Actividades
O Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos meses de verán.
Así o anunciou hoxe a edil de Educación, Dolores García, Caramés, que fixo especial fincapé en que as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria actual, fixando grupos reducidos, e cumprindo estritamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
Caramés explicou que “somos conscientes das dificultades que se atopan moitas veces as familias para poder compatibilizar as súas obrigas laborais co coidado dos pequenos/as, sobre todo durante o período estival, coincidindo coas vacacións escolares, “por iso apostamos por recuperar o noso programa Cervo Concilia, que tradicionalmente ten unha gran acollida, e traballamos para buscar fórmulas que nos...
leer másA Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade ven de presentar as actividades que organiza para este verán. As inscricións ábrense o día 7 de xuño e deberán facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa da Xuventude. Haberá Vacacións Activas, Ribadeo Mocidade Urbana e Conectividade en Ribadeo. En toda a programación terán preferencia as nenas e nenos empadroados e escolarizados en Ribadeo, con idades entre os 4 e 16 anos.
A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “queremos presentar as actividades deste verán 2021, despois da pandemia e da suspensión do ano pasado. Imos intentar facelas este ano de acordo co protocolo covid e tendo en conta as medidas hixiénico sanitarias que nos marquen no seu momento e que están vixentes no día de hoxe”.
A edil ribadense...
leer másO Concello de Cervo programa unha serie de actividades culturais para conmemorar o Día das Letras Galegas que este ano están dedicadas á escritora, poeta, profesora e tradutora, Xela Arias.
Tal e como anunciou a edil de Cultura, Dolores García Caramés, este mesmo sábado, 15 de maio, o salón de actos do Concello acollerá o primeiro evento. Diáspora Teatro representará a súa obra “O Peirao”, de 45 minutos de duración, e pensada para toda a familia.
A función artéllase sobre contos para mirar ao redor, a nós mesmos e á natureza, para coidala e coidarnos.
Xa o propio Día das Letras Galega, o luns, 17 de maio, Teatro dos Ghazafelhos representará a obra “Monstros no Camiño”; no auditorio da Casa da Cultura, ás 12:30 horas. A peza está pensada tamén para toda a familia.
Ese mesmo día 17,...
leer másA Concellaría de Igualdade prosigue realizando actividades para promover os autocoidados das mulleres despois dun ano tan duro e complexo. Desde a vindeira semana ata finais de xuño haberá pilates e ximnasia de mantemento na praia dos Bloques en horarios de mañá e de tarde.
A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “tras finalizar o programa Vou quererme no Espazo de autocoidados queremos tamén prestar un pouco de atención ao corpo, ao benestar físico, que tamén vai parello do emocional. E agora co bo tempo parécenos que é o momento para facer exercicio ao aire libre e así poder garantir as condicións de seguridade que nos esixe a situación actual”.
A concelleira de Igualdade subliñou que “se ofertarán dous cursos intensivos que comezarán a vindeira semana e estenderanse ata a última semana de xuño. Poderase...
leer másO Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021, dedicado neste ano a Xela Arias. O programa impulsado polo goberno local pretende reivindicar a figura da escritora, así como a lingua galega, a través de actividades que involucran a todas as idades e adaptadas ás medidas sanitarias.
“Con esta programación queremos destacar a figura de Xela Arias, unha muller adiantada aos seus tempos, falando de temas tabú na súa época e comprometida co feminismo, o medio ambiente, a maternidade e por suposto a lingua galega”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
O propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o goberno local impulsa a acción colectiva “Orgullo de ser”, animando á veciñanza a saír á rúa cos seus traxes tradicionais galegos ou...
leer másDaniel García, concelleiro de dinamización, presentou as actividades que se levarán a cabo no Concello de Barreiros durante o mes de maio, adicado ás Letras Galegas. Na presentación estivo acompañado do narrador oral e poeta Lois Pérez, que será o coordinador do recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa primeira edición despois de ter sido adiado no pasado mes de Outubro.
Lois Pérez, Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia no Centro Sociocultural.
Versos na baixamar xuntará nesta primeira edición varias voces da Mariña que destacan pola frescura e a calidade da súa poesía, completando así unha xornada adicada á figura e a obra dunha das autoras fundamentais da nosa lingua e a nosa cultura. A poesía de Olalla Cociña, Paula dos Anjos e Daniel Irimia será a protagonista dunha tarde de música e versos,...
A Aula Universitaria da UNED en Foz organiza tres cursos, unha conferencia e un recital poético na segunda quincena deste mes e en maio.
Estas actividades foron presentadas polo alcalde focense, Fran Cajoto, e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero, que explican que “esta oferta formativa, aberta tanto a estudantes como ao público en xeral, destaca pola súa vertente práctica e pola variedade dos seus temas, que abarcan as diferentes ramas do coñecemento. Ademais da exposición de aspectos teóricos nos diferentes cursos foméntase o diálogo e o intercambio de ideas”.
As actividades programadas para este mes e o de maio son:
-Curso de Excel avanzado: os días 21 e 28 de abril de 16:30 a 20:30 horas. (Presencial e online).
-Curso de introdución ao marketing dixital: os días 26 e 27 de abril de...
A narradora Antía Vázquez protagonizará unha sesión de contacontos, dirixida ao alumnado, na que recreará a historia da Apalpadora, unha personaxe do Nadal que este ano retrasou a súa chegada ata a primavera.
A actuación terá lugar no Parque de San Francisco, en Ribadeo, ou no Teatro en caso de mal tempo, ás 17:30 horas o vindeiro domingo, 11 de abril.
E grupo de teatro A Mariña representará a obra A maxia dos sentimentos. A actuación terá lugar tamén o vindeiro domingo, día 11, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.
A obra céntrase na importancia de manifestar os sentimentos nas relacións cos demais.
Ambas citas inclúense nas actividades promovidas pola Área de Cultura da Deputación en colaboración con Concellos e asociacións.












