Teatro
28/12/2016
O musical dirixido ao público familiar Os Rockenstein, estará en Burela este venres, 30 de decembro, no auditorio municipal ás 19:00 horas. As entradas aínda poden adquirirse en venta anticipada ao prezo de 5 euros. Na billeteira o día do espectáculo custarán 7 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembrou que “de cara a este fin de semana que llega que es ya el último del año, creo que tenemos una buena propuesta para cerrar la programación cultural de todo este 2016 que nos queda atrás con muchísimos eventos que sacamos adelante con muy buena respuesta del público como siempre. Esta última propuesta es un musical no infantil, habría que catalogarlo como familiar y además de muchísima calidad. Tuvimos aquí una obra de teatro de esta misma compañía, Mala Sombra, que era Descanse...
leer más 14/12/2016
O local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.
13/12/2016
O local social da localidade focense de Marzán acollerá este venres, día 16, ás 20:45 horas unha representación teatral a cargo do grupo Pico do Castro que ofrecerá a obra titulada O Consultorio.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños O Torques, de Marzán.
13/12/2016
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado, 17 de decembro, a obra "O poder de Amabel", a cargo de Pérez & Fernández.
"O poder de Amabel" é unha peza de teatro de monicreques e actores para público familiar baseada na noela infantil de Érica Esmorís. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abraiante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo,embarcarase en aventuras ben peculiares. Un reencontro de dous amigos xa adultos, no que lembrarán un especial outono que viviron xuntos no 82, un dos seus primeiros recordos de nenos, eses anos que debemos volver para sentirnos na nosa verdadeira patria: a infancia.
...
leer más 09/12/2016
O grupo Trípode e Amigos estará o sábado, 10 de decembro, ás 18:00 horas, en San Miguel de Reinante coa obra A panxoliña máis fermosa.
Con esta representación colaboran nunha iniciativa de Cáritas para recabar fondos para os máis necesitados.
O grupo volverá actuar con esta obra o 18 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
A panxoliña máis fermosa, estreada en Alfoz o pasado mes de agosto, son dúas horas de música e humor e está interpretada por Cachín, Santiago Quirós, Pepe Peinó, Alberto Níñez, Susi Paz, Sandra Amieiro, Raquel Amieiro, Mónica Díaz e Leni Níñez.
07/12/2016
O musical Os Rockestein estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 18:00 horas do vindeiro sábado, 10 de decembro. Este espectáculo de Malasombra Produccións está dirixido para un público familiar.
Conta a historia do doutor Rockestein, gran profesor, científico e inventor, pero tamén un melómano consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura a que converter nunha estrela musical que salve ao mundo da desaparición do rock´n roll. Do seu experimento saen non unha senón tres criaturas, unha masculina e dúas femininas, e comeza a súa tarefa de educar ás futuras estrelas de rock para que se formen antes...
leer más 29/11/2016
A compañía Farandoleiras presenta o espectáculo Pánico! este sábado, 3 de decembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Dirixido por Clara Gayo quen tamén é a autora dos textos, o elenco está integrado por Antonio Doldán, Beatriz Vázquez, Bernardino Cope, David Garrido, Elsa Parada, Estela Naranjo, Esther Patiño, Isa Currais, Lara Valcuende, Manu Candamio, María Rei, Marisol Cancio, Natalia Domínguez, Noa Vedia, Noelia Papín, Paula Gallego, Raquel Sánchez, Saleta Vázquez y Yolanda Zapata.
Farandoleiras Cabaré volve unha vez máis aos escenarios para ofrecer a súa peculiar visión da actualidade cun espectáculo cheo de humor, teatro e números musicais. Pánico! achéganos ao mundo do terror e a intriga para demostrar que a...
leer más 28/11/2016
El espectáculo La reina de las nieves estará en Viveiro el día 19 de diciembre dentro de su gira 2016.
La representación tendrá lugar en el Teatro Pastor Díaz a las 17:00 horas. El precio de las entradas en venta anticipada es de 15 euros y 18 euros en taquilla el mismo día del evento. Los puntos de venta de entradas son giglon.com, la taquilla del teatro en la rúa Constanza de Castro de lunes a jueves de 9:00 a 14:00 horas y los sábados de 9:00 a 13:00 horas. El teléfono de información es 656 85 87 09.
Esta producción de la Factoría Diversity Entertainments presenta una nueva aventura con la magia en Arendell, basada en el cuento de Hans Cristians Andersen en una idea original y composición musical propia.
24/11/2016
O Teatro de Ningures representa "Unhas poucas picadelas" o domingo, 27 de novembro, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Esta obra de Laila Ripoll afonda no terreo da violencia de xénero. Non hai unha historia concreta senón que convida a dar cabida a miles de historias reais e anónimas, todas as historias de violencia machista que acaban en asesinato e todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas.
O detonante da peza é o recorte dun xornal que narra a nova do que foi un asesinato dunha muller por parte da súa parella. Isto deu lugar ao cadro homónimo de Frida Khalo no que se ve unha muller tendida sobre unha cama co corpo perforado polo cóitelo dun home que mira...
leer más 16/11/2016
O espectáculo de Marionetas Trécola "Nº 8, rúa dos Contos" preséntase no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado, 19 de novembro, ás 18:00 horas.
Esta representación incluída no programa Buxiganga, conta como hai moito tempo, vivía no nº 8 da rúa dos Contos a bruxa Papandreia que botou un feitizo sobre a casa e todo aquel que entraba non atopaba o xeito de saír. Xinzo e Lelo, dous ladróns que non saben deste feitizo, deciden entrar na casa para encher o seu saco. Un lobo, un mago, un cazador e máis persoeiros compartirán a súa viaxe polo nº 8 da rúa dos Contos.
Obra de autoría propia dirixida por Ero Vázquez Cabrera e os titiriteiros son o propio Ero Vázquez como presentador e Isa García Coldeira como Papandreia. A duración é de...
leer más