Actividades
O Concello de Viveiro xa ten lista a súa programación de Nadal, cun amplo calendario de actividades de cultura e lecer, maxia e sorpresas para os nenos e nenas, algunhas das cales se darán a coñecer nas próximas datas.
O Concello ten loxicamente previstos todos os escenarios pola situación sanitaria e tivo un conta as restricións e protocolos expedidos polas autoridades sanitarias, que se aplicarán exhaustivamente en cada unha das citas programadas.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández, destaca “a aposta pola cultura segura, con espectáculos de pequeno formato e pasarrúas, seguindo a estela da iniciativa De Ruada que agora será Ruada de Nadal”.
“Ademais, temos moitas sopresas e iniciativas novedosas como ‘Tras os pasos de Elfo’, pensadas para os máis pequenos, son unhas datas máxicas...
leer másO Concello de Alfoz organiza diversas actividades para os nenos e as nenas durante as datas de Nadal.
Este sábado, 19 de decembro, ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar unha representación de monicreques con O Apalpador e a nena sen medo, da Xanela do Maxín. Esta actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.
O domingo 20 ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura representarase A viaxe do señor López, de Producións Teatrais. A entrada é gratuíta e o aforo será limitado. A actuación está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial.
O 28 de decembro desenvolveranse actividades variadas para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 10:30 a 13:00 horas, dentro do programa Nadal na Biblioteca. O...
leer másA concelleira de Cultura focega, Inés López Couto, anuncia que “comezan a encherse os días de actividades en Foz, despois do pequeno adianto destas semanas pasadas, co acendido das luces de Nadal antes da ponte da Constitución e coa obra de teatro do grupo O Centiño, que tivo unha dobre finalidade: a de achegar un pouco de ledicia a todos e facer unha recadación solidaria”.
Inés López especifica que “coma todos os venres e sábados, DJ Popy seguirá amenizando as compras nas rúas focegas coa súa música. O Concello sigue animando a todo o mundo a comprar no comercio local. E a Delegación de Cultura organiza para este venres, día 18, un recital musical de poemas inéditos de Xosé Neira Vilas, chamado Cantos de Amor; poderase desfrutar del ás 20 horas na Casa da Cultura. O sábado comezarán a chegar os elfos de Papá Noel, que durante a mañá...
leer másO Concello de Xove, a través das súas delegacións de Cultura e de Servizos Sociais, organiza unha serie de actividades para as festas de Nadal que se desenvolverán durante este mes de decembro.
O sábado 19 ás 18:00 horas no salón de actos do centro cívico Ubú Teatro representará a obra O vixiante dos soños. A actuación inclúese no ciclo Miudos seráns da Deputación Provincial de Lugo.
O domingo 20 ás 18:00 horas no salón de actos do centro cívico Curuxán Teatro Impro porá en escena a obra Impro, dentro do ciclo de teatro afeccionado da Deputación Provincial.
O mércores 23 ás 19:00 horas no salón de actos do centro cívico celebrarase o Gran Concerto de Nadal coa Orquestra Clásica de Xove.
O sábado 26 ás 19:00 horas no salón de actos do centro cívico terá lugar a...
leer másO Concello de Ourol organiza un curso de ximnasia para maiores que dará comezo o 2 de outubro. A actividade terá lugar dous días á semana (martes e venres), entre 11:00 e 12:00 horas, no edificio multiusos. Poderán participar só as persoas empadroadas no Concello de Ourol e para anotarse é preciso chamar ao departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo estará limitado e será obrigatorio o uso de máscara.
Ademais celebrarase un curso de entrenamento da memoria, a partir do día 14 de outubro. A actividade desenvolverase un día á semana (os mércores), entre 11:00 e 12:30 horas, no edificio multiusos. Só poderán asistir persoas empadroadas no Concello de Ourol que terán que anotarse no departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo será limitado e obrigatorio o uso de máscara.
O Concello de Lourenzá leva ao CEIP Juan Rey as actividades do programa Ler conta moito os días 11, 18 e 24 deste mes.
O concelleiro delegado de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este ano, debido á situación do COVID-19, a Biblioteca Municipal de Lourenzá traslada as actividades do programa Ler conta moito, que se desenvolverán durante este mes de setembro, ao colexio da localidade”.
Manuel Arango anuncia que “a primeira será este venres. Baixo o título A Cinecleta na Biblioteca, Brais Moure cunha bicicleta con forma de cine mostrará aos alumnos do colexio laurentino os fondos mariños das Illas Atlánticas. O venres 18 será a quenda da maxia. O ilusionista Carlos Tomico impartirá un obradoiro no que se explicarán sinxelos trucos de maxia que poderán levar para a casa. Rematarán estas actividades...
leer másTrabada retoma este domingo as súas actividades fluviales gratuítas, suxeitas este ano as novas medidas de seguridade y prevención fronte ao COVID-19. Están organizadas pola Deputación de lugo.
Esta nova edición celebrarase o domino, 30 de agosto, en Trabada, de 15 a 18 horas na ría de Abres. Os participantes poderán gozar dunha xornada repleta de diversión grazas aos kaiaks, tobogáns, rocódromos acuáticos e ás actividades de paddle surf que se ofertan este ano.
A diferenza dos anteriores anos, contarase cun axente ati-covid, con grupos reducidos de 10 persoas co mesmo monitor e medidas de hixiene e desinfección e circuítos de entrada e saída. Ademais, será necesario realizar previamente a inscrición, coa finalidade de desenvolver a actividade garantindo as medidas de prevención fronte ao COVID-19. Os...
leer másA Concellería de Turismo e de Deportes de Burela anuncia que se suspenden as actividades das escolas deportivas que ían comezar o vindeiro luns, debido ao rebrote de coronavirus que está a afectar á Mariña. Quedan canceladas tamén as visitas ao barco museo Reina del Carmen. O edil Ramiro Fernández asegura que en canto sexa posible poderían reanudarse ambas cousas. Neste verán non haberá a Ruta do Peixe por motivos de seguridade.
Fernández Rey comentou que “desde as Concellerías de Turismo e Deportes, das que son responsable, queremos anunciar que as escolas deportivas, que tiñamos anunciado que empezarían este próximo luns, dada a situación de incerteza que hai con respecto ao rebrote do coronavirus que está habendo na Mariña, máis concretamente en Burela, imos vernos obrigados a suspendelas de maneira momentánea, ata que as circunstancias...
leer másAs actividades están dirixidas a nenos e nenas nados/as entre os anos 2008 e 2016 e serán formativas, lúdicas e multideporte. Desenvolveránse de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas, seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e con limitación de aforo nalgunhas actividades.
A preinscrición realizarase a través do envío do formulario, debidamente cumprimentado, ao enderezo electrónico axv2020@concellodefoz.es. A data de preinscrición remata o 24 de xuño. Cada preinscrición realizada asociarase a un código que será remitido a través de correo electrónico polo que se recomenda revisar o correo electrónico, antes do 26 de xuño, para comprobar a súa recepción. A listaxe dos códigos das persoas admitidas será publicada, o 29 de xuño, na sección de Novas da web do Concello de Foz, despois...
leer más