Burela
O Concello pon en marcha este verán a Ruta do Peixe, que foi presentada esta mañá polos edís de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben, e por Pedro Rolle, de O Freixo dos Lobos, que será o guía desta nova iniciativa.
Segundo explicaron “trátase dunha visita guiada a unha peixería e á lonxa do porto de Burela”. Esta nova ruta terá lugar os días 5 e 19 de xullo e o 2 e o 16 de agosto en horario de 17 a 21:30 horas, con saída desde a Oficina de Turismo. Fernández Rey dixo que “será necesario inscribirse a través da páxina de Turismo do Concello de Burela ou da aplicación creada para este fin”.
Os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo subliñaron que “o que queremos é seguir impulsando a celebración de diversas actividades en Burela durante todo o verán para que veciñ@s e visitantes se...
leer másEl próximo 3 de julio arrancará la quinta edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas de infantil y primaria. Se trata de un proyecto educativo pionero en Galicia, que trabaja la autoestima, la motivación y las inteligencias múltiples.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nuestros objetivos son llenar las mochilas de los niños y niñas de experiencias nuevas, contenidos y fortalezas, fomentando la autoestima y su motivación. Además otro objetivo es el de potenciar sus capacidades y habilidades para que siempre puedan contar con ellas. Aprendemos a trabajar en equipo mientras realizamos proyectos de emprendimiento. Trabajamos el ingenio, la...
leer másA Concellería de Medio Ambiente, xunto ao Augas Santas Kite Club, organiza unha actividade de paddel surf, na que poderán participar tod@s @s nen@s empadroad@s en Burela e nad@s entre os anos 2001-2009.
O prazo de inscrición estará aberto do 20 ao 22 de xuño. Xa o luns, día 26, farase pública a lista de admitidos no Concello e na súa páxina web. As actividades terá lugar os luns, mércores e venres durante os meses de xullo e agosto. Desde a Concellería de Medio Ambiente Noelia Mª Ben sinala que “a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos: saber nadar, ter entre 8 e 16 anos e estar empadroad@s en Burela. O material necesario para a actividade correrá a cargo do Concello. Os rapaces só precisarán levar bañador e toalla”
O paddel surf terá lugar na praia de...
leer másO domingo, 18 de xuño, terá lugar o Enduro de Burela 2017.
Ésta é a quinta proba do calendario e a que pecha a competición antes do parón do verán.
O percorrido duns 35 quilómetros discorre polos concellos de Burela e Cervo. No circuíto usado para facer adestramentos de motocross, haberá unha especial, e a outra a pouco más de dous quilómetros onde tamén estarán as asistencias da proba.
O parque pechado instálase na praza do Concello desde onde sairán os participantes na proba, que promove a Liga Galega de Moto de Campo.
A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 17 de xuño, o Día do Socio facendo a subida ao Monte Castelo.
A ruta, de 10 quilómetros de percorrido, ten unha dificultade media. A saída está prevista para as 10:00 horas da Praza da Mariña.
No Monte Castelo haberá unha comida de confraternidade na explanada servida por un cátering totalmente gratuíta para todos os asistentes que fagan a ruta.
Para poder asistir á comida é imprescindible recoller o tícket en Gráficas Arfe antes do xoves, día 15.
A Concellería de Deportes oferta un total de 55 prazas nas actividades de verán para @s nen@s nad@s entre os anos 2005 e 2012 e que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto. A inscrición estará aberta do 26 ao 29 de xuño e a lista de admitidos publicarase o día 30.
O técnico municipal de Deportes, Iván Cao Lucas contou que “presentamos hoxe as actividades de verán que vai haber durante os meses de xullo e agosto. Como en anos anteriores haberá varias como son patinaxe, xogos tradicionais e multideporte, xogos na praia e baloncesto coa axuda do Club Baloncesto Burela”.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explicou que “son actividades que van destinadas para nenos e nenas de Burela nacidos entre os anos 2005 e 2012. A inscrición empezará o vindeiro luns, 26 de xuño, e rematará o 29 e xa o...
leer másA Concellería de Medio Ambiente pon en marcha a Ocioteca, con actividades de verán dirixidas a nen@s empadroad@s neste municipio e nad@s entre os anos 2014-2005. En total son 50 prazas que se distribuirán en dous grupos de nen@s con idades comprendidas desde os 3 aos 12 anos.
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns, 19 de xuño, e as fichas de inscrición e demais documentación xustificativa deberán entregarse no Concello a partir das 8:00 horas. O período para anotarse remata o 21 de xuño e quen non teña formalizada e entregada a ficha de nas datas indicadas, non poderá asistir ás actividades, segundo informan desde a Concellería de Medio Ambiente.
A edil Noelia Mª Ben subliñou que “cada persoa só poderá entregar as fichas de inscrición dos seus fillos e doutra persoa máis (de outro pai ou nai), ao entender...
leer másA praza do Concello acolle estes días unha exposición conmemorativa do vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación. A mostra pode visitarse ata o día 25 de xuño e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima a achegarse á solidariedade acudindo a esta cita.
A exposición 20 Anos a Fondo coa Solidariedade estrutúrase en cinco grandes cubos de catro caras pensados para a instalación en exteriores. O ilustrador Pepe Carreiro encargouse do seu deseño, cun formato moi visual, mentres que os contidos foron ideados pola Secretaría Técnica do Fondo Galego.
O rexedor burelés invita “a toda a xente que estea en Burela estes días a que se achegue á praza do Concello a visitar a exposición que conmemora o vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación, a onde pertence o Concello re Burela. Consideramos que debemos ser un...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá esta fin de semana o 1º Festival de Curtas Gravadas co Móbil. O sábado, día 17, proxectaranse os 25 traballos presentados a concurso a partir das 21:00 horas, e o domingo entregaranse os premios nunha gala que dará comezo ás 20:00 horas. O xurado estará presidido polo actor e humorista Carlos Blanco.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “este próximo fin de semana, durante el sábado y el domingo, vamos a hacer una gala de presentación de los cortometrajes que se presentaron al primer festival de cortos grabados con el móvil de aquí de Burela, que es un proyecto del que ya venimos hablando en semanas anteriores, muy ilusionante para nosotros por novedoso”.
O edil burelés dixo que “tuvimos buena participación ya que en la categoría general hubo 22 cortos presentados...
leer másA asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 10 de xuño, a 6ª etapa do Camiño do Cantábrico dende Burela á praia de Lago de 17 quilómetros de percorrido.
A saída está prevista para ás 10:00 horas da mañá da praza da Mariña de Burela.
O prezo é 20 euros para os socios e 25€ para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse e os interesad@s poden facelo en Gráficas Arfe ou ben chamar ao teléfono 982 580 504. O prazo para inscribirse remata o xoves 8 de xuño.