Música
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Educación, programa para este domingo, 23 de decembro, un concerto conxunto da Banda Pascual Veiga de Mondoñedo e da Banda de Música de Foz. O recital dará comezo as 20:30 horas no Auditorio Pascual Veiga.
O edil de Educación, Alberto García, explica que o concerto ofrecido pola Banda Pascual Veiga en conxunto coa formación de Foz “pretende ser unha homenaxe aos tres directores xa falecidos que tivo a formación mindoniense, Eduardo Rodríguez, ArcadioMon e EnriqueTeijeiro. Arcadio tamén foi director durante moitos anos da Banda de Música de Foz”.
Alberto García invita a desfrutar deste concerto, “preparado con moito empeño por grandes artistas e profesionais, durante o que queremos ter presente aos tres directores da agrupación Pascual Veiga e a todos os que...
leer másO Coro Parroquial actuará este luns, día 24, na igrexa de Vila do Medio ás 17:30 horas, segundo deu a coñecer o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés contou que “desde a Concellería de Turismo vimos de falar co cura de Burela, máis co Coro Parroquial, e aproveitando que estamos abrindo a igrexa de Vila do Medio para visitar o belén que fixeron alí os veciños decidimos facer un acto para darlle un pouquiño máis de relevancia, se cabe, ao belén”.
Fernández Rey subliñou que “o vindeiro luns, día de Noiteboa, imos facer alí unha actuación do Coro Parroquial con villancicos. Queremos invitar a todos os veciños e veciñas, que o teñan a ben, a acudir a este acto para que participen nel porque pensamos que vai ser bonito e entrañable para celebrar estas datas de Nadal”.
O...
leer másO grupo 2na fronteira, formado por Carme Penín á voz e Maurizio Polsinelli ao piano e harmonio, amenizarán o acto de presentación do libro Carlos Álvarez Fernández-Cid. Músico, editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que terá lugar este venres, 21 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro de Ribadeo. Esta obra colectiva, con prólogo de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e deseño de Fernando Fernández Páez, recolle máis de 40 colaboracións arredor da figura de quen foi tan determinante na difusión da música en Ribadeo.
O sábado, 22 de decembro, ás 20:45 horas, na igrexa parroquial de Santa María do Campo, celebrarase o XXIV Festival de Panxoliñas, organizado pola Coral Polifónica de Ribadeo en colaboración co Concello. Actuarán a Coral Polifónica de Bueu, a Coral Fabrense de Fabero del Bierzo-León e a Coral Polifónica de Ribadeo...
leer másLa sala de fiestas Rosa Lar, de Ribadeo, acogerá siete actuaciones musicales en directo desde este sábado, día 22, hasta el 12 de enero.
Este sábado actuará en Rosa Lar la orquesta Trovadores y el viernes 28 habrá un concierto del grupo ribadense de rock Remakers para presentar su segundo disco, titulado Sueños y otras pesadillas. Al día siguiente, sábado 29, actuará la orquesta Trébol y en la noche de Fin de Año tocará el grupo Alma Latina.
Ya en 2019 el sábado 5 de enero, víspera de Reyes, en Rosa Lar habrá un festival navideño con las orquestas Capitol y Abanico. Y el 12 de enero actuará la orquesta Los Satélites.
Además Rosa Lar cuenta con cafetería, que abre todos los días, tiene pantalla gigante de televisión y sirve raciones, tapas, bocadillos, churros, bollería y todo tipo de...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 22 de decembro, ás 12:00 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Nadal, que se enmarca dentro dos actos do 25 aniversario do centro.
No repertorio deste ano non faltarán as panxoliñas, pero tamén hai cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, apunta Hugo García, responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero sen dúbida o aspecto máis destacado do Festival de Nadal, tal e como acontecera en cursos anteriores, é a súa vertente solidaria. Ao longo de toda a semana, desde...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena, o 29 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro ribadense. A Banda interpretará polcas, valses e outras pezas típicas destas datas, ademais doutros temas e haberá sorpresas. O aforo a este concerto será limitado por seguridade e comodidade dos asistentes.
O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “chegadas estas datas do Nadal, a Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma ese concerto anual que é o Aquí como en Viena, que sempre acaba desembocando en temas vieneses como polcas e valses”.
David Ballester sinala que “este ano a primeira parte vai ser un conto que se desenvolve todo el en Viena e tocaremos cinco obras, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda...
leer másDentro da programación de actividades que organiza a Escola de Música, inclúese o xa tradicional concerto de Nadal denominado Concerto en familia.
Segundo conta o director da Escola “participarán neste recital alumnos e alumnas de todas as idades, dende os mais pequenos, agrupados nos colectivos de Música e Movemento e Formación Básica, que levarán adiante coreografías e cancións propias destas datas e ideadas polo seus mestres. Tamén contaremos con todas as agrupacións da Escola, como son o grupo de jazz, agrupacións de corda, coro, cantantes e rematando coa Banda de Música dirixida por Bruno Álvarez”.
Este é un concerto público e gratuíto, “onde os alumnos amosarán o seu bo facer por medio do traballo que realizaron durante este primeiro trimestre do curso”, engade Xan Carballal.
O...
leer másO vindeiro luns, 17 de Decembro, ás 10:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, alumn@s e profesores da Escola Municipal de Música ofrecerán un concerto para os centros de primaria e secundaria da localidade. O motivo desta iniciativa é achegar a música e os instrumentos aos alumnos destes centros.
O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, explica que “as agrupacións participantes son as que están a desenvolver un traballo continuo dentro da Escola e ao longo do curso e por medio delas coñeceremos os instrumentos que forman parte dunha orquestra de corda como son: violíns, violas, violonchelos e contrabaixos. Os instrumentos dunha banda: toda a familia de vento madeira, vento metal e instrumentos de percusión”.
E engadiu que “as obras que se interpretarán serán, sobre todo,...
leer másO Delegación de Cultura do Concello de Xove organiza a VIII edición do Concurso de Karaoke que se celebrará o sábado, 22 de decembro, ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes.
As bases e a relación de cancións para participar pódense recoller nas Oficinas Xerais do Concello ou no Departamento de Cultura. Tamén se poden enviar por e-mail ás persoas que o soliciten, e consultalas na páxina web do Concello: www.xove.es.
Os/as participantes que concursen cunha canción non incluída na lista da organización, teñen de prazo para inscribirse ata o día 14 de decembro, ás 14:30 horas. Para o resto o límite de inscrición remata o día 21 de decembro, ás 15:00 horas. As anotacións poden facerse presencialmente na Oficina do Técnico de Cultura, en horario de oficina, ou chamando ao...
leer másA asociación Amigos da Troula organiza a segunda edición do festival Callo Fest, que se celebrará o 28 de decembro na Praza dos Campos, de San Ciprián.
No Callo Fest deste ano actuarán: Supernatural, MCkuin –tributo a Queen, The Lazy Bones e Pegas Negras.
Ademais haberá un ensaio das badaladas de fin de ano con Disco Móbil e ao remate serviranse callos de balde.
Colaboran: Concello de Cervo, Deputación de Lugo, Gadis, Buenavista Hotel Restaurante e 3agermeifter.