Actividades
Desde este luns 13 e ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Alfoz: aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento e baile.
As inscricións deben presentarse na Oficina de Rexistro do Concello, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).
O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal, organiza o programa “Barreiros ActivaMente”, que atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.
Como novidade, e adaptándose ás restricións sanitarias derivadas da Covid-19, o programa levarase a cabo en 4 lugares (onde máis inscritos/as figuren) entre as 7 localizacións ofertadas: San Cosme, San Miguel, Celeiro, Vilamar, San Xusto, Cabarcos e A Rilleira.
O programa está enfocado para persoas maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 anos e persoas con discapacidade que se consideren idóneas para participar nas actividades que serán dunha hora semanal de outubro a maio.
Como inscribirse?
As persoas...
O venres 10 de setembro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a reunión informativa para todos os interesados/as en participar este curso nas actividades deportivas para adultos: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento e baile, que se impartirán desde principios de outubro ata finais de maio.
Estas actividades están parcialmente subvencionadas a través do Plan Único da Deputación Provincial (Área de Deportes).
O Concello de Cervo segue a apostar neste verán pola conciliación familiar a través dun completo programa de actividades lúdico-educativas enmarcada no programa bautizado como “Cervo Concilia”, que se desenvolverá ata o 8 de setembro, coincidindo co comezo do curso escolar, en horario de 9:00 a 14:30 horas.
60 pequenos/as de entre 3 e 12 anos participan cada día nesta iniciativa municipal de balde, organizados en grupos burbulla para garantir a seguridade, e dirixidos por un equipo humano conformado por 10 monitores/as.
O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, compartiron un anaco cun dos grupos coincidindo cunha das actividades programadas ao aire libre no parque Reina Sofía, en San Ciprián , “unha tónica habitual nesta nova edición na que se priorizamos, sempre que o tempo o permite, as saídas ao...
leer másContinua o programa Cultura na Rúa cargado de actuacións para as noites de agosto: cinema, teatro e música, daranse cita na Praza Santa María.
O 7 de agosto ás 20:30 horas Teatro Ghazafelhos representará “A illa sen tesouro”.
O día 14 tamén ás oito e media da tarde haberá pasarrúas e concerto tradicional-popular coa Asociación Cultural O Arca da Vella e a ADM Dambara.
O 21 de agosto ás 20:30 horas nova cita co teatro familiar. Nesta ocasión Pérez&Fernández porán en escena “Picnic”.
E o día 28 haberá Cine na Rúa ás dez da noite coa proxección da película “Lo nunca visto”.
Recoméndase a inscrición previa no 982571516 de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:00 horas.
O Concello de Trabada organiza diversas actividades dentro do seu programa Verán 2021.
O día 28 de xullo ás 12:30 horas o grupo Gazafelhos representará A illa sen tesouro.
En agosto, o día 13 ás 12:30 horas Bandullo Azul presentará Filipa cos contos. O día 14 ás 18:00 horas actuarán o Mago Xacobe e Kayto con 2 Magos alokaytos; e ás 22:00 horas haberá Cine na Rúa coa película O que arde.
O día 15 ás 14:00 horas ofrecerá un concerto a Banda de Música Municipal de Ribadeo; ás 18:00 horas, Viravolta Títeres presentará A maleta de don Attilio; e ás 22:00 horas, no ciclo Cine na Rúa, proxectarase a película Cuñados.
O día 16 ás 14:00 horas actuará a agrupación O Arco da Vella; e ás 18:00 horas, Pakolas presentará Cores, contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita....
leer másCine ao aire libre, teatro, danza, música e xogos acuáticos no Pozo do Ola serán algúns dos protagonistas das actividades de verán que organiza o Concello da Pontenova. “Presentamos unha ampla selección de actividades nas que poden participar toda a familia, ademais este programa que se celebrará dende finais de xullo e agosto é completamente gratuíto” dixo Campos Conde.
“Quero lembrar que esta programación ao aire libre está adaptada ás actuais condicións sanitarias, e respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. Non podemos baixar a garda”, avanzou o rexedor.
Programación
A escola Municipal de Teatro da Pontenova inaugura a tempada estival co “Misterio da Via Rexia”, a cita será 23 de xullo ás 23.00 horas. O día 24 haberá cine ao aire libre coa...
O Concello de Cervo organiza diversas actividades nos programas das Noites Alternativas e Enredando no Verán para os meses de xullo e agosto.
Os días 24 de xullo e 7, 8, 21 e 22 de agosto haberá aluguer de bicicletas eléctricas, na praza dos Campos en San Ciprián, en horario de 11:30-14:00 horas e de 16:30-20:00 h. Esta actividade é para todas as idades.
Os días 31 de xullo e 1, 14, 15, 28 e 29 de agosto están programadas rutas con guía turístico para todas as idades.
Os días 27 de xullo e 3, 10, 17 e 24 de agosto desenvolveranse clases de ioga para as crianzas de 6 a 9 anos. Ademais os días 29 de xullo e 5, 12, 19 e 26 de agosto estas clases de ioga estarán dirixidas a crianzas de 10 a 12 anos.
Tamén haberá neste mes de xullo teatro, o 22; circo, o 26; noite de...
leer másA alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, aproveitou a súa visita aos nenos e nenas que participan no campamento de verán para anunciar a programación cultural, que durante as próximas semanas levará ao concello espectáculos para todas as idades.
A propia alcaldesa tramitou unha nova subvención da Xunta de Galicia que se aprobaba por orde de entrada das solicitudes, ás doce da noite, para que os espectáculos do programa ‘Cultura no Camiño’ cheguen a Trabada. O concello aportará 1.580 euros e a Xunta 6.000 euros.
‘Cultura no Camiño’ é un programa financiado por Agadic e Agatur que se celebra nos concellos gallegos polos que pasa algunha das rutas recoñecidas.
A praza do Concello de Trabada será o escenario de varios espectáculos de música, teatro, danza, maxia e novo circo (o...
leer másO Concello de Cervo volve apostar para os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas e polo programa Enredando no Verán, adaptando as actividades á situación sanitaria e priorizando as iniciativas individuais e ao aire libre.
Os programas comezaron esta mesma semana e contemplan un amplo abanico de posibilidades pensadas para todos os públicos.
Este mesmo xoves, por exemplo, terá lugar a proxección do filme “Cuñados” ás 22:30 horas, na Praza do Lugar en San Ciprián. A actividade é de balde e o aforo é limitado. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no mesmo lugar do evento ás 22:00 horas.
A axenda das Noites Alternativas tamén contempla rutas en Kaiak, rutas nocturnas en bici, paddle surf, maxia, teatro, deportes de aventura, aerofit, rutas de sendeirismo, noites de...
leer más