Burela
A área de Mocidade da Deputación de Lugo colabora coa Asociación Fanto Fantini na organización do Festival Osa do Mar, que programa para este domingo, 16 de maio, os primeiros concertos dunha edición adaptada á situación sanitaria.
Tras a paréntese obrigada do ano pasado, a Asociación Cultural Fanto Fantini aposta por un formato novidoso, coas actuacións distrubuídas en dúas fins de semana: este domingo e os vindeiros 24 e 25 de setembro. O evento transládase a Casa da Cultura de Burela para facilitar o control das medidas de prevención fronte á Covid-19.
A deputada de Mocidade, Mónica Freire, e Miguel Cabo, membro da organización do evento, presentaron esta tarde en Burela o programa deste domingo, con concertos da cantautora Antía Muíño (20:00 horas), unha das voces máis singulares do panorama musical en galego...
leer másO Concello de Burela organiza unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro, que terá lugar o 28 de maio no salón de conferencias, antiga biblioteca.
A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “organizamos unha xornada formativa baixo o título Loita contra doenzas do castiñeiro, que será impartida polo Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós, en Ourense”.
A edil sinalou que “terá lugar no salón de conferencias, na antiga biblioteca. Para participar é preciso inscribirse e as persoas interesadas poden anotarse na oficina de Gaia, que está situada na praza de abastos, ou no teléfono 647 136 673. Haberá un aforo mínimo, que será necesario completar para que se celebre a actividade”.
Eijo engadiu que “esta xornada serán o vindeiro día 28 de maio, en horario de dez...
leer másA Concellería de Cultura organiza un rastrillo popular solidario que se celebrará o 30 de maio, na Praza da Mariña, en horario de dez da mañá e tres da tarde. As inscricións poden realizarse xa na Casa da Xuventude. A cita terá lugar na fin de semana na que se desenvolverían as festas patronais de Burela, pero que un ano máis discorrerán de xeito moi diferente ao habitual.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “celebraremos aquí en Burela, a través de la Delegación de Cultura, un rastrillo popular solidario. Sería el día 30 de mayo, domingo, en horario de diez de la mañana a tres de la tarde. Se hará en la Praza da Mariña. Para inscribirse habría que llamar a la Casa da Xuventude de Burela, al 982 58 11 41, o bien mandar un mail solicitando la inscripción y adjuntando un teléfono a ...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza un paseo fluvial polo río Landro, en Viveiro, o domingo 16 de maio.
A saída será, ás 10:00 horas, da Estación de Autobuses de Burela e o desprazamento realizarase en coches. Para participar non é necesario anotarse.
A organización informa que é unha ruta moi recomendada para os nenos e ten unha lonxitude de 7´79 quilómetros bordeando o río Landro, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
Haberá que respectar en todo momento as normas de seguridade vixentes.
As XXVIII Xornadas Técnicas e o XXII Encontro Empresarial de Expomar volverán celebrarse este ano de xeito telemático os vindeiros días 20 e 21 de maio.
A Fundación Expomar celebrará as súas Xornadas Técnicas na mañá do xoves 20 de maio baixo o título “2021: Odisea na Pesca”, nunha clara mención ás diferentes dificultades e desafíos que ten que afrontar o sector pesqueiro nesta época marcada pola pandemia da Covid-19.
A xornada, que será como sempre aberta ao público, terá lugar entre as 10:00h e as 13:30h a través dunha plataforma online e poderase acceder desde a web de www.expomar.com. Para asistir hai que rexistrarse previamente e a inscrición pode facerse xa desde a mesma web www.expomar.com/xornadas2021.
... leer másO 16 de maio ás 19:00h no auditorio da Casa da Cultura de Burela será o primeiro día do Osa do Mar 2021.
As entradas (10€ cos gastos de xestión incluidos) pódense mercar xa na web www.entradium.com
O 16 de maio terá lugar un especial #letrasgalegas co seguinte programa:
- 19:00h: Coloquio sobre o estado do Galego na música. Con Emilio López (Skornabois e Safari Orquestra), Manolo Maseda (Diplomáticos de Monte Alto), Nuno Pico (Grande Amore, Oh! Ayatollah e Skolhma) e Antía Muiño (cantautora).
- 20:00h: Antía Muíño
- 21:00h: Grande Amore
A delegación na Mariña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizará roteiros saudables os mércores en Burela.
Previr o cancro, xestionar o cansazo e gañar en saúde serán os obxectivos dunhas camiñadas que darán comezo o mércores 12 cun roteiro que partirá da Casa do Concello e terminará na área recreativa de O Cantiño. Dará comezo ás once da mañá e cubrirá un percorrido de 4,6 quilómetros.
A iniciativa é gratuíta e pódese obter máis información no teléfono 982 250 809 ou no correo electrónico lugo@aecc.es.
A Escola Municipal de Música de Burela organiza varios obradoiros que se levarán a cabo desde o 11 de maio ao 23 de xuño.
Xan Carballal, o director da Escola, explica que “están destinados a todos os rapaces dende seis anos, mozos e adultos que queiran aprender e lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música, respectando a normativa sanitaria en todo momento, e participarán dos obradoiros ofertados de balde”.
Carballal sinala que “comezarán o 11 de maio e rematarán o 23 de xuño, realizándose todas as xornadas nas instalacións da Escola de Música, sita na Rúa da Igrexa. Para inscribirse terán que cumprimentar a folla de inscrición que foi entregada nos centros educativos e enviala por whatsApp ou entregala presencialmente na Escola de Música antes do 10 de maio. Para calquera...
leer másO comité executivo da Fundación Expomar reuniuse para ultimar o programa das Xornadas Técnicas de Pesca e o Encontro Empresarial, que se van celebrar os días 20 e 21 de maio e que se titularán 2021 Odisea na pesca. Entre os poñentes estarán Alicia Villauriz, Emilia Gargallo e Javier Garat. A cita será clausurada pola conselleira de Pesca, Rosa Quintana. As xornadas serán telemáticas.
O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, explicou que “reunímonos o comité executivo da Fundación Expomar, onde ultimamos o programa e puxemos título ás Xornadas Técnicas deste ano 2021 que se van celebrar o 20 de maio. O día 21 será o Encontro Empresarial que sempre ten un interese especial porque aí fálase do que realmente preocupa ao sector. O título deste ano será 2021, Odisea na pesca. Preocupámonos de traer aos mellores para...
leer más