Burela
A Escola Municipal de Música de Burela organiza dous concertos como remate do VIII Curso Interdisciplinar de Música que se desenvolve desde o pasado luns e ata o venres, día 7.
O primeiro dos concertos celebrarase o xoves, 6 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio, e nel participarán o grupo de banda e o grupo de orquestra.
O segundo concerto terá lugar o venres, 7 de xullo, ás 20:00 no Auditorio, e será unha adaptación da ópera Os tres patacóns. Esta actuación correrá a cargo dos participantes no taller infantil, o grupo de coro, membros das seccións de corda e vento da Escola Municipal de Música de Burela, e do grupo de jazz.
No VIII Curso Interdisciplinar de Música participan arredor dun centenar de nen@s e xoves distribuídos nos diferentes talleres. No obradoiro infantil hai 30 nen@s...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados do Concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz García, e do Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey,presentaron este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a I edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e a II Carreira Nocturna Burela Bonita que se celebran durante os meses de xullo e agosto no municipio mariñán.O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de16.000 euros para a celebración de actividades culturais e deportivas durante todo o ano no Concello de Burela.
Rivera Capón destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta dúas iniciativas culturais e deportivas co obxectivo, por un lado, de impulsar e promocionar o traballo dos artistas locais da Mariña, e por outro, fomentar hábitos de...
leer másDo 17 ao 30 de xullo terá lugar o III Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que foi presentado esta mañá. O evento está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración de Concello burelés.
O torneo disputarase nas modalidades individual masculino e feminino e dobres masculino. A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 14. As persoas interesadas en participar poden anotarse en clubdetenispadelamarosa@outlook.com ou nos seguintes números de teléfono: 630 744 347 e 687 433 380. A cota en individual masculino será de 5 euros para os socios e de 10 euros para os non socios; en individual feminino 3 euros para socias e non socias; e en dobres masculino a cota será de 5 euros/parella socios e 10 euros/parella non socios.
... leer másXa están á venda desde o 1 de xullo as entradas para asistir ao concerto que Luar na Lubre ofrecerá o 25 de agosto en Burela. A actuación enmárcase dentro da programación deseñada pola Concellería de Cultura para a Feira do Libro.
O concerto 30 aniversario terá lugar ás 22 horas na Casa da Cultura.
As entradas poden adquirirse desde 10 euros na Biblioteca Municipal, na Vinoteca O Traste e tamén en ataquilla.com. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a mariñáns e visitantes “a ir comprando las entradas para que nadie se quede sin ver este concierto aniversario de Luar na Lubre en Burela. Es una de las novedades de la Feira do Libro y una de nuestras apuestas para este verano”.
Mark Taeger será o artista invitado ao I Certame Internacional de Pintura Mural que se celebrará en Burela entre os días 3 e 6 de agosto coincidindo coa Feira do Bonito. Este deseñador gráfico, nado en Suiza e afincado en Galicia, deixará a súa pegada no muro portuario burelés.
O concelleiro de Cultura en Burela, José Díaz, explicou que “se trata de un diseñador gráfico afincado en Bueu, aquí en Galicia, nacido en Suiza, que se llama Mark Taeger. Al principio la idea era que fuera el artista invitado Luis Davila, pero por temas de agenda laboral nos informó de que sería imposible para él, y él mismo nos echó una mano para buscar a otro artista invitado”.
Para o edil burelés “la idea de este certamen de pintura es que cada año haya la intervención de un artista invitado que le dé el carácter también de exhibición,...
leer másO Armarinho da Fátima, de Burela, pon en marcha este verán un taller de labores para nen@s, que se desenvolverá no local da propia mercería sita na rúa do Ril número 4, en horario de apertura da tenda.
Algunhas das labores que se poderán aprender son calceta, bordado, bolillos, vainicas, punto de cruz, etc… Os horarios serán adaptados e en pequenos grupos.
As persoas interesadas poden anotarse no Armarinho da Fátima ou no número de teléfono 659 737 312. O prazo de inscrición remata o día 30 de xuño.
A Fundación Expomar, que preside Alfredo Llano, organiza os días 4, 5 e 6 de agosto en Burela, a XVI edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos.
A feira abrirá as súas portas o venres 4 de agosto, ás 17:30 horas, con carácter totalmente gratuíto para @s visitantes. Como sempre coincide coa celebración da Festa degustación do Bonito do Norte, organizada pola AC Ledicia, que terá lugar o sábado 5 de agosto, na explanada portuaria.
Produart 17 informa a todas as empresas de produtos artesanais e ecolóxicos que estes días está coa campaña comercial de participación e captación de expositores/as. Calquera empresa relacionada cos sectores artesanais e ecolóxicos pode poñerse en contacto coa Fundación a través dos números de teléfono 982 586 232 e 610 574 188, ou no mail...
leer másAs delegacións de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova edición das Xeorutas que se desenvolverán durante os meses de xullo, agosto e setembro ata O Perdouro e ata A Marosa. A actividade, que tan boa acollida tivo o ano pasado, enmárcase dentro do proxecto Entre cantís, que financia o Grupo de Acción Local do sector pesqueiro A Mariña-Ortegal.
A ruta xeolóxica desde Burela ata O Perdouro terá lugar no mes de xullo, os días 2, 11 e 24; en agosto os días 8, 16 e 24; e en setembro os días 8 e 14. A distancia desta ruta son 3 quilómetros entre ida e volta, e ten unha dificultade media.
Segundo explican Ramiro Fernández Rey e Noelia Mª Ben “esta xeoruta permite descubrir o conxunto de pregues mellor conservado de toda Galicia, unhas estruturas xeolóxicas de máis de 300 millóns de anos de antigüidade. Tamén...
leer másA Concellería de Cultura ven de confirmar que o actor galego Sergio Pazos será o pregoeiro da vindeira edición da Feira do Bonito, que se celebrará en Burela o primeiro fin de semana de agosto.
O edil José Díaz explicou que “dentro de poco más de un mes vamos a tener una nueva edición de la Feria del Bonito, que todos ya conocen en A Mariña. La verdad es que son muchísimos años, con mucho trabajo, mucha gente visitándonos, muchas raciones de bonito vendidas. La parte gastronómica la organiza la asociación cultural Ledicia de aquí de Burela, y el Concello desde hace un par de años está colaborando todo lo que puede con ese objetivo de conseguir que sea por méritos propios además, creo que merecidísimo, una fiesta de interés nacional, no sólo autonómico”.
O concelleiro burelés subliñou que “no es un capricho, ya lo...
leer másA III Feira do Libro de Burela, que se celebrará dos días 25 ao 27 de agosto, terá como pregoeira á escritora Marica Campo. Esta ano a feira presenta como novidade a celebración dun concerto inaugural, que ofrecerá o grupo Luar na Lubre.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “la próxima Feria del Libro será ya la tercera. Era un evento que llevábamos en nuestro programa porque nos parecía casi lamentable que la única población importante de A Mariña que no tenía feria del libro fuera Burela. En 2015 hicimos la primera un poco contrarreloj, ya que acabábamos de llegar al equipo de gobierno, la segunda con más tiempo y más rodada, y la tercera ya queremos consolidarla”.
O edil socialista dixo que “mantenemos como fecha el último fin de semana de agosto que está libre de ferias del libro en A Mariña, será...
leer más