Burela

Etiquetas:
06/02/2019

O Concello, en colaboración con AutoClásicos da Mariña Lucense, organiza a I Quedada de Vehículos Clásicos que se celebrará este sábado, 9 de febreiro, na localidade. Os coches estarán de 11 a 14 horas na praza do Concello e despois realizarán unha ruta por Burela. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anima a acudir a ver esta cita na que se darán cita vehículos dos anos 60 e 70.

O edil burelés anunciou que “o vindeiro sábado, día 9 de febreiro, imos ter aquí en Burela, en colaboración co Club Autoclásicos da Mariña Lucense, unha exhibición de coches antigos. Pedíronos autorización para poder facela aquí e desde a Concellería de Turismo pareceunos unha iniciativa interesante”.

Ramiro Fernández Rey  contou que “na praza do Concello, a partir das once de mañá, imos ter unha demostración de coches antigos...

leer más
Etiquetas:
05/02/2019

A asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha andaina pola Ruta da Seimeira nos Oscos (Asturias) este sábado, 9 de febreiro.

A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.

Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504. O prazo para inscribirse remata o xoves 7 de febreiro, ás 20:00 horas.

A organización informa de que a ruta de 9 quilómetros, ten unha dificultade baixa.

Etiquetas:
05/02/2019

O Concello burelés participarán na vixésima edición de Xantar, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de febreiro. Burela contará cun stand máis grande e protagonizará a degustación de bonito que terá lugar o venres ás 13:00 horas. O Concello pon un autobús para que as persoas que o desexen poidan asistir a este acto. 

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, explicou que “desde o Concello de Burela, por medio da Delegación de Turismo, vamos asistir un ano máis á feira Xantar, en Ourense, xa que entendemos que é moi positiva para poder mostrar alí todos os atractivos turísticos que ten Burela. Ademais este ano decidimos dar un salto na presenza nesa feira: ampliamos o stand e tamén vamos ter un día dedicado a Burela en Xantar, que vai ser o venres.  Esa xornada será cando imos facer unha degustación do bonito en diferentes...

leer más
Etiquetas:
01/02/2019

A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, dirixida pola concelleira Noelia María Ben, organiza un curso teórico práctico de iniciación á poda e ao enxerto, que se desenvolverá o día 22 deste mes, venres.

A edil explica que “hai 30 prazas, terán preferencia @s veciñ@s de Burela empadroados no noso concello e é gratuíto. A inscrición comeza o vindeiro luns, 4 de febreiro, e pode facerse na Oficina de Medio Ambiente, sita na Praza de Abastos, ou ben por teléfono, no 647.13.66.73. Terá unha duración de oito horas lectivas, de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 19:30, no que dun xeito ameno os participantes aprenderán as técnicas e épocas de poda máis adecuadas para cada tipo de froiteira ou especies ornamentais. E repasaranse os distintos tipos de enxertos. Constará de clases teóricas no salón de conferencias municipal e de clases prácticas...

leer más
Etiquetas:
31/01/2019

A comisión organizadora das festas patronais de Burela comezará o vindeiro luns, 4 de febreiro, a recoller os donativos para sufragar estes festexos. A presidenta da comisión, Toñi Eijo, asegura que afrontan con ilusión a organización desta cita e subliña que o programa está pensado para o disfrute de todo o pobo, para un público de todas as idades.

Toñi Eijo dixo que “a comisión estámolo tomando coa mesma ilusión de todos os anos, a pesares de que cada ano costa máis recadar. Imos intentar facer un programa ao gusto da xente, con opinións que fomos recollendo polo pobo, co arranxo ao que nos pide a xente, imos facer un programa ao gusto do pobo e axustándonos ao presuposto que teñamos nosoutros. Imos facer un programa para todas as idades e para todos os gustos con actividades de todo tipo”.

A presidenta da...

leer más
Etiquetas:
28/01/2019

O vindeiro domingo, 3 de febreiro, ás 18:00 horas chegará ao Auditorio Municipal de Burela o espectáculo para público familiar do Circo Fantasy Show, que contará con malabaristas, equilibristas, pallasos, artistas que participaron no programa televisivo Tú si que vales e personaxes de Canta y Juega, Pepa Pig, Bob Esponja e Patrulla Canina.  

As entradas terán un custo de 5 euros e poderanse adquirir en billeteira o mesmo día da función dende as 16:30 horas.
Por outra banda, o gaiteiro asturiano Bras Rodrigo, coordinador-executivo para Europa do desfile de San Patricio de New York, o festival celta máis antigo, máis grande e máis importante do mundo, ofrecerá un concerto en Burela este sábado, 2 de Febreiro, ás 21:00 horas no Auditorio Municipal. Alí presentará o seu segundo traballo discográfico A pause in New York, nunha noite...

leer más
Etiquetas:
18/01/2019

A VI Marcha da Merluza terá lugar en Burela o 3 de febreiro. O evento deportivo, que estará dedicado a Moncho de Cangas, foi presentado nas instalacións de Absa este mediodía. No acto participaron o presidente e o secretario do Club Ciclista Burela, Juan José Martínez e Antonio Barcia, organizadores da proba, así como o presidente e o xerente de Absa, Abelardo Basanta e Miguel Neira, patrocinador principal, e Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes.

Fernández Rey comentou que “é unha carreira que chega á súa sexta edición e que este ano ademais dedícanlle a proba a Moncho de Cangas, vicepresidente do Club Ciclista Burela, que era un gran afeccionado ao ciclismo, e que desgraciadamente finou hai unhas semanas”.

O edil subliñou que “como sempre o Concello de Burela, desde a Delegación de Deportes, estamos...

leer más
Etiquetas:
18/01/2019

Academia A Mariña organiza un Curso de Corte y Peinado, que será impartido por la prestigiosa Sara Ruesga, subcampeona del mundo de peluquería y campeona de Europa de maquillaje.

El curso, que se desarrollará en las instalaciones de Academia A Mariña en Burela, tendrá lugar el 25 de febrero en horario de 9 a 14 horas. La inscripción está abierta. L@s profesionales interesados en acudir a esta cita pueden obtener más información llamando al siguiente número de teléfono: 982 58 50 98. 

Etiquetas:
16/01/2019

El Pescados Rubén Burela FS ya ha abierto la campaña de media temporada, con el 50% de descuento en sus abonos de socio/a. Puedes formar parte del Alma de Campións, de la Grada que arropa a los actuales líderes de Primera RFEF Liga Foro 16 Feminismo y de Segunda LNFS; podrás ser testigo de lujo de la temporada más ambiciosa de la Familia Laranxa en esta segunda vuelta de los equipos femenino y masculino.

Acércate ya a la sede burelista (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) para hacer tu carné y disfrutar del mejor espectáculo hasta el mes de junio.

Horario de atención: De lunes a jueves (10.00-14.00//16.00-19.00) y viernes (10.00-14.00).

Abonos Media Temporada 2018-19

Individual: 40 euros
Familiar: 70 euros
Jubilado: 25 euros
Abono...

leer más
Etiquetas:
09/01/2019

A asociación Pasada das Cabras de Burela comeza o ano cunha ruta pola Pena Abaladoira e a Fervenza do Escouridal en Alfoz. Será o sábado, 12 de xaneiro.

A saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e máis seguro.

Para poder asistir hai que anotarse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 10, ás 20:00 horas.

Os organizadores recomendan levar botas e máis bastón, e informan que o nivel de dificultade da ruta, que ten 8 quilómetros de percorrido, é baixo.