Carreira
A carreira San Silvestre deste sábado, 30 de decembro, está organizada polo Club Deportivo Egovarros e conta coa colaboración do Concello de Viveiro, así como da Deputación de Lugo e o Club Ciclista Viveiro.
“Dende o Concello de Viveiro apoiamos a celebración desta proba, unha forma deportiva de pechar o ano que fomenta a participación de todas as idades”, sinala o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez, que anima "á veciñanza a participar e a vestir prendas de Nadal na proba".
As inscricións serán gratuítas para a categoría de menores, mentres que para a categoría absoluta, a cota de inscrición será de 5 euros a pagar polo sistema bizum ao teléfono 650 930 940.
As inscricións tramitaranse realizando o pago e indicando os datos das persoas participantes ao e-mail a...
leer másO sábado 30 de decembro celebrarase a XXIV Carreira Popular Concello de Viveiro. Está organizada polo Club Deportivo Egovarros e conta coa colaboración do Concello de Viveiro, así como da Deputación de Lugo e do Club Ciclista Viveiro.
A saída será na Praza Maior de Viveiro a partir das 16:00 horas para as categorías de menores, subdividida en A, de 0 a 7 anos; B, de 8 a 10; e C, de 11 a 13, cuxos participantes recibirán todos unha medalla. A saída da proba absoluta será ás 17:00 horas, con premios para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres. Tras a proba, haberá sorteo de agasallos.
As inscricións son gratuítas para a categoría de menores, mentres que para a absoluta a cota é de 5 euros, a pagar polo sistema bizum ao teléfono 650.930.940. Tramitaranse realizando o pago e indicando os datos das...
leer másComeza o Circuíto +Kms Barreiros 2024 coa xa tradicional Carreira Solidaria de Reis, que se celebrará o día 7 de xaneiro, domingo, e este ano chega con novidades.
Aínda que a maior parte do percorrido se mantén, nesta edición farase no sentido contrario ás anteriores e a zona de saída e meta será nas inmediacións do Centro Sociocultural de San Cosme. Sen dúbida un novo reto para todas e todos, cunha carreira absoluta de 8 quilómetros que combina unha parte rápida de asfalto e un tramo do Camiño do Cantábrico cunhas vistas espectaculares.
Nesta edición a doazón solidaria, a prol da Asociación Saúde Mental A Mariña, será voluntaria e poderá seleccionarse no momento da inscrición.
Tamén chega con novidades a Andaina Solidaria de Reis, con novo percorrido e distancia: será de 9 quilómetros...
leer másO domingo 12 de novembro celebrarase a derradeira carreira do Circuíto +KmsBarreiros 2023: a quinta edición da proba Ao Son do Masma, na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos, que é a carreira máis rápida do circuíto. Son 5,6 quilómetros de asfalto na categoría absoluta, que decidirá os campións e campioas do Circuíto nas distintas categorías. Tamén haberá unha andaina, que será desde as 10:30 horas, mentres que a carreira dos menores empezará ás 11:00 e a absoluta comezará ás 12:00 do mediodía.
Está organizada polo Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao. E as inscricións fanse a través da web www.maiskmsbarreiros.gal.
O deputado Daniel García participou na presentación da II Carreira Popular Valadouro-Alfoz, que se celebra o vindeiro 4 de novembro e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través do Plan Único.
A proba, que organizan de forma rotatoria os dous municipios veciños, está aberta á participación de diferentes idades, con percorridos para a categoría absoluta (6,5 quilómetros), infantil e cadete (1,6 quilómetros), alevín (1,2 quilómetros), benxamín (600 metros) e pícaros (200 metros). Para a carreira absoluta, a saída será no Valadouro, fronte á Oficina de Turismo, e a meta no pavillón de Alfoz. As categorías inferiores correrán pola contorna do pavillón de Alfoz. A oferta completase cunha andaina popular.
No acto, no que participaron o concelleiro de Deportes do Valadouro, Eliseo Teijeiro, e o concelleiro...
leer másA I Carreira Popular Maruxaina terá lugar o 1 de novembro nas pistas de atletismo da Veiga, en Cervo
As pistas de atletismo da Veiga serán estreadas oficialmente o próximo 1 de novembro, coa I Carreira Popular Maruxaina, organizada polo Club Deportivo San Ciprián e polo Concello de Cervo.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Deportes, David Rodríguez, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación que xa recibiu o certificado de homologación que acredita que reúne as condicións regulamentarias para a práctica do atletismo e a homologación das marcas que nela obteñan os deportistas.
As persoas interesadas en participar xa se poden inscribir a través da ligazón https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2650/i-carreira-popular-maruxaina-..., nas...
leer másA sétima edición do Trail Monte Comado, de Barreiros, será o día 15 de outubro, domingo. Haberá dúas categorías: 12 quilómetros e 26 quilómetros. A saída e a meta estará na praza do Souto, en San Miguel de Reinante.
A inscrición realizase a través das páxinas web: http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, https://maiskmsbarreiros.gal/ e https://ccnorte.com/. O prazo estará aberto ata o 12 de outubro de 2023 ás 23:59 horas.
Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
Os interesados en participar poden...
leer másO Concello de Viveiro será este sábado, 9 de setembro, o escenario da XV Marcha ‘Minas da Silvarosa’, unha proba que partirá ás 17:00 horas da praza do Concello e rematará no museo das minas, no monte Pinido.
Na presentación da marcha interviron a alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, e Xosé Xesús Oca Ben, en representación da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa, entidade organizadora coa colaboración do concello.
Tanto María Loureiro como Miriam Bermúdez puxeron en valor “a importancia dunha marcha que combina deporte e natureza”, ademais da lembranza dunhas minas nas que chegaron a traballar 500 mineiros.
Os días 9 e 10 de setembro terá lugar no campo de fútbol de Celeiro a cuarta edición das Carreiras de Cabalos de Viveiro. Celebraranse campionatos de diferentes categorías e modalidades así como exhibicións ou mesmo unha feira de gando.
O evento dará comezo o sábado 9 ás 9 horas coa apertura do recinto e unha exposición de maquinaria. Ese mesmo día terán lugar a final do campionato galego de andadura individual e por equipos; a primeira pola mañá e a segunda pola tarde. Posteriormente, procederase á entrega de premios e medallas.
O domingo 10 a xornada comezará tamén ás 9 horas coa apertura do recinto e, neste caso, cunha feira de gando. Durante todo este día, terán lugar diferentes competicións de andadura e galope con premios que alcanzan os 400 euros na categoría de pura raza árabe nacional. O evento finalizará...
leer másCervo será o escenario da I Carreira Popular Sanci KM, o mércores 30 de setembro, a partir das 19:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento.
A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, e por unha representación das bases de esta entidade deportiva, que organiza o evento coa colaboración da Administración local.
Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 27 de agosto a través da ligazón https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/evento/2590/, e ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a...
leer más