Burela
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza a 4ª etapa do Camiño do Cantábrico o vindeiro 8 de abril.
Esta etapa de 17 quilómetros de percorrido, vai desde Barreiros á praia de Llás. A saída será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela.
O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 6 de abril ás 20:00 horas.
Por outra banda o domingo 9 de abril, dentro dos actos da Semana do Deporte do Concello de Burela, imos facer unha ruta circular por Burela de 5 quilómetros aproximadamente que sairá ás 11:00 horas da praza do Concello pasando polos lugares máis emblemáticos de Burela.
Segue a venda anticipada de entradas na biblioteca municipal a un prezo de 3 euros para o espectáculo que ofrecerá o coñecido actor galego Sergio Pazos este venres, día 7, ás 21 horas no auditorio de Burela. En taquilla terán un custe de 5 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a asistir porque “es un espectáculo que merece mucho la pena”.
Rebento se non o conto e o título deste espectáculo no que Sergio Pazos analiza a realidade de España con ironía.
A Concellería de Deportes organiza a segunda Semana do Deporte, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey presentou esta tarde o programa de actividades xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o técnico municipal de Deportes, Iván Cao “Lucas”.
O responsable de Deportes relatou que “o programa dará comezo este mércores, día 5, cunha charla sobre A influencia dos país na actividade deportiva, que correrá a cargo de Plácido Sánchez, psicólogo do CD Lugo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas”. Fernández Rey indicou que “ás veces a actitude dos pais nos campos de fútbol non son as máis axeitadas, tal e como vemos case a diario nos medios de comunicación. Queremos facer fincapé en cómo se debe afrontar esa actividade deportiva entre os nenos, que debería ser máis como divertimento e para facer compañeirismo, en lugar de...
leer másEste luns, 3 de abril, ábrese o prazo de inscrición presencial para participar na actividade de Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.
Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que deberán facelo de xeito presencial”.
Os Bailes de salón darán comezo o 18 de abril e rematarán o 4 de xullo. A data elixida para impartir esta actividade na Casa da Cultura é os martes. E establécense tres quendas: unha de 18:45 a 20:00 horas; unha de 20:00 a 21:15 horas e outra de 21:15 a 22:30 horas.
A concelleira de Servizos Sociais subliña que “as prazas son limitadas e que se concederán por orde de inscrición”.
Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os...
leer másPor Burela pasarán Sergio Pazos, Touriñán e “El Brujo” en abril. Haberá tamén cine infantil os días 9, 16 e 30 e unha nova edición do rastro de segunda man o día 9. A programación cultural foi presentada hoxe polo concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista explicou que “la programación sigue los patrones que solemos utilizar siempre en la programación cultural hasta ahora, que son tratar de tener eventos de calidad combinados con otros que están siempre ahí como es el caso del Burela de Cine. Durante el mes de abril tendremos tres domingos con película infantil, los días 9, 16 y el último domingo del mes, el día 30, a las seis y media en el auditorio. Es cine para los más pequeños y para el público familiar”.
José Díaz contou que “seguimos tratando de consolidar el rastro solidario del segundo domingo del mes, este...
leer másAs festas patronais de Burela volverán contar este ano cunha gran atracción na praza do Concello. Esta vez será o Ratón Vacilón, enfocado a un público máis familiar e infantil. A comisión organizadora das festas patronais comezará en abril a recadar fondos polo comercio e polas empresas de Burela, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén é membro desta comisión de festexos.
Díaz subliñou que “en las fiestas también habrá de nuevo atracción en la plaza del Concello. La noria fue un éxito indudable el año pasado, queremos repetir y acercar las fiestas al pueblo teniendo una atracción en ese lugar. En este caso la atracción es un formato parecido a la montaña rusa, enfocado a un público más familiar e infantil, pero también muy espectacular y que estoy seguro de que va a llamar muchísimo la atención, y que nos...
leer másOs grupos Café Quijano e La Década Prodigiosa actuarán en Burela o 2 de xuño. O concerto, que será gratuíto, enmárcase no amplo programa de actividades das festas patronais deste ano.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén é membro da comisión organizadora, explicou que “decidimos que íbamos a recuperar la actuación estelar los viernes de las fiestas, que hace ya bastantes años que no se hace, sobre todo por el tema de la crisis es más complicado recaudar el dinero necesario para esto. Es difícil traer a un grupo o a cantantes importantes porque los cachés son bastante altos y al no cobrar entrada no se recupera nada de la inversión. Pero es algo que era muy tradicional en Burela y pensamos que se puede recuperar con el esfuerzo de la comisión de fiestas, que hace un trabajo impagable recaudando fondos por todo el comercio de...
leer másA xoven escritora Antía Yáñez Rodríguez presentará a súa primeira novela titulada "O misterio de Portomarín", este venres, 24 de marzo, en Burela.
A presentación terá lugar na Librería Nobel, sita na rúa Castelao 2, ás 19:30 horas.
Antía Yáñez Rodríguez estará acompañada nese acto polo concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, e por Arturo Ponte da Editorial Galaxia, que publica esta obra.
"O misterio de Portomarín" é unha novela de intriga que ven recomendada para maiores de 12 anos. Narra a historia de catro irmáns que van veranear a Portomarín e comezan a investigar un misterio que todos consideraban esquecido, como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.
Este mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o X Encontro de Palilleiras que terá lugar o día 13 de maio, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras. Estiveron presentes nesta presentación xunto ao alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Mar e Cultura, Patricia Otero e José Díaz, respectivamente, así como representantes de Absa, da Confraría de Pescadores e da Fundación Expomar.
Este encontro de palilleiras desenvolverase no porto de Burela onde se inaugurará ás 11:30 horas. Posteriormente procederase a unha degustación de empanada de pescada, que dará comezo ás 12:00 horas, así como unha viaxe ao Monte Castelo e á igrexa de Vila do Medio. Tamén haberá unha actuación de baile e canto tradicional a cargo de Arume.
O horario do X Encontro de Palilleiras será de 10:00 a 13:30 horas, e pola tarde de 16:00 a 19:...
leer másEste mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o I Certame de Pintura Mural Amarte, que terá lugar coincidindo coa Feira do Bonito o vindeiro mes de agosto. Os artistas, que realizarán os seus traballos no muro de contención do porto, dispoñen ata o 1 de xullo para presentar as súas propostas.
O presidente do xurado, Alfonso Otero Regal, explicou que “é un certame para poñer bonita a Burela. Creo que foi en tempos de Maragall en Barcelona, cando sacaron un slogan que dicía Barcelona ponte guapa, pois Burela ponte guapa neste caso”.
O artista mariñán relatou que “Burela é un pobo novo. Cando eu tiña dez anos, xa fai uns cincuenta anos, Burela era soamente un barrio que se chamaba Vila do Medio, onde estaba a igrexa, a rúa do Can, que está na estrada que vai cara Rúa, e o porto. Foi unha poboación que...
leer más