obrigada presenza en todas as entidades relacionadas...
leer más