Burela
O alcalde, Alfredo Llano, convida a asistir ao festival Osa do Mar que se celebra os días 18 e 19 de agosto na localidade. A novidade deste ano é que os concertos serán no campo de fútbol de A Marosa.
O rexedor burelés declarou que “volvemos ter outra edición do festival Osa do Mar este fin de semana, o venres 18 e o sábado 19. Imos ter unha nova edición deste festival que agrupa e ofrece o mellor de moitos grupos de músicas diferentes, de tal xeito que trata de satisfacer os gustos de moita xente, aínda que poden ter gustos dispares”.
O alcalde dixo que “se trata de ofrecer unha variedade e unha calidade extraordinaria a toda a xente que se achegue polo recinto do festival, que este ano vai ser dentro do campo de fútbol de A Marosa”.
Alfredo Llano salientou que “como alcalde me gustaría...
leer másOs días 18 e 19 de agosto terá lugar no pavillón Vista Alegre o torneo de fútbol sala Burela Bonita, que contará coa participación de Movistar Inter, Santiago Fútsal, Palma Fútsal e Burela FS. Este torneo foi presentado este mediodía no Concello burelés.
O alcalde, Alfredo Llano, manifestou que “sempre que sexa calquera tipo de deporte que se faga en Burela é moi agradecido. Pensamos que nesa liña se está traballando todo o posible, tanto no fútbol base como no máis profesional, nos torneos de atletismo e en todo aquilo que poidamos beneficiar a todo o mundo que practique deporte. Evidentemente o fútbol sala en Burela está moi presente, é algo que hai que ter en conta porque no concello hai moita afección e tamén é moi boa fórmula para lanzar a Burela a moitos sitios que chega grazas a este deporte. O torneo ven ben no mes de agosto posto...
leer másA Concellería de Cultura organiza unha nova edición do rastrillo solidario popular o vindeiro domingo, día 13 de agosto. Será na praza da Mariña de 10 a 15 horas.
A Concellería de Cultura ven organizando estes rastrillos solidarios o segundo domingo de cada mes.
Os días 16 e 17 de agosto terá lugar en Burela o torneo 3 x 3 de baloncesto nas categorías benxamín e alevín. Está organizado polo Concello, que conta coa colaboración do CB Burela. A presentación do evento deportivo tivo lugar este mediodía.
Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes, sinalou que “seguimos apostando polas actividades de ocio no verán para os máis cativos. Pensamos que se trata dunha cita atractiva para Burela e para os amantes do baloncesto. Animamos a todos os rapaces e rapazas interesados en participar neste torneo a que se inscriban e a que acudan”.
O torneo 3 x 3 de baloncesto disputarse na praza da Mariña o 16 e o 17 de agosto a partir das 20:00 horas. As inscrición poderán realizarse o vindeiro mércores a partir das sete e cuarto da tarde.
O edil burelés...
leer másMañá, xoves, arrinca en Burela o I Certame Internacional de Pintura Mural Amarte. Será ás 12 do mediodía co sorteo dos espazos que cada artista ocupará no muro do peirao. O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “a continuación ya comenzarán a pintar las obras que presentaron a este I Certame Internacional de Pintura Mural”.
O edil burelés lembrou que “estarán aquí pintores de Vigo, Narón, Ortigueira, Lugo, Coruña y dos seleccionados que tenemos de Burela, que son muy conocidos por su trayectoria, DavidXiño y Héctor Manasé. Hay otros dos más de A Mariña, de Viveiro, que son David Catá, que es otro artista multidisciplinar muy conocido, y una pareja, Pablo Libio Díaz Cardona y Uxmal Claudio Díaz Gavilán, que también tienen una trayectoria como pintores y muralistas muy destacada”. Os outros participantes son Delio Rodríguez, de...
leer másA Concellería de Cultura anima á xuventude a adquirir as entradas de xeito anticipado para acudir ao festival de DJs que terá lugar este venres, 4 de agosto. A carpa instalada no peirao ten capacidade para 1.000 persoas e disporá de bar, baños e persoal de seguridade.
O edil José Díaz salientou que “el próximo es un fin de semana de gran actividad aquí en Burela porque coinciden varios eventos al mismo tiempo y creo que convierten en general el fin de semana en Burela en muy atractivo para todos los que nos puedan visitar, y para todos los turistas que ya están por la zona. Va a haber la Feria del Bonito, Produart y el certamen internacional de pintura mural Amarte”.
O concelleiro de Cultura dixo que “el pistoletazo de salida del fin de semana es la fiesta de los DJs que vamos a tener este viernes. Queríamos...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e a Presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, Rocío Rivera, presentaron este venres nos xardíns da institución a XXXIII Feira do Bonito de Burela, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto. O organismo provincial colabora con esta cita, recoñecida como Festa Galega de Interese Turístico, cunha achega de 8.000 euros dentro da súa aposta polo impulso do sector pesqueiro e dos produtos do mar para xerar riqueza na provincia luguesa.
Campos Conde destacou que “esta cita é unha oportunidade económica única para a provincia, pois impulsa un sector punteiro como a pesca, que é capaz de dar emprego a miles de familias lucenses e xerar un volume de negocio de máis de 125 millóns de euros; ao tempo que promociona os produtos do mar e así...
leer másEste sábado, 29 de xullo, terá lugar unha ruta de kaiaks polo litoral de Burela. Está organizada polo Concello e pola empresa IG10. Sairá ás 11 horas da praia de Penoural e percorrerá a costa ata o areal de Ril, segundo contou hoxe o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés lembrou que “o vindeiro sábado, día 29, tal como tíñamos programado nas actividades deste verán, imos facer desde o Concello de Burela en colaboración coa empresa IG 10, unha ruta en kaiaks pola costa de Burela”.
Fernández Rey explicou que “para apuntarse nesta actividade pódeno facer tanto na Oficina de Turismo como na propia empresa, que está ubicada aquí na saída de Burela no Activity Center, ou na saída do recorrido que vai ser desde a praia de Penoural, a carón da Capitanía Marítima. O prezo da actividade vai ser de...
leer másA Concellería de Cultura deu a coñecer os nomes dos 10 artistas que pintarán o muro do peirao no decurso do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que terá lugar dos días 3 ao 6 de agosto, coincidindo coa celebración da Feira do Bonito. Os dez artistas seleccionados proceden de Lugo, Coruña, Narón, Ortigueira, Viveiro e tamén de Burela. O xurado está formado por Alfonso Otero Regal como presidente, Roque Fanego, Anxo Rubiños, Pablo Mosquera e Neira Brosch, como vocais.
José Díaz dixo que “queríamos presentar el jurado del Certamen Internacional de Pintura Mural, que se celebrará en Burela de los días 3 al 6 de agosto. Sólo habíamos presentado al presidente del jurado que es Alfonso Otero Regal, Premio Nacional de Cerámica y persona muy contrastada en el mundo de las artes. Los otros cuatro componentes del jurado serán vocales y los...
leer másA Asociación Pasada das Cabras de Burela vai facer o sábado, día 22 de xullo, a Ruta Nocturna de San Cibrao a Burela. O percorrido será de 9 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será ás 22,00 horas da Estación de Autobuses de Burela e ao chegar a San Cibrao voltaremos andando ata Burela onde haberá ao remate chocolate con churros na Heladería Yöglio, totalmente gratuíto para todos os que fagan a ruta.
Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 20.