Actividades
A Concellaría de Mocidade organiza actividades de verán para a infancia e a xuventude co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar. As colonias para nenas e nenos desde infantil ata 6º de primaria serán do 4 ao 29 de xullo. Para a rapazada, a partir de 12 anos, haberá actividades do 11 ao 15 de xullo e unha semana tecnolóxica do 1 ao 5 de agosto. A inscrición para participar nesta programación deberá facerse de xeito presencial do 14 ao 20 de xuño na Casa da Xuventude.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez, anunciou que “dende a Oficina de Información Xuvenil e dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo queremos dar coñecer as actividades que os nosos rapaces e rapazas e os máis pequeniños van ter durante todo este verán. Volvemos a unha nova normalidade, polo tanto volven con nós as colonias de verán que fixemos...
leer másA nova edición do Ribadeo Ilustrado desenvolverase desde este xoves, día 9, ata o domingo 12 cunha programación variada, chea de actividades vencelladas á xente do mar coa figura do Marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, como protagonista.
O xoves 9 ás 19:00 horas na Oficina de Turismo de Ribadeo inaugurarase a exposición Amar a mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas, da Rede Museística Provincial de Lugo.
Ao día seguinte ás 19:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello, que é o Pazo de Ibáñez, haberá unha conferencia a cargo de Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela que falará de Antonio Raimundo Ibáñez e Ribadeo: un empresario nunha vila dinámica. A continuación, as 20:30 horas, terá lugar a representación teatral Chegada á vila de Ribadeo...
leer másO Concello de Alfoz anuncia: “un ano máis imos organizar actividades para nenas e nenos nados entre 2010 e 2019. Serán desde o 4 de xullo ata o 26 de agosto repartidas en 4 quendas das que se poden elixir unha, varias ou todas para vir de luns a venres (laborables) de 10:00 a 13:00 horas ao CEIP Castro de Ouro. É una iniciativa de balde, subvencionada polo Concello de Alfoz e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade e a Unión Europea. Deporte, xogos, experimentos, medio ambiente, piscina,... sempre para fomentar a igualdade”.
Haberá unha reunión Informativa o 15 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos de Cultura. E o prazo de inscricións é do 17 ao 24 de xuño.
As bases de participación están publicadas en www.concellodealfoz.com...
leer másHoxe foi presentada a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que se desenvolverá do 10 ao 12 de xuño e que estará centrada na figura de Antonio Raimundo Ibáñez. A programación inclúe un ciclo de conferencias, representacións teatrais, demostracións de oficios tradicionais, actuacións musicais e actividades para os máis pequenos. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e tamén a técnica de Turismo, Begoña García.
Vizoso Galdo explicou que “vimos de presentar a segunda edición do Ribadeo Ilustrado, que terá lugar os día 10, 11 e 12 de xuño. Trátase dun proxecto pensado para dar a coñecer ao conxunto da cidadanía ribadense e aos visitantes a importancia dunha época histórica na que tiveron lugar unha serie de acontecementos ao longo dos séculos XVIII e XIX que mudaron...
leer másO Concello de Ribadeo organiza o programa As parroquias en marcha, que dará comezo o vindeiro 23 de maio. Para participar nas actividades, que se desenvolverán ata o 18 de xullo e de setembro a decembro, é preciso inscribirse do 16 ao 20 de maio chamando á Casa da Xuventude ao teléfono 982 129 889. A veciñanza das parroquias de Ribadeo poderá asistir a actividades de memoria, obradoiros de novas tecnoloxías, cociña, xogos de mesa, tertulias, excursións e teatro.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo: “desde o Concello de Ribadeo queremos anunciar que volve outra vez o programa de actividades ás nosas parroquias. Nesta ocasión o nome que lle puxemos é As parroquias en marcha. É necesario volver activarnos, volver reencontrarnos cos nosos veciños e coas nosas veciñas e poder desfrutar daquelo que máis nos gusta e tamén das...
leer másA Concellaría de Mocidade programa varias actividades para esta primeira quincena de maio. O día 13 terá lugar o Escape Room Noite Meiga. Trátase dunha proba de escapismo e orientación urbana na que poderá participar toda a familia a partir dos 11 anos. Tamén ese día dentro do ciclo O Concello cos Coles haberá un Escape Room educativo titulado Rexeita o Maltrato no colexio Sagrado Corazón. E o 16 de maio está prevista unha sesión de Cine na Rúa coa proxección da película de animación Valentina, unha produción galega e en galego, que foi estreada a finais de 2021 e que recibiu o premio Goya á mellor longametraxe de animación.
A edil nacionalista explicou que “son actividades dirixidas á toda a familia, divertidas e sobre todo para poder disfrutar dese tempo de lecer. A primeira que se vai desenvolver é un Escape Room, que denominamos Noite...
leer másContinuando coas actividades programadas dende a Concellaría de Servizos Sociais de Alfoz para as persoas maiores, que o pasado 22 de abril acudiron ao obradoiro "Exercicio e ocio saudable na terceira idade" está previsto que as persoas participantes no Programa ActivaMENTE asistan este mes de maio a dúas novas actividades.
A primeira será a Charla sobre prevención e mellora da seguridade das persoas maiores, que terá lugar o 19 de maio ás 10:30 horas e nela abordaranse cuestións como os roubos, estafas, formas de maltrato, riscos no uso de internet e as novas tecnoloxías, etc. Encádrase no marco do Plan Maior de Seguridade da Secretaría do Estado de Seguridade e realízase en colaboración coa Dirección Xeral da Garda Civil.
A segunda será un Obradoiro de musicoterapia, previsto para o 27 de maio ás 16:30 horas, a...
leer másO vindeiro 7 de maio arrincará O Renacer do Cantil, un programa de actividades que se desenvolverá durante as fins de semanas dos meses de maio e xuño e no que a natureza será a protagonista. O obxectivo da Concellaría de Turismo é a desestacionalización e ofrecer novas propostas aos visitantes, que poderán beneficiarse dos seus efectos positivos.
O 7 de maio ás 19:00 horas na Illa Pancha terá lugar O Bardo do Cantil. O actor e guía turístico Suso Martínez proporalles aos asistentes unha viaxe imaxinaria, unha declamación pondaliana en clave mitolóxica. Será un relato, acompañado pola música do grupo tradicional Illa Pancha, no que o universo mítico dos cantís e do mundo celta serán os protagonistas.
Arrolos do cantil é o nome da actividade programada para o 14 de maio en Piñeira ás 11:30 horas. Será impartida...
leer másO Concello de Cervo ofrece alternativas turísticas para todos os gustos e todas as franxas de idade esta Semana Santa.
Un dos principais atractivos naturais do noso municipio son as rutas de sendeirismo, que están coidadas e sinalizadas. Hai rutas que bordean a costa, como poden ser o sendeiro azul, a ribeira de Lieiro, a ruta ornitolóxica, ou a ruta das canteiras; e se hai preferencia por unha zona máis interior, pódese optar pola ría que percorre a beira do río Xunco ata Sargadelos, onde se pode camiñar polo Paseo dos Namorados ata chegar á fervenza ou, se estades interesados nas plantas, coñecer ao detalle a nosa flora a través da Senda Botánica.
Alí atopámonos unha das xoias patrimoniais e turísticas do noso municipio, que é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. Esta localización, declarada Ben de...
leer más