Burela

Etiquetas:
23/08/2022

O Rastro Popular Solidario promovido pola Delegación de Cultura do Concello de Burela contará este domingo 28 de agosto cunha novidade habilitando unha Mesa do Libro solidaria e de intercambio. 

A idea é a de realizar unha proposta aberta para que as persoas que teñan libros que xa non usen ou que simplemente queiran ceder ou compartir con afeccionados á lectura ou veciños que teñan un máis difícil acceso á compra de libros podan facerse con eles de xeito gratuíto. No caso de que queden algúns exemplares cando remate o Rastro, irán para a Biblioteca Municipal.

A mesa estará xestionada por persoal do Concello de Burela co obxectivo de que se depositen o maior número de libros para a promoción da lectura, o intercambio literario e a oportunidade de obter libros de balde, así como darlles unha segunda vida.

... leer más
18/08/2022

O club organiza estas xornadas de degustación de conservas da zona, que terá lugar no pavillón Monte Castelo de Burela, de 15:00 a 22:00 horas. Todos os interesados podedes asistir de balde, e terán a oportunidade de probar produtos da mellor calidade.

Ao mesmo tempo, estaranse celebrando os partidos de pretempada dos primeiros equipos. En primeiro lugar, o CD Burela FS feminino xogará un partidazo contra o Poio Pescamar FS ás 17:00. En segundo lugar, o CD Burela FS masculino poñerase a proba contra un rival de primeira división RFEF, o Noia Portus Apostoli FS, ás 19:15h. Ambos partidos celebraranse no pavillón Vista Alegre.

Desde o club animan “a que asistades a esta xornada e vaiades a Vista Alegre a apoiar ao voso equipo”.

 

Etiquetas:
17/08/2022
Queda aberta a campaña de socios para a tempada 2022/23 do CD Burela FS, para poder gozar do mellor fútbol sala do mundo en Vista Alegre. 
No Peto, No Peito
 
Ese carné que levarás no peto, ese que te identifica máis que o teu propio DNI, é o que latexa no peito como sentimento laranxa. A nosa verdadeira identidade. Faite socio do noso club e implícate nun proxecto que emociona!
 
Ao unirte o noso club non só poderás ver o mellor fútbol sala nacional masculino e feminino, senón que apoiarás o deporte da Mariña, a igualdade, a educación e o fomento de hábitos saudables entre a nosa poboación, especialmente entre os máis pequenos. 
 
Este ano existirán 5...
leer más
Etiquetas:
11/08/2022

A Delegación de Cultura do Concello de Burela informou esta mañá de que o vindeiro 23 de agosto haberá unha sesión de cinema na rúa coa proxección da película “Bella e o circo máxico”, dentro do ciclo promovido por Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Será ás 21:45 horas na Praza da Mariña, enfocada principalmente a un público familiar.

SINOPSE

Bella está a organizar un circo para o seu mellor amigo, Henry, xa que nunca antes estivo nun. Está moi emocionada e espera ser a atracción principal cun fantástico truco de maxia: fará desaparecer a Henry. 

Pero o mesmo día do circo, Johnny, un mozo molón, se muda á veciñanza. Ten unha idea espléndida para o espectáculo: quere facer un truco en bicicleta xunto con Henry. Henry está asombrado polo mozo novo, mentres que...

leer más
Etiquetas:
10/08/2022

A Concellería de Cultura organiza unha nova edición do rastrillo solidario popular o vindeiro 28 de agosto. Será na Praza da Mariña de 10 a 15 horas. 

As persoas interesadas en acudir cos seus postos a este mercadiño poden apuntarse chamando aos seguintes números de teléfono: 982 58 11 41 ou 608 15 81 70. 

Nestes rastrillos, que se celebran en Burela, póñense á venda artigos de segunda man como libros, discos, roupa, accesorios, decoración e artesanía. Todo a prezos populares.  

 

Etiquetas:
10/08/2022

A Asociación Deportiva de Sendeirismo de Burela Pasada das Cabras organiza o vindeiro sábado, 20 de agosto, unha ruta nocturna.

