Burela
A concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, presentou hoxe as actividades organizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. A próxima semana haberá unha exposición, a iluminación da fachada da Casa do Concello de cor violeta, lectura de manifesto, unha charla e unha representación teatral.
A edil burelesa explicou que “o primeiro que faremos será iluminar de violeta a fachada da Casa do Concello. O luns, día 6, ás sete da tarde na Casa da Cultura será a inauguración da exposición dos traballos realizados por mulleres nos cursos de tempo libre. Esa mostra poderá visitarse ata o venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 18 a 20 horas polas tardes. O martes ás 12 do mediodía no auditorio da Casa da Cultura teremos unha mesa redonda con mulleres da Garda Civil, que nos relatarán a súa experiencia profesional. Esta...
leer másO Enterro da Sardiña en Burela será finalmente o vindeiro sábado, 25 de febreiro.
A concelleira de Festexos, Toñi Eijo, explicou que “despois de vernos na obriga de suspender o Enterro da Sardiña na xornada de onte, mércores, por mor do mal tempo, estivemos durante esta mañá analizando a previsión meteorolóxica e vendo qué data podía ser a mellor para poñer o remate ao Entroido de Burela. E pensamos que o vindeiro sábado, 25 de febreiro, sería o mellor momento. O tempo mellora pola tarde esa xornada e entón celebraremos o noso Enterro da Sardiña co formato e o percorrido que tiñamos previsto, con saída ás oito da tarde desde O Poeta e con remate no Penoural”.
A edil burelesa anima “a toda a veciñanza a acudir a esta cita e a acompañar á Sardiña”.
O venres 3 de marzo ás 19:30 horas terá lugar na Casa da Cultura a inauguración da exposición de Pinturas Mariñas do Paseo Marítimo de Burela, de Jesús San José Arranz.
A mostra poderá ser visitada ata o 24 de marzo en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 18:00 a 21:00 horas os sábados.
O Concello repartirá nos centros de ensino marca páxinas para celebrar o Día de Rosalía o 23 de febreiro. Esa xornada haberá tamén un obradoiro creativo e unha actuación de Arume.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “o 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha muller poetisa que marcou a cultura de Galicia desde que empezou a publicar as súas primeiras obras. É un día no que en case todos os concellos facemos algún tipo de homenaxe para recordar a súa figura. En Burela xa despregamos unha pancarta na fachada da Casa do Concello, onde se pode ver unha das súas poesías máis coñecidas e parte da súa biografía básica, para que ninguén esqueza nunca a figura desta gran escritora galega”.
O edil burelés explicou que “aparte diso queríamos facer algún acto ese día que escapara un pouco do habitual,...
leer másO 10 Marzo ás 21:00 horas será representado na Casa da Cultura de Burela "Tabú", o novo espectáculo de Tarabela Creativa protagonizado por Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher.
Unha peza que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos nas comarcas do Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.
Trátase dunha actividade con entrada gratuíta organizada pola Delegación de Muller e...
leer másFiesta Mágica, o musical dos grandes musicais, será representado na Casa da Cultura, de Burela, o 1 de Maio ás 18:00 horas.
Trátase dun divertido espectáculo musical baseado nun gran repertorio de cancións Disney cos mellores personaxes das películas.
Bela, Elsa, Ariel e Rapunzel organizan a súa primeira festa de pixamas na que o pasarán en grande lembrando historias, cantando e rindo. Pero na metade da súa noite especial Ariel márchase da festa tras recibir unha chamada. As súas amigas quedan preocupadas pensando en que quizá a súa amizade estea en perigo pero grazas á axuda de grandes personaxes como o xenio da lámpada, Aladdin e Jasmine, Campanilla, Vaiana, Olaf, Lumière, Coco, Mirabel e os demáis lograrán permanecer unidas e aprender o valor da amizade. Decorados, sorpresas e vestiarios con luces led...
leer másDo 17 ao 22 de febreiro desenvolverase a programación do Entroido de Burela 2023, que hoxe presentaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.
As actividades arrincan o día 17 coa festa xuvenil que terá lugar de 19 a 22 horas na praza de abastos con dj, chocolatada e filloas. O 18 de febreiro, tamén na praza de abastos, está programado un pintacaras e obradoiro de máscaras de Entroido. Será de 11 a 14 horas.
No mesmo escenario, é dicir na praza de abastos, haberá un obradoiro de cociña infantil o 20 de febreiro entre as 16:30 e as 19:30 horas. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse en Gaia nos seguintes teléfonos: 647 136 673 ou 982 580 867.
O 19 de febreiro, domingo, será o desfile de Entroido a partir das cinco da tarde desde a Rúa do Ril ata a Praza...
leer másXa están á venda as entradas para a ópera El Barbero de Sevilla, que chegará a Burela o vindeiro 2 de abril ás 19 horas.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “as entradas para gozar desta ópera de primeiro nivel no auditorio municipal de Burela xa se poden mercar en ataquilla.com”.
O edil burelés subliñaba o día da presentación deste evento que “El barbero de Sevilla é outra das grandes óperas, xa que está entre as oito mellores de todos os tempos, segundo os críticos musicais. É unha opera de Rossini que se considera bufa, en ton de comedia; das óperas bufas é a máis importante de todos os tempos sen ningunha dúbida. Estreouse en 1816 no teatro Argentina, de Roma, e a partir de aí representouse en innumerables ocasións en moitos teatros moi importantes de todo o mundo. É unha ópera accesible á maioría...
leer másBurela presentará a Feira do Bonito na vila gaditana de Tarifa. Será o 1 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor lembrou que “este ano fixemos a presentación en Fitur da Feira do Bonito, que é de interese turístico nacional, o que ten moita importancia para nosoutros e para iso se traballou durante moito tempo desde Ledicia, desde o Concello e todo o mundo, penso eu, do concello de Burela, porque a veciñanza sempre bota unha man para isto que nos representa e é unha referencia para todos nós”.
Llano explicou que “entón vimos facendo presentacións da Feira do Bonito en sitios singulares: xa fomos a Madrid, a Salamanca e o ano pasado a Montmeló. E en 2022 veu aquí o alcalde de Tarifa, que ten moito interese porque alí pescan o atún vermello, aquí capturamos o bonito do Norte e...
leer másA ópera de primeiro nivel volve á Mariña. Será o vindeiro 2 de abril cando os amantes deste xénero poderán gozar de El barbero de Sevilla no auditorio de Burela, segundo ven de anunciar o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés dixo que “desde a Concellería de Cultura de Burela queremos anunciar que por fin está confirmada a presenza aquí dunha ópera. Será o día 2 de abril, domingo, ás sete da tarde”.
Díaz subliñou que “a verdade é que custou moito esta vez poder convencelos para que actúen en Burela porque están limitándose a cidades grandes, con teatros de moito aforo, para cubrir gastos. Unha das razóns é que antes a ópera facíase con actores ucranianos ou de Moldavia e a orquestra tamén era destes países; e agora, cos problemas que todos coñecemos, xa non pode ser así e as orquestras están compostas...
leer más