Actividades
A Concellería de Cultura do Concello de Viveiro organiza este mes de xullo os ‘Xoves EnContados’, espectáculos de contacontos, narración oral, teatro, música e monicreques para un público infantil e familiar.
A primeira sesión do ciclo será este próximo xoves, 8 de xullo, ás 19:00 horas con ‘A máquina do tempo’, a cargo de Teatro Ghazafelhos; o 15 de xullo, Novos Lobos, de ‘Fantoches Baj’; o 22 de xullo ‘Estrafalaria’, de Atenea García, e o 29 de xullo ‘Patrimonio Cultural’, de Mamá Cabra.
“Este ano queremos que a cultura sexa segura para tod@s, estamos organizando actos culturais que chegarán a distintas partes de Viveiro, non só ó casco histórico. Comezamos con este ciclo de contos EnCONTAdos, pensados para desfrutar en familia e adicándollos os máis pequenos, para seguir fomentando a cultura dende a infancia”,...
leer másO Concello de Cervo arrincará o próximo luns, 5 de xullo, unha nova edición do programa Cervo Concilia concibido co obxectivo de favorecer a conciliación das familias durante os meses de verán.
A edil de Educación, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro cos pais e nais das crianzas inscritas no programa a fin de explicarlles polo miúdo os protocolos de seguridade establecidos e como se desenvolverá o día a día deste programa, que terá lugar de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:30 horas; e que se prolongará ata o día 8 de setembro, coincidindo co comezo do novo curso escolar.
Caramés precisou que desde o Concello de Cervo “levamos meses traballando para poder deseñar un programa co que poder chegar a todas as familias de Cervo e que ningún pequeno/a quedase...
leer másO Concello de O Vicedo presentou a súa programación sociocultural para este mes de xullo que dará comezo o vindeiro luns, día 5 de xullo, coa semana gratuíta de iniciación ao kaiak para xoves do Vicedo de 10 a 18 anos.
O día 7 de xullo ás 16:30 horas terá lugar a presentación dos mércores de natureza con táboas paddle sup e kaiaks pola costa de O Vicedo. O punto de encontro estará na praia de Arealonga. A idade mínima dos participantes é de 12 anos e haberá un prezo especial de inicio de 10 euros.
O 14 de xullo ás 22:30 horas celebrarase unha ruta de sendeirismo nocturna que discorrerá pola Ponte sobre o río Sor, Vicedo e Xilloi, cunha lonxitude de 7 quilómetros. A saída será desde a Ponte e opcionalmente, ao remate, haberá un chocolate/refresco/cervexa en Merendero Los Árboles. O prezo será 2 euros por persoa....
leer másO Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas das actividades organizadas na piscina municipal para este mes de xullo.
- Iniciación á natación para nenos e nenas nacidos/as entre 2012 e 2016, establecendo dous grupos con seis prazas en cada un deles.
Un grupo será os luns e mércores e o outro grupo, os martes e xoves. Nos dous casos, o horario da actividade será de 10:00 a 11:00. O prazo para inscribirse nesta actividade remata o luns ou o martes da vindeira semana, en función do grupo.
- Actividade de sala mix training. Trátase dunha actividade nova que, durante este mes de xullo, será gratuíta para os socios, impartíndose de luns a venres, de 20:00 a 21:00 horas.
É unha actividade multidisciplinar na que, cada día, se realizará unha actividade diferente.
As prazas están limitadas a seis...
O IES de Foz, en colaboración coa FCAM, oferta para o vindeiro curso 2021-2022 o ciclo medio dual de actividades comerciais. Este é o único centro da provincia de Lugo que o impartirá. O alumnado realizará as prácticas en empresas da Mariña. Este novo ciclo foi presentado nas instalacións do IES de Foz polo seu director, Nicolás Asensio, polo xefe de departamento de Comercio, José Otero, polo dinamizador dual Álvaro Doural e polo presidente da FCAM, José Carlos Paleo.
O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explicou que “dentro de las novedades que tenemos en ciclos para este curso, uno con el que estamos más ilusionados es el ciclo medio de actividades comerciales en colaboración con la FCAM. Ha sido fruto del trabajo de Álvaro Doural, dinamizador dual con plaza en el CIFP Porta da Auga, el jefe de departamento, José Otero, y la FCAM...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves no paseo lucense do Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial porá en marcha este verán en 10 concellos da provincia.
Na rolda de prensa estiveron presentes tamén a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e alcaldes, alcaldesas e representantes municipais da maioría das localidades nas que terán lugar estas accións de lecer. En concreto, asistiron os rexedores de Alfoz, Jorge Val; Guitiriz, MarisolMorandeira; Láncara, Darío Piñeiro; Navia de Suarna, José Fernández; Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico; e Trabada, Mayra García Bermúdez; e o tenente de Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.
As Actividades Fluviais son totalmente gratuítas e están dirixidas a un...
leer másO Concello de Burela presentou hoxe novas actividades gratuítas das que poderán gozar a veciñanza e os visitantes durante o verán. Os martes de xullo e agosto, na praza do Concello, haberá cardio-fit ás oito e media da tarde. Ademais os días 17 de xullo, 21 de agosto e 4 de setembro terán lugar rutas de sendeirismo pola vila.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “desde a Delegación de Turismo seguimos completando as actividades que imos ter durante o verán. Como xa dixen en anteriores ocasións, entendemos que este verán vai ser turisticamente bo, que a xente quere saír, quere visitar A Mariña e nosoutros en Burela imos propoñerlles actividades para que poidan realizar aquí durante a época estival. Nos meses de xullo e agosto, os martes na praza do Concello ás oito e media da tarde teremos unha actividade de cardio-fit...
leer másO Concello de Cervo pon en marcha unha nova edición do programa Cervo Concilia co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos meses de verán.
Así o anunciou hoxe a edil de Educación, Dolores García, Caramés, que fixo especial fincapé en que as actividades estarán adaptadas á situación sanitaria actual, fixando grupos reducidos, e cumprindo estritamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
Caramés explicou que “somos conscientes das dificultades que se atopan moitas veces as familias para poder compatibilizar as súas obrigas laborais co coidado dos pequenos/as, sobre todo durante o período estival, coincidindo coas vacacións escolares, “por iso apostamos por recuperar o noso programa Cervo Concilia, que tradicionalmente ten unha gran acollida, e traballamos para buscar fórmulas que nos...
leer másA Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade ven de presentar as actividades que organiza para este verán. As inscricións ábrense o día 7 de xuño e deberán facerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa da Xuventude. Haberá Vacacións Activas, Ribadeo Mocidade Urbana e Conectividade en Ribadeo. En toda a programación terán preferencia as nenas e nenos empadroados e escolarizados en Ribadeo, con idades entre os 4 e 16 anos.
A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “queremos presentar as actividades deste verán 2021, despois da pandemia e da suspensión do ano pasado. Imos intentar facelas este ano de acordo co protocolo covid e tendo en conta as medidas hixiénico sanitarias que nos marquen no seu momento e que están vixentes no día de hoxe”.
A edil ribadense...
leer más