Burela
O vindeiro luns, 29 de xaneiro, de 8:30 a 14:00 horas terá lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela a segunda edición do ciclo de conferencias de imaxe Persoal. Esta ano o II Congreso de Imaxe Persoal leva por título "Adaptándose ao presente e ao futuro". Os contidos deste congreso están deseñados para o alumnado, profesorado de Imaxe persoal e para as empresas colaboradoras nos programas de FCT. 
 
O Dr. Salvador Ramos Rey, Director médico de Spa Loida (A Coruña), abrirá o congreso cunha conferencia titulada "O impacto do cancro na imaxe persoal". Tratará o impacto socio-sanitario do cancro na sociedade actual. Falará da atención na imaxe persoal dos pacientes en relación ás secuelas que provocan os tratamentos oncolóxicos desta enfermidade. 
 
A segunda conferencia "Cirurxía de trasplante de cabelo" coa técnica FUE será impartida por...
O Entroido burelés repartirá un total de 3.810 euros en premios, unha cifra que se incrementa de xeito considerable respecto á do ano pasado. Como novidade establécense dúas novas categorías: charangas e comparsas. A gañadora de cada modalidade recibirá 500 euros como premio e as segundas 250 euros. A carroza gañadora tamén obterá un premio de 500 euros e o grupo de adultos que resulte gañador 300 euros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, manifestou que “tenemos ya unas líneas de trabajo elaboradas desde el Concello de lo que sería nuestra planificación para este Entroido de 2018 donde quisimos hacer un par de cambios, siempre basándonos en experiencias de años anteriores intentamos mejorar las cosas que se puedan”.
Díaz anunciou: “dos novedades importantes creo son por un lado el aumento de la cuantía de los...
leer másO Pescados Rubén Burela FS xa ten á disposición de tod@s @s interesad@s os abonos de media tempada. Con 50% de desconto, poderás gozar de toda a segunda volta de Primeira RFEF e de Segunda LNFS en Vista Alegre.
Ademais terás as mesmas vantaxes que os abonados de comezo de tempada, cun 10% de desconto no Servizo de Wellness do Thalasso Resort Las Sirenas de Viveiro.
Tarifas Media Tempada 2017-18:
Individual: 40 euros
Familiar: 70 euros
Xubilado: 25 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 13 euros
Podes formalizar o teu carné na nova sede do club laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta 10). Horario de atención ao público: De luns a xoves, 10.00-14.00 //16.00-19.00 Venres: 10.00-14.00 horas
Non socios. En...
leer másBurela, Foz e Viveiro acollerán o Campionato de España de Fútbol Sala Feminino de Seleccións Sub-17, que se disputará do 7 ao 11 de febreiro. Son 200 persoas as que se desprazarán á zona, xunto aos seus acompañantes. O concelleiro de Deportes e Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, subliñou a importancia que ten tanto a nivel deportivo como turístico a celebración deste evento para toda a comarca. Nas últimas horas os edís de Deportes dos tres Concellos mantiveron un encontro para ultimar os preparativos desta importante cita deportiva.
Fernández Rey contou que “os concelleiros de Deportes de Burela, de Viveiro e de Foz mantivemos unha reunión na sede do Burela Fútbol Sala para preparar o Campionato de España de Seleccións sub 17 Feminino de Fútbol Sala que se vai disputar en Burela, en Viveiro e en Foz e que ven de anunciar a Real...
leer másA Concellería de Medio Ambiente organiza un Obradoiro de Conservas que terá lugar 24 de xaneiro de 16:30 a 19:30 horas na praza de abastos.
Segundo explica Noelia Mª Ben “trátase dun obradoiro de iniciación á elaboración de conservas, marmeladas e licores caseiros. O obxectivo é coñecer o xeito correcto e seguro de conservar e preparar os excedentes da horta, así como os produtos tradicionais e de tempada, por medio de distintos sistemas de preservación. Ademais de valorar as numerosas vantaxes da elaboración das conservas, marmelos e licores dun xeito doméstico e caseiro, dende o punto de vista ecolóxico, económico e produtivo da nosa horta, bosque, mar e xardín”.
