Burela
A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela presenta a Semana Europea da Mobilidade no municipio, que se celebrará do 16 ao 22 de setembro con máis de 30 actividades e propostas para todos os públicos da man do tecido asociativo burelés.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a concelleira delegada de Medio Ambiente, Toñi Eijo, anunciaron esta programación sumándose por 15º ano consecutivo á principal campaña de sensibilización impulsada pola Comisión Europea nesta materia, coordinada a nivel nacional polos Ministerios para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) e de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA). A iniciativa responde á promoción de cambios de comportamento na poboación en favor da mobilidade activa e outras alternativas de transporte limpas e sostibles.
Segundo afirmou a...
leer másO venres 30 de Setembro de 16:00 a 20:00 horas terá lugar na Praza da Mariña, de Burela, un obradoiro de debuxo urbano para mozos e mozas a partir de 12 anos. Será impartido por Kiko da Silva, director de O Garaxe Hermético - Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración.
Dez concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entre eles o de Burela, acollen esta actividade gratuíta de sensibilización ambiental.
Os interesados en participar deben anotarse chamando á Casa da Xuventude de Burela (teléfono 982.58.11.41). O prazo remata o 29 de setembro.
O domingo 25 de setembro ás 18:00 horas Caxoto Díaz Valle, de A Trastenda dos Contos, representará na Casa da Cultura de Burela "Coas mans na masa: contos de igualdade”, un espectáculo de 60 minutos de duración para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Os organizadores explican que “ao gran chef Caxoto sempre lle dixeron que cociñar era cousa de mulleres e desta volta quere propoñernos un menú elaborado por ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero”.
A entrada será libre.
O Concello de Burela abre o prazo o vindeiro 12 de setembro para o programa de envellecemento activo destinado a persoas empadroadas de máis de 60 anos. Integrado nas Escolas Deportivas, o curso comezará o luns 19 de setembro e finalizará o mércores 14 de decembro, dando continuidade ao realizado antes do verán polo seu éxito entre os veciños.
As persoas interesadas teñen de prazo máximo ata o 14 de setembro para presentar a ficha de inscrición na actividade, debendo entregala na Casa do Concello en horario de 8 a 15 horas. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade os usuarios e usuarias que xa participaron no primeiro ciclo do curso.
O programa porase en marcha dúas horas á semana organizadas en dous grupos de 20 persoas como máximo, impartindo as clases o técnico de...
leer másA delegación de Turismo do Concello de Burela informa de que continúan as visitas guiadas arredor do patrimonio mariñeiro da vila durante este mes de setembro e fai unha valoración moi positiva dos datos que deixaron os meses de xullo e agosto.
A aposta pola promoción turística nun dos portos máis importantes do Cantábrico e do país responde á necesidade de dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais ligados ao porto. A través destas visitas que tiveron un gran éxito ao longo de todo o verán ofrécese a posibilidade a moitos dos visitantes que chegan a Burela de mergullarse nas entrañas da zona portuaria e no seu funcionamento e actividade.
Tanto é así que nos meses de xullo e agosto a Oficina de Turismo ofreceu información a un total de 6.197 visitantes, incrementándose respecto ao ano...
leer másA delegación de Cultura do Concello de Burela anunciou esta mañá que as obras de remodelación que se están a facer na ponte sobre a rúa Eijo Garay incluirán unha cerámica serigrafiada con motivos relacionados co mar e co municipio.
Realizarase na zona central da obra unha composición con esta cerámica, lucindo nunha ponte “que xa precisaba unha mellora” por levar un tempo “presentando un aspecto bastante desolador”, segundo asegurou o edil de Cultura, Jose Díaz.
Foron moitos os trámites administrativos realizados para poder iniciar esta obra, principalmente o de “conseguir a aceptación de Adif, os propietarios da ponte, xa que consideraban que non estaba o suficientemente deteriorada para acometer ningún tipo de actuación, polo que foi o concello quen se fixo cargo”, explicou Díaz.
Unhas...
leer másDr Queen Official Group, considerada a mellor banda tributo a Queen do mundo, chegará desde Arxentina para actuar na Casa de Cultura de Burela o 8 de Outubro ás 21:30 horas dentro da súa xira por España e presentar o seu novo espectáculo "Freddie Mercury por sempre".
Trátase dun set list de máis de 25 cancións, todos os grandes éxitos de Queen e de Freddie Mercury como solista. Un show cheo de emoción para poder disfrutar en familia da música de Queen cunha posta en escena e vestimenta típica dos anos de ouro da banda británica.
A potente voz de Jorge Busetto no papel de Freddie Mercury estará acompañada por increíbles músicos interpretando cada un ao seu alter ego: Alvaro Navarro Kahn como Brian May, Andrés Field como Roger Taylor, Daniel Ronchetti como John Deacon e a colaboración especial de Giuliana...
leer másComo en anos anteriores ata o 15 do presente mes de setembro, está aberto o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música de Burela
Para formalizar a inscrición deberán acudir á Sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00-14:00, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola
Durante este curso, como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc.
Continuará aberta...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industria e Autónomos de Burela lanza a campaña de volta ao cole co sorteo de seis vales de compra cun importe de 50 euros cada un entre os compradores das tendas asociadas a ACIA Burela que acumulen máis de 10 euros nas súas compras.
A entidade empresarial quere promover e impulsar as compras das familias para o regreso á escola dos máis cativos e cativas nos establecementos de proximidade polo que premiará a fidelidade da clientela co sorteo de seis vales de compra por un importe de 50 euros cada un realizarase entre as compras de mínimo 10 euros realizadas entre o 30 de agosto e o 17 de setembro. Para participar no sorteo é preciso cubrir unhas papeletas que teñen á súa disposición nos establecementos participantes. O sorteo realizarase o vindeiro 21 de setembro e deseguido publicaranse os nomes dos...
leer másO Concello de Burela despide o verán cunha festa da auga que se prolongará desde este xoves 25 ata o domingo 28 de agosto. Catro días de xogos acuáticos para dicir adeus a este período estival que xa vai chegando ao seu fin.
Este ano haberá ademais un tobogán xigante, o “Kamikaze”, que conta cunhas dimensións de 11m de alto, 40m ao longo e 11m de ancho, un dos máis grandes de España.
Os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades o xoves 25 e venres 26 en horario de 16:30 a 20 horas, e o sábado 27 e domingo 28 de 11:30 a 14 horas pola mañá, e de 16:30 a 20 horas pola tarde.
Non obstante, a mañá do venres estará reservada exclusivamente para realizar a festa final das Escolas Deportivas e a Ocioteca de Verán, limitando o acceso só para participantes destas dúas actividades.
... leer más












