Teatro

Etiquetas:
14/03/2017

Este sábado, 18 de marzo, Luis Davila e Carlos Blanco chegan a Viveiro co seu último espectáculo “Menú da noite”. Esta comedia poderá verse no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas.

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmokin para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto. 

Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).

 

Etiquetas:
09/03/2017

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 11 de marzo, a representación teatral “Balor na acción dunha cadeira”, de Artesacía. Será ás 20:30 horas. Trátase dunha obra de teatro contemporáneo de 70 minutos de duración que está dirixida por Roi Fernández. O elenco artístico está composto por Laura Villaverde, Simón Piñón e Roi Fernández. 

Quen seriamos nós se fosemos quen de recuperar as imaxes que os nosos antergos percibiron e retiveron breves segundos, sen que a memoria conseguira rexistralas?
Cal é a orixe da nosa dinastía interior e profunda?

“Balor na acción dunha cadeira” é o proceso multidisciplinar de reconstrución do pensamento de O Pernas, un emigrante real que marchou de Sada a New York en 1910, perseguindo o destello enfeitizante do cometa Halley, e rematou perdido na escuridade da...

leer más
Etiquetas:
09/03/2017

A Concellería de Cultura de Foz programa diversas representacións teatrais para este mes de marzo e a primeira delas será mañá, venres. Ademais haberá varias actividades para nenos e nenas organizadas pola Biblioteca Pública Municipal nos meses de abril e maio dentro do programa Ler conta moito.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “mañá, venres, 10 de marzo, ás seis e media da tarde, temos na Casa da Cultura de Foz  Ubú Teatro coa súa obra A Galiña azul, de Carlos Casares. É un espectáculo programado por FalaRedes e a Biblioteca Pública Municipal”.

Silvia Blach engade que “o mércores 19 de abril, ás seis e media tamén na Casa da Cultura, teremos a Elefante Elegante con Lobo bobo. É unha programación de Ler Conta Moito e da Biblioteca Pública Municipal de Foz. O venres 16 de maio, ás seis na...

leer más
Etiquetas:
09/03/2017

O sábado, 11 de marzo, ás oito da tarde, no Centro socio-cultural de San Cosme de Barreiros o grupo Falcatrueiros Teatro, de Monterroso, porá en escena Quizais é que non me queres?, unha obra de creación colectiva baseada en textos de Quim Monzó, Suso de Toro, Juan José Millás... e dirixida por Jouse García.

As relacións de parella, este é o punto de partida desta obra, ou mellor dito, a ruptura ou o desengano nesas relacións; como unha relación pode cambiar nun breve intre, cun simple xesto, unha simple palabra ou unha situación diferente á normalidade.

A obra está estruturada en pequenas escenas de parella que se desenvolven nun bar; un punto de encontro de todo tipo de personaxes. Trátase dun espectáculo cómico no que situacións aparentemente normais se converten en anormais, e iso sempre provoca o sorriso....

leer más
Etiquetas:
27/02/2017

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado, 4 de marzo, o espectáculo Pitusa Semifusa.

Esta proposta musical é un mollo de cancións de Olga Brañas, interpretadas por unha nena chamada Pitusa Semifusa, neta dunha famosa directora de orquestra. Pitusa, a súa avoa e o seu irmán irán explicándolles ás cativas e cativos as familias de instrumentos musicais nun espectáculo participativo, divertido e didáctico.

A representación dará comezo ás 18:00 horas, ten unha duración de 45 minutos e o elenco artístico está composto por Marta Bravo na voz, Sergio Tannus á guitarra e Olga Brañas ao piano.

 

Etiquetas:
22/02/2017

Ribadeo únese a  outros Concellos que celebran o 24 de febreiro como Día de Rosalía. No Teatro terá lugar a lectura dun manifesto e despois unha representación teatral a cargo de Inversa Teatro, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil dixo: “queremos axudar a afianzar esta data no convencemento da importancia que ten lembrar a escritora de Padrón. Así como o nome de Rosalía de Castro é coñecido por todos,  a súa obra foi durante décadas ofrecida ao grande público como un produto sentimentaloide e derrotista. É o momento de lermos a Rosalía e descubrir toda a súa modernidade. Conceptos hoxe asumidos normalmente como obxecto poético (a xustiza social, a liberdade fronte á norma opresora, a situación da muller, a emigración…) xa foron utilizados por esta galega no século XIX. E por riba, era muller e escribía en galego”.

... leer más
Etiquetas:
15/02/2017

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle o 18 de febreiro a representación da obra Rubicundo a cargo do grupo Ghazafelhos. Será ás 18:00 horas.

Dirixida a un público infantil a partir de 5 anos é unha adaptación dun texto de María Canosa baixo a dirección de Pepablo Patiño. O elenco artístico está composto por Pepablo Patiño, Montse Piñón e Jorge Casas.

Conta a historia de Rubicundo quen todas as noites sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, disposta a chegar ate o fin daquel misterio. Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias.

 

Etiquetas:
14/02/2017

A Casa da Cultura de Foz acollerá este sábado, día 18, ás 18:30 horas unha representación teatral a cargo da compañía A Adala infantil, que poñerá en escena a obra titulada A ra que se quedou sen charco. A entrada é gratuíta.

Esta actividade cultural está organizada polo grupo de teatro A Adala e colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
09/02/2017

O Concello ribadense forma parte do programa Apego, que busca fomentar e favorecer a transmisión do galego de adult@s a pequen@s. Está dirixido a todas as familias que vaian ter un bebé ou que xa teñan na casa un neno ou nena de 0 a 6 anos e que estean interesadas en transmitirlle o galego. Unha das primeiras propostas de Apego terá lugar este domingo, 12 de febreiro. Teatro da Semente representará Chíos, un espectáculo sensorial de 30 minutos de duración. Será ás 17:30 horas no Teatro. 

Na presentación que tivo lugar esta tarde o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, explicou que “estamos aquí hoxe para presentar o proxecto Apego, que é un programa colectivo que sobre todo pretende fomentar, favorecer e lograr que a transmisión do noso idioma entre os adultos e os pequenos sexa unha realidade, porque nestes momentos quizais sexa o...

leer más
08/02/2017

Contraproducións, S.L. presenta “O tolleito de Inishmaa” no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro o sábado, 11 de febreiro, ás 20:30 horas.

Baixo a dirección de Cándido Pazó, o elenco artístico está composto por Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro e Luis Iglesia.

A historia podería discorrer nunha aldea galega, pero é unha pequena illa irlandesa nos anos 30, con personaxes curiosas e pintorescas. Seres máis ou menos adorables ou odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil, transcender ese espazo pechado que está obrigado a habitar. Un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible...

leer más