A edil burelesa subliña que “o obradoiro é totalmente gratuíto para os participantes, ten un número de prazas limitadas, e para inscribirse hai que...
leer másApúntate á Tarde Laranxa este sábado, 13 de xaneiro, e goza do mellor espectáculo futbolístico, por partida dobre, totalmente gratis en Vista Alegre, coa visita do Gualdacacín (15.45 horas) en Primeira RFEF e do Valdepeñas (1815 horas) en Segunda LNFS.
Só os máis madrugadores terán agasallo de Ano Novo, con dobre entrada gratuíta. Os afeccionados que accedan á Bomboneira para a primeira cita da tarde tamén poderán presenciar o segundo encontro de balde.
ENTRADA
Soci@s: Gratuíto
Non soci@s menores de 18: Gratuíto
Non soci@s adult@s: 10 euros (18.15 horas Pescados Rubén Burela FS-Valdepeñas)
A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza para o sábado, 13 de xaneiro, unha ruta polas Fragas do Eume no Camiño da Ventureira. O percorrido é de 8 quilómetros e dificultade baixa. A saída será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo é de 20 euros para os socios e 25€ para os non socios. Inclúe autobús, comida e seguro. Para asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 11 de xaneiro ás 20:00 horas.
A organización recomenda levar calzado apropiado e bastón xa que a metade da ruta é próxima ao río polo que é esvaradía.
A axenda cultural do Concello de Burela para o primeiro trimestre deste 2018 inclúe monólogos, teatro, cine, rastrillo popular e o musical infantil El gato con botas. Por Burela pasarán estas semanas figuras como El Sevilla, Luís Zahera, Miguel Lago ou Carlos Blanco, entre outros. Tamén estarán na localidade o Coro Uganda Natumayini, o grupo de jazz Sumrrá e o mentalista televisivo Jeff Toussaint.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, salientaba hoxe na presentación desta axenda que “los objetivos los mantenemos igual o parecidos a los del 2017. El año pasado nos funcionó bien, tanto en respuesta de público como en todo en general. Entonces mantenemos esa idea de combinar artistas de cualquier tipo tanto en música como baile, humor y teatro de primer nivel con teatro aficionado de la zona, y con esas cosas que siempre estamos programando...
leer másEn Burela ultiman os preparativos da Cabalgata de Reis, que terá lugar o 5 de xaneiro ás 19:00 horas. A cabalgata sairá da rúa do Ril e rematará na praza da Mariña, onde se servirá unha chocolatada a partir das sete e media da tarde. O prezo da ración de chocolate e roscón será de 2 euros. Haberá máis de 100 premios escondidos, cortesía do comercio local, e o sorteo final dun pack de 10 agasallos.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “la cabalgata la organiza como estos años anteriores la Asociación Cultural Recreativa Ledicia. Partirá a las siete de la tarde de la rúa do Ril y recorrerá varias calles del pueblo hasta rematar en la Praza da Mariña, en la carpa que tenemos instalada ahora con actividades infantiles, pero que ese día quedará libre para poder recibir a las Reyes Magos, y organizar posteriormente a la recepción...
leer másDobre cita musical en Burela. Esta noite ás 21 horas na Casa da Cultura haberá concerto de Zoelas. O evento está organizado polo Concello. A entrada é de balde.
Zoelas é un grupo musical de recente creación que nace na Comarca da Ulloa. O xermolo do colectivo sitúase na Asociación Fiadeira, da que forman parte as integrantes de Zoelas. O nome é collido daquela tribo prerromana que habitaba a zona noroeste da península. Un matriarcado cuxos valores serven ao grupo de inspiración para moitas das súas composicións.
Partindo do seu contacto coa música tradicional, Bea García, Érica García, Carmela Mariño, Pilar Navego, María Bouzas e Patricia Coucheiro deciden xuntar inquietudes musicais para dar lugar a Zoelas, proxecto no que mesturan as raíces do canto tradicional con melodías doutros estilos musicais e letras...
leer más
        











