Actividades

Etiquetas:
22/06/2020

A Concellería de Deportes de Burela organiza unha nova edición das actividades de verán destinadas aos nenos e nenas nados entre 2007 e 2014. Establecerase un protocolo para garantir a seguridade dos asistentes, que só van desenvolver deportes ao aire libre. Tamén se reduce o aforo, que será de 10 nenos e nenas para cada unha delas. A partir do 25 de xuño poderase realizar a inscrición. A campaña dará comezo o 6 de xullo e rematará o 28 de agosto.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “desde a Concellería de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que imos iniciar as actividades de verán 2020. Visto que a situación se foi normalizando un pouco e que a xente ten inquedanza por ter actividades para os nenos, decidimos darlles para adiante un ano máis a estas iniciativas, evidentemente cunhas peculiaridades con...

leer más
04/06/2020

Esta fin de semana haberá unha serie de actos en Burela para render unha homenaxe á xente do mar e ás veciñas e veciños do pobo despois de que foron suspendidas as festas patronais como consecuencia do Covid-19. O sábado haberá unha alfombra floral na praza do Concello, o domingo terá lugar unha misa e a baixada da Virxe ata o barco museo Reina del Carmen e o martes celebrarase a ofrenda floral aos náufragos. A presidenta da comisión de festas e concelleira Toñi Eijo agarda que non se produzan aglomeracións e que se manteña o distanciamento social.

Toñi Eijo contou que “imos facer unha alfombra, na praza do Concello, que farán dez persoas con EPIS, dedicada ao mar. Empezarán o sábado, ás nove e media, a facer a alfombra que terá dez metros de largo por cinco de ancho. A ver se o tempo nos permite deixala exposta do sábado para o domingo. O...

leer más
15/05/2020

O Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que desenvolverá a través das redes sociais debido á situación polo estado de alarma.

O domingo, 17 de maio, intervirán Raquel Queizás, co conto tradicional galego Coidado, e David Catá coa adaptación do himno galego.

O luns, día 18, participará o Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, quen presentará unha biografía sobre Carballo Calero ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas; e David Bellas que ofrecerá unha interpretación musical.

Rematará o programa o martes 19 coa intervención de Suso Martínez cun vídeo dramatizado sobre Carvalho Calero.

O Concello de Viveiro convida a escribir ou debuxar a palabra favorita do galego, pendurala...

leer más
Etiquetas:
29/04/2020

A Concellaría de Cultura ofrecerá estabilidade á danza na programación do último cuatrimestre do ano. A primeira actuación, prevista para xuño, trasládase ao 20 de setembro. 

A edil Pilar Otero contou que “hoxe, 29 de abril, celébrase o Día Internacional da Danza. Na Concellaría de Cultura temos previsto ofrecer a partir de agora unha mínima estabilidade deste xénero na nosa programación.  Para isto,  na medida en que a evolución da pandemia o permita, na oferta cultural do período comprendido entre os meses de setembro e decembro xa hai previstas dúas funcións de danza”.

A concelleira de Cultura explicou que “a primeira delas rescátase do deseño cultural deste mes de xuño e trasládase ao 20 de setembro ás 17:30 horas, o habitual nas propostas para os máis pequenos da casa. O título é Blowing, da compañía catalá...

leer más
Etiquetas:
26/04/2020

O cuarto programa #cervoquedanacasa comezará mañá, luns, co xogo Efecto Dominó, a idea é que os participantes coloquen unha serie de pezas coas que consigan crear este efecto e que o compartan no facebook do Concello.

O mércores, 29 de abril, Recicla con botellas. Deixa voar a túa imaxinación utilizando botellas ou envases. O venres, 1 de maio, Disfrázate de cine. Caracterízate da túa personaxe de cine ou serie favorita. 

O luns, 4 de maio, Circuíto. Idea e constrúe un circuíto de obstáculos para que rode unha pelota. O 6 de maio Recicla con tubos. Deixa voar de novo a túa imaxinación utilizando o tubo sobrante do papel hixiénico. E o 8 de maio O Circo na casa. Caracterízate dalgunha personaxe do circo. 

