Burela

Etiquetas:
08/04/2022

A Fundación Expomar organiza as Xornadas de Nutrición & Saúde Mental "Mens Sana in Corpore Sano", ás que asistirá a conselleira do Mar Rosa Quintana e que xirarán sobre a importancia do consumo de peixe e dunha boa alimentación para o coidado da saúde mental: “O peixe protexe a nosa saúde mental”.

A Fundación Expomar organiza entre o 28 de abril e o 12 de maio as xornadas de nutrición e saúde mental "Mens Sana in Corpore Sano", que consistirán en diferentes actividades, como unha charla informativa sobre nutrición, unha mesa redonda sobre a saúde mental na Mariña Lucense e diversas degustacións de peixe nos locais da Fundación Eu Son en Burela e na residencia da Asociación de Saúde Mental A Mariña en Cervo.

O xoves 28 de abril pola tarde terá lugar na Casa da Cultura de Burela a conferencia “Como alimentar o...

leer más
07/04/2022

O Concello de Burela organiza as Xeorutas de Semana Santa que se celebrarán os días 15 e 17 de abril.

O venres 15 de 10:30 a 13:30 horas terá lugar a Xeoruta do Perdouro. O domingo 17 de 16:30 a 19:30 horas desenvolverase  a Xeoruta da Marosa.

As saídas serán da Oficina de Turismo, no porto de Burela. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Burela, no teléfono 982 586 000, ou en rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es. 

 

Etiquetas:
06/04/2022

A SD Burela Burela anuncia que, despois de 2 anos sen celebrarse, do 24 ao 26 de xuño desenvolverase o torno de fútbol Marosa Cup, que chega á súa sexta edición.

Os organizadores explican: “moi contentos de retomar esta actividade, onde xa temos confirmada a participación de moitos clubs de Galicia e doutras comunidades. Que mellor maneira de pasar unha fin de semana que no entorno de A Marosa”.
 
Os días de celebración por categoría son os seguintes: o 24 de xuño, infantil e cadete; o 25 de xuño, benxamín e alevín; e o 26 de xuño, biberón e prebenxamín.

Etiquetas:
06/04/2022

Chega a Burela o 9 de abril a nova obra da Compañía Pedras de Cartón que nace na Coruña, mais cunha visión aberta ao exterior, coa intención de crear espectáculos de teatro clásico que podan chegar ao maior número  de públicos posible. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 18 horas na Casa da Cultura. O prezo das entradas será de 2,5 euros. 

A compañía conta para esta tarefa con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo teatro.

Co primeiro espectáculo, Lázaro de Tormes, conseguen unha Mención Especial do Xurado no 43º Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

Pedras de Cartón aposta por adaptar os clásicos a novas linguaxes e estéticas, que podan resultar...

leer más
Etiquetas:
04/04/2022

Este martes, 5 de abril, ás 19:00 horas terá lugar nas instalacións da Escola Municipal de Música de Burela unha audición de Clarinete.

É unha actividade aberta ao público, con entrada libre e gratuíta.

O pasado mes de febreiro xa se celebraron tamén audicións de frauta e de vento metal.

Etiquetas:
04/04/2022

A Oficina de Turismo de Burela permanece aberta ao público de martes a sábado.

Horario de primavera  (ata o 31 de maio):
Mañás: de 10:00 a 14:00hs
Tardes: de 16:00 a 18:00hs

Horario de verán (dende o 1 de xuño):
Mañás: de 11:00 a 14:00hs
Tardes: de 17:00 a 20:00hs

Domingo e luns pechada.

A Oficina de Turismo de Burela está situada na Explanada Portuaria, Porto Pesqueiro s/n (enfronte ás oficinas portuarias de Portos de Galicia).

Etiquetas:
03/04/2022

O 29 de abril a Casa da Cultura de Burela acollerá ás 21:00 horas a estrea de "Lara Hierro", un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial.

Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo. As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran. 

"Lara Hierro" é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración. 

Un espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falan son a danza, a palabra, a música e a...

leer más
Etiquetas:
30/03/2022

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta pola Fervenza do Belelle, en Neda, o 9 de abril.

A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.

As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 7 de abril en Gráficas Arfe ou nos números de teléfono 982 580 504 e 657 821 194. O prezo para os socios é de 25 euros e 30€ para os non socios. Inclúe o autobús, a comida e o seguro.

A ruta ten unha lonxitude de 8 quilómetros e un nivel de dificultade baixa. A organización recomenda levar bastón e calzado axeitado e haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes. 

 

Etiquetas:
29/03/2022

O vindeiro sábado, 2 de abril, ás 20:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela a obra teatral "As Alumnas". Culturactiva Producións chega a Burela con esta representación. 

Trátase dun espectáculo dirixido a público adulto sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. 

"As Alumnas" busca facer un exercicio de reapropiación da realidade colectiva e individual, que se...

leer más
Etiquetas:
24/03/2022

As festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño. A comisión organizadora comeza hoxe a pedir donativos polos negocios locais, segundo anunciou a concelleira de Festexos, Toñi Eijo. 

A edil burelesa explicou que “a comisión de festas vai saír á rúa a pedir donativos polo comercio e pola hostalería para as festas de Burela, que serán os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. Intentamos ter a colaboración máxima porque este ano non está a situación como cando fixéramos as últimas festas. Entón esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, pero tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo, aínda que sexan 2 euros, poida facelo; vennos todo xenial”.

Toñi Eijo dixo que “xa temos contratadas as orquestras, pero para o resto do programa contaremos co que se...

leer más