Burela
A Concellería de Cultura programa durante este fin de semana dous espectáculos musicais para nen@s. O sábado, día 22, o grupo Os tres tenedores presenta Petiscos Musicais, e o domingo estará Pablo Díaz coa súa banda no concerto Tic tac toc. Ambas actuacións terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.
A programación comeza o sábado, 22 de abril, con Os tres tenedores que presentan Petiscos musicais, unha mostra de diversos tipos de instrumentos, construción con materiais de refugallo, estilos musicais, ritmos diversos e fermosas cancións. A actividade enmárcase na campaña de animación á lectura da Biblioteca de Burela e para conmemorar o Día do Libro que ten lugar o domingo. Inclúese ademais no programa Ler conta moito para a dinamización da lectura nas bibliotecas integradas na rede, que leva a cabo a Consellería de Cultura, Educación...
leer másHoxe, mércores, profesores da Escola Municipal de Música de Burela ofreceron un concerto de música nos centros de primaria da localidade. O motivo deste evento “é achegar os instrumentos aos alumnos e anunciar que se andan a organizar Obradoiros Musicais, por parte desta escola, coa colaboración da Delegación de Cultura e Educación do Concello de Burela”, segundo explica Xan Carballal.
O director da Escola de Música de Burela indicou que “estes obradoiros están dedicados a todos os nenos/as que estean interesados en coñecer os instrumentos de vento madeira, tales coma o saxo e o clarinete, ou calquera especialidade da familia de vento metal, como por exemplo trompeta, trompa, tuba, trombón, ou algún instrumento da familia de percusión como marimba, batería, etc. Terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola...
leer másO Centro Comercial Aberto de Burela organiza unha campaña con motivo da celebración do Día da Nai, o domingo 7 de maio.
Baixo o lema Mímate Mamá sortea 500 euros en vales de compra. As papeletas para participar no sorteo entréganse coas compras realizadas nos establecementos asociados ao CCA Burela, ata o mesmo 7 de maio.
Os vales de compra sorteados será para consumir nos sectores de Moda/Zapatería/Complementos, Hostelería, Peluquería/Estética, Relax/Spa/Masaxes e Dietética/Saúde.
O sorteo non presencial celebrarase o venres 12 de maio.
O alcalde, Alfredo Llano, invita aos veciñ@s e visitantes a participar estes días nos desfiles procesionais para consolidar a Semana Santa burelesa, á vez que agradece o traballo feito polos organizadores.
O rexedor salientou que “en Burela se está a celebrar este ano a Semana Santa dunha forma moi intensa, se organizou con moito tempo e se está preocupando a xente de que salgan os actos interesantes e atractivos”.
Alfredo Llano relatou que “hoxe temos, ás seis e media, a celebración da última Cena e o Lavatorio dos pés, e despois a procesión da Oración da Horta das Oliveiras ás nove da noite. Ten un percorrido pola rúa da Igrexa, do Correo, Eijo Garay, Pardo Bazán, Curros Enríquez, Rosalía de Castro e regreso”.
O alcalde subliñou que “este ano como novidade hai instalada unha carpa a...
leer másA Concellería de Servizos Sociais organiza unha viaxe a Noreña (Asturias) para o vindeiro día 29 deste mes de abril. Esta actividade está dirixida a veciños/as empadroados/as en Burela de máis de 55 anos.
O prazo para inscribirse ábrese mañá, mércores, e os interesad@s deben anotarse no Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas, agás mañá que ao estar en horario de Semana Santa é de 09:00 a 14:00 horas.
A viaxe e a comida son totalmente gratuítas, e a saída será desde a estación de autobuses de Burela ás 08:00 horas.
A edil Patricia Otero explicou que “ese sábado, 29 de abril, celébrase o mercado semanal en Noreña e os participantes aproveitarán tamén para coñecer o pobo ademais dos diversos atractivos, como por exemplo o monumento ao gochu”.
A concelleira de...
leer másA programación da Concellería de Cultura para esta vindeira fin de semana ofrece o sábado, o monólogo de Xosé Antonio Touriñán Manolo Lojo, e o domingo unha nova proxección de cine infantil.
O edil José Díaz anunciou que “este fin de semana habrá el domingo una nueva sesión de Burela de Cine con la proyección de una película infantil, a las seis y media en el auditorio como siempre”.
O concelleiro de Cultura subliñou que “ya la semana pasada estrenamos el nuevo sonido del auditorio con una mejoría muy grande en la proyección porque la verdad es que antes el sonido era un poco complicado. Era difícil a veces entender durante la película algún tramo de las frases de los personajes”.
Díaz manifestou que “este domingo tendremos otra proyección para los más pequeños. El pasado hubo alrededor...
leer másO Torneo Triangular de Semana Santa de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum volverá este ano á axenda deportiva coa súa cuarta edición, reunindo o Xoves Santo, en Vista Alegre (Burela), ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos Meigallos Sarria, ACD Xove e Pescados Rubén Burela FS.
A cita inaugurarase ás 10.00 horas cun enfrontamento alevín entre xovenses e burelaos e despedirase ás 20.00 horas co compromiso prebenxamín entre Os Meigallos e Xove. A entrega de trofeos porá o broche final ás 20.50 horas.
A Concellería de Cultura organiza este domingo, día 9, unha nova edición do rastrillo popular solidario. Terá lugar na praza da Mariña entre as 10:00 e as 15:00 horas.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembrou que “este domingo, 9 de abril, tendremos una nueva edición del rastrillo solidario popular que organizamos desde finales de 2015. Ya van muchas ediciones, una vez al mes cada segundo domingo, y seguimos luchando por consolidarlo tanto nosotros como la gente que asiduamente se suele apuntar los domingos”.
O edil socialista sinalou que “ahora llega el buen tiempo además y estoy convencido de que tendremos más puestos todavía. Iremos ambientándolo poco a poco con el objetivo de dar un toque un poco diferente a Burela los domingos, y alegrarlo con esta iniciativa siempre con carácter solidario”.
... leer másO Concello presentou este mediodía o programa de rutas que vai desenvolver durante a Semana Santa. Organizadas polas Concellerías de Turismo e de Medio Ambiente, terán lugar desde o martes, día 11 de abril, ao sábado 15.
Na presentación os responsables destes departamentos, Ramiro Fernández Rey e Noelia María Ben salientaron “a importancia destas rutas e o atractivo que poden supor para veciños e visitantes durante estes días na vila”.
O concelleiro de Turismo contou que “desde o Concello de Burela as Delegacións de Turismo e a de Medio Ambiente imos recuperar de cara a esta Semana Santa como un atractivo turístico máis, as rutas xeolóxicas. Vanse facer durante toda a Semana Santa, e como novidade imos ter unha ruta polos montes de Burela que se vai facer o día 15, sábado, ás cinco da tarde”.
... leer másA Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta mañá a presentación da Semana Santa de Burela, unha cita que vén gañando en importancia nos últimos anos e que, nesta ocasión, celebra a súa 27 edición.
No acto participaron o delegado territorial José Manuel Balseiro, que serviu de anfitrión, acompañado de Oliva Cabanas, presidenta da Confraría do Santísimo Cristo e de María Santísima das Dores, Jesús Álvarez Piñón, párroco da localidade, o diseñador do cartafol anunciador, José Míguez Ríos, e Mª José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Delegación Territorial, ademais dun bo número de membros da confraría e da unidade pastoral.
Os asistentes aproveitaron a ocasión para convidar aos lucenses a achegarse ata esta localidade e participar nas celebracións e procesións que forman parte do...
leer más