Música
A Banda de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto dedicado á música de cine este sábado, día 21, ás 22:00 horas enfronte do edificio de Aduanas ribadense, xunto ao parque de San Francisco. En caso de mal tempo esta actuación aprazaríase.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia que este concerto “vai constar de obras de diferentes películas (de animación, de acción, …) coñecidas tanto por novos como por non tan novos e mentres que interpretamos as bandas sonoras estaranse proxectando nunha pantalla escenas desas películas”.
David Ballester destaca que a gran maioría das pezas de bandas sonoras incluídas no programa “serán interpretadas por primeira vez pola Banda de Ribadeo, o que hai que ter en conta porque iso quere dicir que segue funcionando ben”.
... leer másEste xoves, día 19 de agosto, ás 21:30 horas haberá un concerto na terraza da Casa da Cultura de O Vicedo a cargo de Acordeireta, un grupo formado por Patricia González e Alejandro Balbuena.
Coa música do acordeón e da pandeireta acompañados polas súas voces ofrecerán un concerto moi variado de música galega.
Para asistir a esta actuación a entrada é libre ata completar o aforo.
Cine e música son as propostas da axenda cultural de Burela para esta semana.
Este mércores, 18 de agosto, volverá o cine ao aire libre. Ese día terá lugar unha nova sesión de Cine na Rúa coa proxección da película Abominable. Será na Praza da Mariña a partir das 22:00 horas.
O sábado, 21 de agosto, a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay presentará O Amor Bruxo de Falla, baixo a dirección de Jaume Santonja e coa cantaora María Toledo. A actuación terá lugar no Auditorio de Burela e dará comezo ás 20:30 horas. A reserva de entradas pódese facer en www.festivalbalygay.com.
Rastrillo Popular Solidario
E o 29 de agosto terá lugar unha nova edición do Rastrillo Popular Solidario, que organiza a Concellería de Cultura. Será na Praza da...
A Banda de Música de Lourenzá actúa este domingo, día 15 de agosto, en Santo Tomé, concretamente na área recreativa O Pereiro, ás 20:30 horas. Este concerto está incluído no ciclo Música nas parroquias.
Neste evento, que se desenvolverá ao aire libre, haberá medidas anti covid, será obrigatorio o uso da máscara e manter unha distancia de seguridade de 2 metros entre os asistentes.
Música e exposición na axenda cultural de Ribadeo para estes días.
O sábado, 14 de agosto, Malajunta Tango Dúo presentará Apiazzolados co arxentino Martín Bucki ao piano e o asturiano José Luis Álvarez ao saxofón e acordeón. A actuación terá lugar no quiosco do Parque de San Francisco ás 20:00 horas.
O domingo, día 15, ofrecerá un concerto o grupo Beetle Judge dentro do ciclo Soa Forte, que organiza o Concello de Ribadeo. Será no Forte de San Damián ás 20:30 horas. A venda anticipada de entradas farase na Oficina de Cultura a partir deste mércores 11 en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén no ciclo Soa Forte actuarán Remakers, o día 22 de agosto, e Astra, o día 29.
Ademais ata o 10 de setembro no Forte de San Damián pódese visitar a exposición fotográfica La madre que nos parió. A nai...
leer másA Escola Municipal O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá dous concertos de música medieval este xoves, día 12 de agosto: ás 19:00 horas na capela da Venerable Orden Terceira e ás 21:00 horas no Centro Cultural de Álcantara.
Nos dous casos o aforo é limitado e a reserva de entradas hai que facela na oficina de turismo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas ou chamando ao teléfono 982.50.71.77
Este venres, 13 de agosto, a charanga feminina Brassica Rapa amenizará a tarde noite do Vicedo cos seus ritmos pegadizos polas rúas e locais hostaleiros do núcleo do Vicedo. Será a partir das 21 horas.
E o xoves 12 ás 20:30 horas na Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía Turística Concello de O Vicedo, neste caso dedicado ao patrimonio histórico. O prazo de presentación de fotos remata ás 14 horas deste martes, día 10.
O festival Osa do Mar, de Burela, que celebrará a edición deste ano 2021 os días 24 e 25 de setembro, ten xa cinco grupos musicais confirmados: Blanco Palamera, Delaporte, The Rapants, Veintiuno e Verto.
A pasada fin de semana empezou a venda de entradas para os dous días do festival. Os organizadores están pendentes da evolución da pandemia e das restricións sanitarias para decidir o lugar de celebración e outros detalles deste evento musical.
O Concello de Ribadeo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organiza Soa Forte, un ciclo de concertos que se desenvolverá os domingos de agosto no Forte de San Damián. Arrinca o día 8 con Roma e seguirá con Beetle Judge, Remakers e Astra.
A edil de Cultura, Pilar Otero, explicou que “Soa Forte é un ciclo de concertos que pretende aproveitar e pór en valor o forte de San Damián, á parte de como sitio expositivo ou mostra de arquitectura militar, como lugar onde escoitar música. O ciclo que hoxe presentamos ocupará os domingos de agosto ás 20.30 horas, co público sentado e gardando o resto das medidas anti covid 19”.
A concelleira ribadense contou que “este domingo actúa Roma, unha banda de pop-rock, proxecto persoal de dous irmáns logo de tocar coas mellores orquestras e influídos por Leiva, Quique...
leer más