Desde o Concello de Cervo lembran que se premiará a orixinalidade en todas as...

leer más
23/04/2020

A Rede Museística Provincial ven de ampliar a súa oferta de actividades en liña co programa #Feitoparati,  co que achegan propostas culturais adaptadas ás necesidades que lles formulan desde distintos colectivos. 

 A asociación Agora de Monforte, que forma parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) foi das primeiras en participar nesta actividade coa que a Rede mantén o seu compromiso coa inclusión e a accesibilidade, ademais de afortalar os lazos coa comunidade.  

A través de encontros en liña guiados pola xerente da Rede Museística, Encarna Lago, as persoas usuarias de Agora puideron visitar virtualmente o  Museo Pazo de Tor e coñecer con detalle a súa historia, así como outros aspectos da cultura local.

Na última semana,  a Rede tamén colaborou coa residencia...

leer más
Etiquetas:
21/03/2020

Seguen as actividades programadas polo Concello de Cervo para estes días. Hoxe, 21 de marzo, hai concurso Tik Tok; o luns, día 23, de reciclaxe; o 25 de cine e o 27 de música.

O Concello deu a coñecer o gañador do concurso fotográfico do pasado mércores, día 18. Parabéns a @fucervo! Moitas grazas a todos pola participación e recordade que seguimos con máis cousas estes días.

Recorda etiquetar a @cervocultura cando subas as túas propostas a instagram co cancelo #cervoquedanacasa

A túa conta debe ser pública ata o fallo do concurso.

12/03/2020

En Burela quedan suspendidas todas as actividades organizadas polo Concello, entre as que se atopan as culturais, as destinadas ás persoas maiores e aos estranxeiros, entre outras. Tampouco haberá escolas deportivas e nas vindeiras horas decidirase si se pecha a biblioteca municipal. Polo momento mantense o mercado semanal previsto para mañá. O alcalde, Alfredo Llano, fai unha chamada á tranquilidade e á responsabilidade da poboación. 

O rexedor dixo que “o Concello de Burela, como é normal, tamén está sensible a todo isto do virus que está afectando dunha maneira preocupante e simultaneamente en moitos lugares. As medidas que se están adoptando son aquelas que considero que se deben tomar de forma consensuada e coordinada, a través da Xunta e de organismos que realmente sexan capaces de abarcar todo o territorio, ese é o mellor método...

leer más
02/03/2020

A Concellería de Servizos Sociais organiza actividades para conmemorar o Día da Muller o martes, o mércores e o venres desta semana.

Mañá, martes, e o mércores de 17:00 a 20:00 horas terá lugar na sala do Torreón dos Frades o obradoiro Construíndo o 8M, actividade na que os participantes deberán levar unha camiseta branca para pintala.

O venres, día 6, desenvolverase unha Andaina pola Igualdade ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo. E ás 18:00 horas no salón de actos do Concello haberá un acto de homenaxe baixo o título Lourenzá son de muller, dedicado á laurentina Neli Cajoto Cuadrado.

Ademais durante esta semana a fachada da Casa do Concello tinguirase de cor lila “en representación de todas as mulleres”.

 

18/02/2020
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, agradece o traballo realizado pola Comisión de Entroido nun tempo récord, anima á veciñanza a disfrazarse dos anos 20 e a participar nas actividades programadas para os vindeiros días. O pregón será xa este xoves, 20 de febreiro.
 
A edil dixo que “dende a Concellaría de Cultura queremos agradecer publicamente todo o traballo que está a facer a Comisión de Entroido para que, en tempo récord, toda a veciñanza de Ribadeo, e tamén todas as persoas que nos visitan, poidamos disfrutar dun Entroido cun programa ben xeitoso”.
 
Pilar Otero convidou “a todas as persoas a participar nos distintos eventos programados este ano 2020, dedicado aos felices anos 20, xogando cos números, e no que tamén se quixo recuperar a...
leer más