Esta ruta sairá as 22:00 horas dende a Praza da Mariña, en Burela, e chegará ata San Cibrao. Nesa vila tomarase un chocolate con churros en “O Noso Lar” para repoñer forzas. Desde a organización explican que “a volta xa será por libre, os que queiran voltarán andando e os que non lles apeteza xa serán previsores e deixarán un coche en San Cibrao para voltar”. O chocolate con churros será totalmente gratuito para os socios e terá un coste de 5 € para os non socios.

E engaden que “de todas formas tanto socios como non socios teñen que anotarse para poder reservar no restaurante. Poden facelo en Gráficas Arfe ou ben nos teléfonos: 982 580 504 e 657 821 194, este último con whatsapp por si a...

leer más
Etiquetas:
10/08/2022

A Delegación de Deportes do Concello de Burela anunciou esta mañá que se recuperan os torneos de fútbol 3x3 despois de dous anos nos que non se realizaron por mor da pandemia da Covid-19. Volverán a disputarse os partidos o martes 16 e mércores 17 de agosto, na Praza da Mariña a partir das oito da tarde.

Haberá catro categorías (sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16) e as inscricións deberanse realizar na Casa da Xuventude, en horario de 9 a 13 horas, ou ben chamando ao número de teléfono 982 581 141.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, presentou estes torneos de fútbol 3x3 xunto co alcalde e técnico de deportes, animando “a todos os interesados en participar de novo nunha iniciativa que puxemos en marcha hai sete anos e que agora recuperamos polo éxito das últimas edicións”, explicou o edil, engadindo que “son...

leer más
Etiquetas:
08/08/2022

O Concello de Burela entregou os premios do VI Certame Internacional de pintura mural Amarte, do que saíu vencedor o madrileño Paulino Borreguero. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o edil de Cultura, José Díaz, fixeron entrega do galardón, con 1.600 euros para o primeiro premio, ao mural titulado "El cazador cazado".

Oniel Rodríguez, de orixe cubano, fíxose co segundo premio, valorado en 800 euros, coa súa obra "Adiós para siempre", e o terceiro premio de 500 euros foi para o salmantino Jorge Aka Nego, por "El nudo y el marinero".

A entrega de premios á que asistiron distintas autoridades e representantes da Asociación Ledicia foi o colofón final desta Feira do Bonito que marcou un récord de asistencia e que estreou o título acadado no 2019 como Feira de Interese Trístico Nacional.

A...

leer más
Etiquetas:
05/08/2022

A Delegación de Deportes do Concello de Burela lembrou esta mañá que continúa o programa de Fit Dance para este verán, unha proposta á que poden acudir todas as persoas interesadas de xeito totalmente gratuíto.

As sesións realízanse na Praza do Concello todos os mércores de agosto a partir das 20:30 horas, e non é necesario inscribirse previamente. A actividade está impartida por Belinda Canoura, do ximnasio Hawk, que ensina con esta disciplina unha forma novidosa, divertida e sociable de facer exercicio, redundando positivamente na forma física, a saúde, a coordinación e a expresión corporal.

O edil de Deportes, Ramiro Fernández, anima desde o concello a participar desta actividade que “contribúe a manter a forma entre os veciños no período de vacacións, aprendendo unha forma divertida a través do baile a facer...

leer más
Etiquetas:
03/08/2022

Tralo éxito da súa última edición en agosto de 2019, esta fin de semana volve celebrarse en Burela a vixésima edición de PRODUART, a Feira dos produtos artesanais e ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar.

A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, xunto co presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, inaugurará este venres ás 17:30h na nave de redes do porto de Burela a primeira edición despois do parón obrigado pola pandemia.

Produart persiste como plataforma de exposición comercial-feiral para poñer en contacto a produtores, comerciantes e consumidores que apoien o desenvolvemento dos recursos dende a óptica da sustentabilidade e da conservación do medio. O evento pretende reflexar os valores da sustentabilidade dos nosos recursos pesqueiros, tradición...

leer más