Burela
A Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal.
A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".
O programa de Nadal, organizado polo Concello, a Acia local e Ledicia, inclúe teatro e cine para @s nen@s e música para nen@s e adult@s. Foi presentado esta tarde no Concello polo alcalde,José María González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e por representantes da Acia local e de Ledicia. Entre os actos previstos destacan o concerto da Escola Municipal de Música o vindeiro xoves, 18 de decembro; o concerto didáctico con Uxía o día 19; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica de Burela, que será o 20 de decembro; ou a presentación da Xove Orquestra Municipal de Burela, previstas para o día 21.
A programación de Nadal inclúe cine infantil os días 29 de decembro e 2 e 7 de xaneiro e varios espectáculos para os máis pequenos da casa, ademais da cabalgata de Reis. E na...
leer más
A Concellería de Cultura inicia a súa programación deste Nadal 2014, organizando para o vindeiro sábado, 13 de decembro, un espectáculo de monicreques para público infantil e familiar. A Compañía Trécola será a encargada de representar, a partir das 17:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra Lolo e a Ratoa. A entrada será gratuíta ata completar aforo e a duración da actividade roldará os 50 minutos.
A Compañía Trécola é un dos grupos teatrais históricos galegos no ámbito dos espectáculos infantís e familiares. Comezou a súa andaina nos anos 80, partindo dunha formación inicial de actores que estudaban xuntos a mesma especialidade de monicreques no Instituto de Teatro de Barcelona. Actualmente, Trécola conta con máis de 35 montaxes, que foron estreadas nas últimas...
leer más
O Concello de Burela presentou hoxe unha nova actividade dirixida a mulleres, que se levará a cabo entre o 1 e o 10 de decembro. Trátase dunhas Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, e levaranse a cabo os días 1, 3, 5, 9 e 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula CEMIT na Casa da Xuventude. As interesadas poden facer as súas inscricións no Centro municipal de Información ás Mulleres.
Dende a Concellería de Igualdade recordan que “esta actividade formativa non só está dirixida ás veciñas do municipio, senón tamén a todas aquelas mulleres que proceden dos...
leer más
A Concellería de Cultura de Burela presenta este sábado, 29 de novembro, a obra A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco. O espectáculo está dirixido ao público infantil e familiar e consiste no relato da historia dunha viaxe mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova. Comezará ás 17:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura da vila e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. Dende a Concellería de Cultura de Burela informan que este acto consiste na representación dun espectáculo de arredor de 60 minutos, centrado na música en directo e no teatro para tódolos públicos. Nel intervirán Magín Blanco coma voz e guitarra, Jorge Juncal coma pianista e acordeonista, María Faltri ao baixo, Montse Piñón coma actriz encargada a dar vida á...
leer más