Teatro
Este sábado, 4 de novembro, ás 19:30 horas terá lugar a primeira representación do I Certame de Teatro Concello de Lourenzá. A obra que abrirá este concurso leva por título A miña muller volveu e será representada pola Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz. E o domingo, 5 de novembro, tamén ás 19:30 horas, tócalle o turno á Asociación de Teatro Airiños de Rianxo (A Coruña) coa obra Mass co-medias.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “será un xurado formado por sete persoas o encargado de valorar a calidade das obras presentadas a concurso, a actuación dos distintos actores e actrices e a mellor montaxe (decorados, luz, son, vestiario, etcétera). O prezo das entradas para cada unha das actuacións será de 3 euros”.
Teatro do Atlántico presenta Xuízo a unha lurpia este sábado, 4 de novembro, ás 20:30 horas, en Viveiro. Será no Teatro Pastor Díaz. A obra está protagonizada por María Barcala.
Baixo a dirección de Xulio Lago, esta obra de Miguel del Arco adaptada por Inma López Silva, atopámonos coa bela Helena de Troia pero no século XXI. Helena é agora unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo aínda que cunha enerxía desbordante transitando, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital. Nesa vida mestúranse a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao, a paixón da amante namorada do fermoso Paris co desafío e o rencor polo seu pai Zeus. Helena diríxese reiteradamente a nós preguntando quen escribe a historia e rexeitando a maneira en que...
leer másO vindeiro venres, 3 de novembro, ás 21:00 horas na Casa da Cultura terá lugar a representación da obra O furancho, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Marián Bañobre e Isabel Risco. Está dirixida a público adulto. As entradas, que terán un prezo de 5 euros, xa se poden mercar na Biblioteca Municipal de Burela.
Ibuprofeno Teatro presenta un espectáculo de creación propia, sustentado na interpretación actoral e na escrita dramática, que parte da imetáfora de converter o escenario do teatro nun furancho. Para os habitantes das Rías Baixas é un referente moi claro: un tipo de local ao que todo o mundo foi algunha vez, que é un fenómeno popular nas primaveras, cunha afluencia de público sorprendente, cun ambiente moi peculiar. Conservan aínda, na maioría dos casos, o regusto da tradición, que consiste en servir nas...
leer másO venres, 3 de novembro, ás dez da noite o grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao porá en escena a súa nova obra no salón de actos dos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. O sábado 4 haberá unha nova función ás oito da tarde e o domingo 5 unha terceira oportunidade ás seis da tarde. Con esta variedade de horarios procúrase que todas as persoas que o desexen poidan ter oportunidade de achegarse para participar nalgunha das representacións.
A “Enciclopedia Álvarez” é sen dúbida, o libro que con máis claridade identificamos coa escola da época franquista. Un compendio de saberes reunidos nun ÚNICO volume como símbolo daquela escola centrada na transmisión do pensamento “único”, da ideoloxía “única”, da lingua “única”, da relixión “única”,...
A nosa “Enciclopedia Álvarez” é a historia do día a día de...
leer másO grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, representará a obra O malquerer. Será o vindeiro domingo, día 19, a partires das 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.
Esta actuación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo que patrocina o evento. Conta coa colaboración do Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.
Oito obras foron seleccionadas para participar no primeiro certame de teatro Concello de Lourenzá. Representaranse os catro fins de semana do vindeiro mes de novembro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “as obras e grupos teatrais seleccionadas para participar no I Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá son as seguintes por orde de actuación:
4 de novembro.- A miña muller volveu, da Asociación Cultural Pico do Castro, de Foz.
5 de novembro.- Mass co-medias, da Asociación Teatro Airiños, de Rianxo.
11 de novembro.- Las entretenidas, de Andanzas, de Viveiro.
12 de novembro.- Menciñeiro á forza, da Asociación de Veciños de Lagoa (Alfoz).
17 de novembro.- A taberna de Suso, de Os Trangalleiros, de Lourenzá.
18 de novembro.- El picadero de mi abuelo, da Asociación Cultural...
Teatro Crea, de Viveiro, presenta este sábado, 21 de outubro, en O Vicedo, a obra E ti, sabes de que cor son todas as laranxas?.
Inspirada en pezas de Carlos Casares, está dirixida por Lara Fernández Noriega.
Esta representación, para nen@s maiores de 5 anos, terá lugar na Casa da Cultura de O Vicedo a partires das 18:00 horas, con entrada gratuíta.
A asociación Espazo Crea de Viveiro presenta a adaptación desta obra pensada para un público infantil. Tamén durante este ano ten representada en varios puntos da provincia lucense, a obra Xoguetes Cómicos baseada en textos de Chejov.
Burela conmemora o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, cunha actividade de animación á lectura para os nen@s que terá lugar este sábado, día 21, na Biblioteca de Burela.
Teatro dos Ghazafelhos presentará o espectáculo infantil titulado Camiñando entre estrelas. Trátase dun contacontos que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a formación dos planetas, estrelas e astros cunha pequena escenografía onde se mostran os distintos obxectos celestes contando cunha proxección de fotografías e debuxos.
A actividade está dirixida a todos os públicos e terá lugar este sábado, 21 de outubro, no auditorio da Casa da Cultura ás 18 horas. Á entrada será libre.
A compañía Teatro dos Ghazafelhos foi creada por Pepablo Patiño e Montse Piñón e cos seus espectáculos teñen traballado na...
leer másO salón de actos municipal de Lourenzá acollerá este sábado, día 21, ás 20:00 horas unha representación teatral a cargo do grupo Lume Escénico, de A Pontenova, que ofrecerá a obra A horta das cerdeiras.
Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do programa teatral Buxiganga.
Hoxe saen á venda anticipada as entradas para a ópera Nabucco, que estará en Burela o día 19 de novembro. As entradas numeradas poderán adquirirse na biblioteca de luns a venres, de 12:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 h. As entradas sen numerar para os anfiteatros un e dous poranse á venda por internet proximamente.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “hoy, martes, empezamos la venta de entradas para la segunda ópera que tendremos aquí en Burela. La primera fue el año pasado, La Bohémè, y este año tenemos la suerte de que vuelva a visitarnos la compañía Concert Lírica para traernos esta vez una nueva obra que es Nabucco”.
O edil burelés explicou que “vamos a establecer unos horarios porque sino es un poco caótico hacer la venta en la biblioteca y queremos establecer cierto orden porque es un sitio...
leer más












