Barreiros
A segunda fin de semana de outubro, días 12 e 13 nesta ocasión, é xa unha data de referencia no calendario deportivo mariñao. Un ano máis, no concello de Barreiros, terá lugar unha nova edición da Carreira 1/2 Km. Vertical e o Trail Monte Comado, que organiza o colectivo ACD Praias de Comado. Serán a quinta e sexta edición, respectivamente, dunha cita que cada vez colleita máis participantes chegados desde distintos puntos de todo Galicia, mais tamén do norte español e incluso da meseta, tendo alcanzado preto dos dous centos de persoas inscritas.
As inscricións xa están abertas e ata o último día deste mes, luns 30 de setembro, aquelas persoas que desexen participar poderán beneficiarse da cota de inscrición reducida. Ata dito día, o prezo da inscrición é de:
- 8€ para o 1/2Km. Vertical. Prezo estándar a partir...
leer másSan Miguel de Reinante celebra as súas festas desde este venres 27 ata o domingo 29.
O venres a partir das 20:00 horas haberá unha gran churrascada. O prezo por persoa é de 10 euros e instalaranse mesas e sillas para os asistentes. Actuará o cuarteto tradicional Xaramolos e o Dúo Élite.
O sábado 28 ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne e procesión. Despois terá lugar a sesión vermú coa orquestra Stereo, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Tango.
O domingo 29 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne e procesión. De seguido haberá sesión vermú coa orquestra Trébol, que ademais amenizará a verbena co grupo Lume.
A delegación de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza un curso de técnicas de relaxación e concentración.
A actividade dará comezo o día 4 de outubro e desenvolverase ata o 29 de maio de 2020, de luns a venres, en horario de 10:30 a 11:30 horas. Terá lugar no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Información Xuvenil ata o 30 de setembro. As prazas son limitadas.
O clube barreirense exercerá de anfitrión o próximo 14 de setembro no I Torneo Praias de Barreiros de fútbol sala feminino, un evento que servirá tamén de presentación oficial do conxunto de Modesto Veiga ante a súa afección.
Ademais do conxunto local, entrarán en liza o Concello de Begonte, Lieders Futsal e o ADC Burela Pescados Rubén todos eles conxuntos que competirán a próxima tempada na 1ªGalicia Senior Feminina de Lugo.
Unha tarde de fútbol sala que comezará coa presentación do equipo sénior feminino ás 15:30 e que rematará trala disputa da final fixada para as 20 horas.
Na presentación do Torneo, ademais da directiva e xogadoras do Praias de Barreiros, estiveron presentes Ana Ermida (Alcaldesa de Barreiros), Daniel García e Dámaso Ratoeira (membros da corporación municipal) así...
leer másO Praias de Barreiros bota a andar. O clube barreirense comezou os adestramentos de cara á próxima tempada 2019/2020 coa novidade da posta en liza por primeira vez dun equipo senior femenino.
O fútbol sala volveu ó Pavillón Municipal de Barreiros tralo parón estival, o pasado luns iniciaron a súa preparación os rapaces de Juan Antonio Fernández, que competirán unha tempada máis na Terceira División Nacional. Tras anunciar nas pasadas datas as renovacións do groso da plantilla que rematou a pasada campaña nunha meritoria novena posición no seu debut na categoría, os barreirenses deron comezo á pretempada con varios xogadores a proba e co punto de mira fixado no primeiro partido oficial que disputarán o próximo sábado, 24 de agosto, no Pavillón Municipal cando se enfronten ó Xove FS (20:00 horas) na eliminatoria correspondente ós...
leer másO xoves, 22 de agosto, dan comezo as Festas de San Bartolo, en Barreiros, cunha sardiñada popular e posterior verbena co grupo La Bamba.
O venres 23 haberá pasarrúas e actuación do Arco da Vella no campo da festa. Ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú a cargo da orquestra Essencia, que tamén amenizará a verbena xunto á orquestra Platinum.
O sábado día 24 ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e procesión ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Ceniza, que ademais estará na verbena coa orquestra Tokio.
La playa de Coto, en Benquerencia, acogerá este sábado, 24 de agosto, la III edición de la Concentración Retroclásicos Barreiros.
A las 10:00 horas tendrá lugar la apertura de la exposición de motos y coches clásicos. Después habrá una ruta por la carretera de las playas y visita a Illa Pancha, en Ribadeo. Posteriormente se celebrará una comida en el restaurante La Yenka y un pincheo al final de la jornada.
Se entregarán trofeos al piloto más veterano, al más joven, al más lejano, al coche más antiguo, a la moto más antigua y al club más numeroso.
Los precios de la inscripción son 25 euros para los adultos y 10 para los niños hasta 15 años. Las personas interesadas pueden anotarse en los números de teléfono 697 35 60 90 y 603 511 097. El plazo finaliza el 22 de agosto.
Os Macanudos de Barreiros organiza la II edición de Holi Wave Festival de Colores, que se celebrará el sábado 17 de agosto.
A partir de las 18:00 horas, en la zona de San Bartolo-Remior-San Cosme, en Barreiros, comenzarán las diversas actividades. Habrá servicio de bar, desde las 17:00 horas, discoteca móvil y ambientación musical. Se entregarán premios a los más originales en todas las categorías.
La jornada concluirá con una gran cena popular y las personas interesadas en asistir pueden comprar los tickets en la web oficial Holiwave, en Café Bar Moderno de San Cosme, en La Barrica de Lorgi en la playa de Benquerencia y en Balcón de San Bartolo en la playa de San Bartolo. Puede obtenerse más información y formalizar las inscripciones en www.holiwavebarreiros.com. ...
leer másO Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp para estes deportistas (aloxamentos singulares para surfistas). O propietario destas instalacións, Celso Dourado, anuncia que este proxecto verá a luz en setembro.
Dourado explicou que “dende o Cámping A Gaivota levamos un tempo traballando na creación dunha escola de surf e paralela a ela a creación dunha surf camp, que serían unha serie de aloxamentos na súa maioría móbiles pensados única e exclusivamente para os surfistas”.
O xerente e propietario do Cámping A Gaivota, de Barreiros, dixo que “é unha idea que nos estivo a roldar durante os últimos anos, dada a enorme afluencia de surfistas que temos no noso cámping porque xusto diante del se dan as condicións idóneas para a práctica deste deporte. Son un pouquiño...
leer másA Irmandade de San Caetano de Celeiro de Mariñaos organiza a XXIV edición da Festa da Tortilla, que se celebrará os días 16 e 17 de agosto.
Haberá diversas actuacións musicais e estarán o grupo Xaramolo de música tradicional, a charanga Lou Band, Paco Nogueiras con Radio Bule Bule, a formación Almas de Contrabando que ofrecerán versións de pop rock e Chechu e Salva Dúo Diamantes.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Barreiros, Deputación de Lugo e Gadis.