Burela
A compañía A Xanela do Maxín ofrecerá o 23 de febreiro unha actuación do seu espectáculo O Murmurio do Mar no auditorio da Casa da Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Trátase dunha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega unha nova maneira de ver e escoitar o mar con monicreques, lendas e cancións. A función terá lugar no auditorio de Burela este sábado, 23 de febreiro, ás 18:00 horas. As entradas custan 2,5 euros e pódense adquirir na billeteira do propio auditorio o mesmo día da función a partir das 17:00 horas.
En O Murmurio do Mar, a través da música, monicreques e obxectos, “somérxenos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras, porque o mar trae...
leer másAs axencias de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo organizan unha viaxe en grupo a Croacia desde A Mariña para a Semana Santa, concretamente do 18 ao 21 de abril. O número de prazas é limitado a 35 persoas polo que os interesados deben reservar canto antes.
O xerente de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo, Pedro Fraga, explica que “o día 18 de abril temos unha saída desde A Mariña, en autobús ao aeroporto de Asturias, para facer unha viaxe a Croacia, concretamente a Dubrovnik. É un vo directo de pouco máis de tres horas”.
Pedro Fraga engade que “imos estar desde o 18 ata o 21 de abril pasando eses días da Semana Santa en Dubrovnik. Ofrecemos un paquete que vale 920 euros e que inclúe o autobús desde A Mariña, para que o cliente non se teña que preocupar de nada máis, a estancia de catro días nun hotel de catro...
leer másA comisión organizadora das festas patronais de Burela anima á veciñanza a enviar fotos e textos sobre estes festexos. Os mellores formarán parte do libro deste 2019.
Desde a comisión explican que “o que lle pedimos á xente do noso pobo é que nos envíen fotos das festas patronais de Burela e tamén os animamos a escribir voluntariamente un texto, cun máximo de 400 palabra, sobre as festas ou sobre a nosa vila”.
Este material debe remitirse por correo electrónico a comisionfestasburela@gmail.com ou vía mensaxe privada ao facebook das festas patronais burelesas. O prazo de envío remata o 15 de abril.
A comisión organizadora subliña que “entre todas as fotos e os textos que recibamos nas vindeiras semanas elixiremos as mellores para seren...
leer másSegundo explica o concelleiro de Cultura, José Díaz, “durante toda esta semana dende o Concello de Burela celebraremos diversos actos conmemorativos na honra de Rosalía de Castro. Mañá, día 20, vaise despregar da fachada da Casa do Concello unha pancarta homenaxe á nosa poeta máis célebre con motivo do 182 aniversario do seu nacemento“.
O edil burelés segue a relatar que “se repartirán marcapáxinas con poemas da figura máis grande da nosa literatura entre @s usuari@s da Biblioteca Pública Municipal e @s alumn@s dos centros educativos da vila“.
E engadiu que “o domingo, 24 de Febreiro, ás 20:00 horas proxectárase no Auditorio Municipal o filme Contou Rosalía (2018), elaborado pola produtora Zenit TV e a TVG. Unha longametraxe que conta cun elenco encabezado pola actriz Melania Cruz como Rosalía de Castro e o...
leer másEste xoves, 21 de febreiro, terá lugar a presentación do libro-disco A viaxe de Brandán, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.
A obra está baseada no texto, do mesmo título, do escritor Xoán García “Rompe”, e música de Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela. A autora das letras das cancións é Xulia Nogueira, profesora de violonchelo tamén na Escola de Música de Burela, e o deseño corresponde a Tomás López Retorta.
A viaxe de Brandán foi representada no ano 2012 por alumnos da Escola Municipal de Música de Burela, en colaboración con grupos teatrais da comarca, e posteriormente gravada pola Radio Televisión Galega e interpretada por alumnos da Escola.
O libro-disco A viaxe de Brandán foi editado polo Concello de Burela.
A xira de primavera da ópera Carmen, de Bizet, recalará en Burela o vindeiro 30 de marzo ás 20 horas. As entradas sairán á venda o 25 de febreiro en ataquilla.com a prezos que oscilarán entre os 12 e os 18 euros.
Carmen pasará por Alicante, Murcia, Cuenca, Logroño, Valladolid, Salamanca, Ourense, Ponteveda, Vigo e Burela.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, declarou hoxe que “es para sentirnos orgullosos en Burela, de que seamos una de las localizaciones de esta ópera. La calidad vocal e instrumental de la compañía moldava es indudable, ya que ya disfrutamos de 3 óperas suyas aquí”.
O edil burelés explicou que “no fue demasiado complicado convencer a Concer Lírica de que Burela fuese uno de los lugares donde se representase esta ópera, ya que el éxito de público en sus anteriores...
leer másA Concellería de Cultura abrirá o prazo para inscribirse no III Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019 o vindeiro mes de abril. Nesta convocatoria haberá varias novidades como o premio do público ou a posible iluminación nocturna do muro portuario. O concelleiro, José Díaz, anunciou que tamén se incrementan os premios. O primeiro estará dotado con 1.500 euros, o 2º con 750 e o terceiro con 350 euros. O mellor artista local levará 300 euros.
O edil burelés contou que “es el certamen de pintura mural Amarte, que comenzamos aquí en Burela paralelo a la Feria del Bonito en 2017 y tuvo su continuidad en 2018, y este año repetimos. Vamos a por esa tercera edición y me gustaría resaltar que vamos a adelantar el plazo para que los artistas puedan empezar a mandar sus propuestas. Siempre lo hacemos sobre mayo, pero este año vamos a...
leer másAta o 22 de febreiro estará aberta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en Burela, a exposición dos traballos realizados nos cursos de tempo libre que organizou o Centro de Información ás Mulleres durante a tempada 2018. O acto de inauguración contou coa participación do alcalde burelés, Alfredo Llano, e da concelleira de Muller e Servizos Sociais, Noelia Mª Ben.
A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes.
O desfile do Entroido 2019 en Burela será o domingo, 3 de marzo e a premios vanse destinar máis de 3.000 euros. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agradece a colaboración do comercio e da hostalería locais, xa que doarán grande parte dos devanditos premios. O luns haberá actividades para os máis pequenos e o martes, 5 de marzo, que é festivo local, será o Día do Neno con xogos e actividades na carpa que estará instalada na praza do Concello e que será de maiores dimensións que a do ano pasado. Díaz mantivo onte á tarde un encontro coas asociacións de Burela para preparar o Entroido.
O concelleiro de Cultura explicou que “tuvimos en el Concello una reunión con las asociaciones locales de todos los ámbitos, culturales, sociales, etc…, buscando un poco su colaboración, como hacemos ya desde hace años, para el Entroido 2019 que coincide el...
leer másO Centro Comercial Aberto de Burela quere promover o romanticismo local coa campaña de San Valentín 2019 na que se sortearán 2 cestas para os clientes do comercio e unha noite romántica, con cea e noite de hotel para unha parella a aquelas persoas que fagan uso dos locais de perruquerías e estéticas.
O método é moi sinxelo: ata o día 11 de febreiro por cada compra nos establecementos asociados ao CCA Burela de máis de 10 euros, levarán unha participación para estes sorteos que se realizarán o xoves 14 de febreiro.
E como tamén é importante manter viva a chama, ata o día 15 un photocall irá percorrendo os locais hostaleiros do CCA Burela para que as persoas se fagan as fotos románticas cun marco orixinal.
Aqueles que o queiran facer poden etiquetar as súas fotos co hastag #...
leer más