Teatro

Etiquetas:
22/04/2015
Burela celebra o día do libro cunnha mostra de fondos dedicados ao público infantil. E o sábado, 25 de abril, Os Contos de Pablísimo ofrecerán un espectáculo na Casa da Cultura.
 
Con motivo da celebración do Día do Libro o mañá, 23 de abril, na Biblioteca Pública Municipal de Burela, inaugurarase unha mostra bibliográfica de distintos fondos dedicados ao público infantil. Os fondos poderán contemplarse en horario de 9 a 13 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres.
Desde a Concellería de Cultural lembran que “o 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, no 1616, finou Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. O 23 de abril é tamén a data de nacemento doutros grandes autores, Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo. Por elo o 23 de abril foi elixido pola Unesco como o Día Mundial do Libro”.
Asemade , e como remate...
leer más
Etiquetas:
22/04/2015
Boneca Lareta porá en escena en Barreiros "Sede de mal". Será o 26 de abril ás sete da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
 
A compañía Boneca Lareta representará o vindeiro domingo, 26 de abril, en Barreiros a obra Sede de mal. Será ás 19 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 
O reparto está formado por Luis Iglesias e Xavier Deive, dous dos actores mais importantes da escena galega, participantes en series de éxito como Matalobos e Gaivotas subterráneas. Sede de mal é un espectáculo cheo de humor, teatro e música en directo. 
Boneca Lareta chega a Barreiros a través do programa Cultura no Camiño 2015, do Agadic e a Xunta de Galicia, e conta coa colaboración do Concello barreirense. 
 
Etiquetas:
21/04/2015
Alfoz celebrará o día do libro o 27 de abril con Sarabela Teatro. Será na Casa da Cultura a partir das tres das tarde.

 

Segundo informa Pepe Peinó "en Alfoz celebramos o Día do Libro para os máis pequenos o luns, 27 de abril, ás 15,00 horas. Estarán connosco na Casa da Cultura os de Sarabela Teatro, nun espectáculo dirixido a nenos de 4 a 12 anos no que haberá música, danza e teatro. Ranpunzel e Grettel Chanetti chegarán en bicicleta con contos express e precisarán da axuda do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E de sobremesa suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos".

Etiquetas:
21/04/2015
A compañía Trípode representará este domingo, 26 de abril, a obra "Apedreando". Será en Lourenzá ás oito e media da tarde.

 

A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez, tamén deu a coñecer que “o domingo, 26 de abril, vamos ter á compañía Trípode, composta por Alberto Niñe, Pepe Peinó e Cachín, co espectáculo Apedreando. Será ás oito e media da tarde no salón de actos cun prezo de 2 euros a entrada. Sabemos que as representacións teatrais teñen moito éxito aquí, en Lourenzá, polo que convidamos a todos os nosos veciños a asistir a esta que organizamos para despedir o mes de abril”.

Etiquetas:
16/04/2015
Os máis pequenos teñen este domingo, 19 de abril, unha cita en Ribadeo con Magín Blanco e o seu "Gatuxo".
 
Desde a Concellaría de Cultura explican que “despois do éxito de “A nena e o grilo”, Magín Blanco trae o seu “Gatuxo” a Ribadeo. Trátase do espectáculo músico-teatral para @s pícar@s da casa”.
Será o vindeiro domingo, 19 de abril, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 2,5 euros. 
 
Etiquetas:
16/04/2015
O espectáculo musical "Os Tres Porquiños" de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, a Burela.
 
O espectáculo Os tres porquiños de Educa Teatro chega este sábado, 18 de abril, á Casa da Cultura de Burela. O acto, que se enmarca dentro da Programación Cultural de Primavera do Concello, foi presentado esta mañá polo alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e actores da compañía. 
Esta obra musical con bonecos a tamaño real dará comezo ás 17:30 horas. 
Desde Educa Teatro preguntan “como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?”. E engaden “a resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna...
leer más
Etiquetas:
13/04/2015
Os venres de abril, maio e xuño desenvolverase en Cervo o taller de teatro "Pimpim". Hai 32 nen@s inscrit@s.
 
Arrinca unha nova edición do Taller de Teatro Infantil “Pimpim”, unha actividade para nenos e nenas de infantil e primaria no que participan 32 alumnos. O taller desenvolverase todos os venres de abril, maio e xuño, e será nese último mes cando os participantes representen as pezas teatrais que ensaiarán durante este tempo. 
Unhas obras de teatro con guións propios, escritos e ideados polas monitoras do taller, adaptados ao nivel dos nenos, ás súas idades e preferencias. A primeira sesión tivo lugar o venres pasado, e incluíu xogos para favorecer o contacto entre todos os participantes, pero a partir do venres que vén xa comezarán os ensaios das obras.
O Concello leva tres anos ofrecendo o Taller de Teatro Infantil, cuxos...
leer más
Etiquetas:
13/04/2015
Este sábado, 18 de abril, haberá teatro para os máis pequenos no Pastor Díaz, en Viveiro. Baobab representará "Martes".
 
Baobab Teatro porá en escena en Viveiro a obra Martes, que é un espectáculo recomendado para nenos/as de 2-7 anos. Será o vindeiro sábado, 18 de abril, ás seis da tarde no Teatro Pastor Díaz. 
Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes.
Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas. Gústalle xogar con elas e nunca, nunca se separa.
Martes tenlle medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos, etc. Martes tenlle medo a todo por iso nunca saíu da lúa, durme no seu regazo e sácalle brillo para non quedar a escuras.
Martes naceu un martes de lúa chea. Algúns din que é fillo da lúa pero iso non o...
leer más
Etiquetas:
13/04/2015
Ollomao representará en Foz este sábado, 18 de abril, a obra "Oé, Oé, Oé". Será na Sala Bahía ás seis da tarde.
 
O ano pasado a Asociación Cultural A Pomba do Arco levaba a Foz o grupo de teatro Ollomao despois de ter paseado por toda Galiza a obra "Os vellos non deben namorarse". Este ano a mesma asociación quere que Foz volva a disfrutar do teatro de Ollomao.
Este sábado, 18 de abril, ás 18 horas na sala Bahía de Foz, o grupo de teatro da asociación cultural Ollomao representará a súa derradeira obra "Oé, Oé, Oé".
"Oé, Oé, Oé" é unha de teatro escrita por Maxi Rodríguez que se está a representar en toda Europa con gran número de asistentes. Foi estreada en Asturias en 1994, sendo traducida ao galego por Roberto Vidal Bolaño e representada polo grupo “Teatro de aquí”, supoñendo un dos grandes éxitos do teatro galego. A obra de Maxi Rodríguez é...
leer más
Etiquetas:
09/04/2015
Talía Teatro porá es escena este sábado, 11 de abril, en Viveiro a obra "Demolición". Será no Pastor Díaz ás 20:30 horas.
 
Trátase dunha comedia de 90 minutos de duración, escrita e dirixida por Cándido Pazó. Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco artístico. 
Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo. Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé. “Comidrama”. Xa que o concepto existe, outorguémoslle un nome. Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión. A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente.A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.
A representación terá lugar este sábado ás 20:30 horas no Teatro...
leer más