Carreira
Mañá, venres, celébrase en Ribadeo a XXXI edición da San Silvestre. Son 525 os inscritos que se darán cita nesta carreira, que ven marcada polo protocolo covid. Os participantes correrán con máscara e desde o Concello pídese prudencia e recoméndase manter a distancia de seguridade á xente que acuda a ver a proba co obxectivo de evitar aglomeracións.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, dixo que “mañá realízase unha nova edición da San Silvestre, que será a 31. Nesta cita participarán uns 525 inscritos dentro das catro modalidades que todos os anos vimos facendo. O percorrido vai ser o habitual na carreira dos cinco quilómetros. Vai polas distintas rúas do casco urbano, chegando ao Cargadeiro e dando a volta para rematar diante do Concello”.
O edil sinalou que “é un ano que está moi marcado polo covid. Hai un...
leer másA asociación xuvenil Xoldra, coa colaboración do Concello de Mondoñedo, organiza a segunda edición da carreira Findano, que se celebrará o día 31 de decembro, venres, con saída da Praza do Concello ás 16:30 horas e nunha distancia de 4 quilómetros polas rúas do casco urbano mindoniense.
O prazo para inscribirse está aberto ata o 27 de decembro única e exclusivamente en galitiming.com. O prezo é de 7 euros e os beneficios irán destinados á Asociación Contra o Cancro.
A retirada de dorsais realizarase na Praza do Concello o mesmo día da carreira a partir das 15:30 horas, cunha zona acoutada para entrar e outra para saír. Tódolos participantes terán asignado un dorsal, que irá situado no peito e terá que ser visible durante a proba.
O Concello de Viveiro acolleu a presentación da Carreira San Silvestre 2021, que se celebrará o 31 de decembro, saíndo as 16:00 horas os nenos e as nenas e ás 17:00 horas os adultos dende a praza Maior.
A carreira está organizada polo Concello de Viveiro e o CD Egovarros. Na presentación estiveron a alcaldesa, María Loureiro, o concelleiro de Deportes, César Iglesias, e representantes do CD Egovarros e da Asociación Gadoupas.
A carreira de nenos consistirá nun percorrido arredor do casco histórico e, no caso dos adultos, terá unha duración aproximada de catro quilómetros e o percorrido será polo paseo marítimo (ida e volta).
É unha proba non competitiva, na que se deberán respectar todas as medidas e protocolos Covid-19, e será unha carreira solidaria coa Asociación Protectora de animais...
leer másA sétima edición da carreira ½ Km Vertical Monte Comado disputarase o día 16 de outubro, sábado, a partir das 16:30 horas.
Este evento deportivo está organizado pola ACD Praias de Comado e conta coa colaboración da Peña Barcelonista San Miguel o Concello de Barreiros e a Agrupación de Protección Civil de Barreiros.
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Sénior: Persoas nacidas dende 2006 a 1981, ambos anos incluídos.
-Veterana/o: Persoas nacidas en 1980 ou antes.
A saída será dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante) ás 16:30 horas. Haberá un camiño sinalizado para a volta ó lugar de saída. E a meta estará situada no cumio do Monte Comado, en Reinante (Barreiros). A distancia total é de 4.100 metros aproximadamente, salvando un desnivel de 490...
leer másO alcalde de Mondoñedo, Manuel Angel Otero, o xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia, Manolo Otero, e o concelleiro de Deportes, Manuel Tapia, presentaron unha nova edición da Carreira Mondoñedo Monumental, que se celebrará o 25 de setembro e que terá unha oferta deportiva para todas as idades e niveis.
Serán 5 competicións ao longo da tarde desde as 17:15 horas:
• 17:15 200m Cativos mixto (nados en 2014 e posteriores)
• 17:20 800m Sub10 mixto (nados en 2012 e 2013)
• 17:30 1600m Sub12 mixto (2010 e 2011)
• 17:40 2400m Sub14 y Sub16 mixto (2006 a 2009)
• Absoluta 5km (2005 e anteriores)
As persoas interesadas en participar dispoñen de toda a información en
www.ccnorte.com e na web oficial...
O Concello de Viveiro presentou a edición deste ano da CAMOVI - Carrera Montes de Viveiro. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, así como membros da organización e representantes das administracións colaboradoras e patrocinadores.
Esta edición cambia a súa data ao vindeiro 5 de setembro, en vez de celebrarse en primavera como é habitual. Ademais, este ano cúmprense 10 anos dende a primeira edición, polo que haberá unha exposición para conmemorar o décimo aniversario da proba durante o vindeiro fin de semana.
A proba conta con percorridos de 42, 21 e 10 quilómetros en función da categoría. Durante a competición seguiranse os protocolos COVID-19 pertinentes, co fin de realizar unha proba segura.
“A CAMOVI é xa unha institución deportiva en Viveiro,...
leer másO domingo 5 de setembro celebrarase a ruta ciclista Desafío do Ferro, que se desenvolverá nos municipios de A Pontenova e Riotorto en dúas distancias. Este evento deportivo, que sairá da Praza das Rodrigas, en Riotorto, ás 10:00 horas, é para bicicletas BTT e E-BIKE.
As inscricións fanse a través da web championchipnorte.com.
A ruta ciclista Desafío do Ferro esta organizada polo club Pretorianos e patrocinada polos concellos de Riotorto e A Pontenova.
A Asociación Cabaleiros do Landro, de Viveiro, organiza a segunda edición das carreiras de cabalos Cidade de Viveiro que se celebrará o día 19 de setembro no campo de fútbol de Celeiro.
O colectivo comunica que o programa está aberto a posibles cambios segundo a normativa covid do momento e proximamente presentará as actividades que se desenvolverán nesa xornada.
A Asociación Cabaleiros do Landro naceu en 2018 co obxectivo de ser un punto de encontro para os afeccionados ao mundo equino. A primeira edición desta proba celebrouse en 2019 coa participación dun centenar de cabalos e gran asistencia de público.
Colaboran na organización deste evento: Deputación de Lugo e Concello de Viveiro.
Foz acollerá o 15 de agosto, domingo, a décimo segunda edición da carreira popular Run Foz Run, para a cal xa está aberto o prazo de inscrición. O día anterior, sábado 14, haberá unha andaina, que empezará ás 20:00 horas.
O domingo 15 as carreiras comezarán ás 10:00 horas e haberá probas nas seguintes categorías: cadete, infantil, alevín, benxamín, pícaros e absoluta. Esta última esta programada para as 11:00 horas.
A organización explica que os participantes terán que portar un dorsal no peito en todo momento ben visible. Recomendan recollelo o sábado 14 en horario de 17 a 20 horas no CENIMA de Foz, situado na Travesía da Riveira, onde ademais estará a saída e a meta. Excepcionalmente os corredores poderán recoller o dorsal o día da proba na carpa da organización en horario de 08:30 a 09:30.
A Concellería de Deportes anunciou que xa está aberto o prazo de inscrición para participar na quinta edición da carreira nocturna Burela Bonita, que se celebrará o día 31 de xullo, cumprindo con todos os protocolos e normativas sanitarias vixentes nese momento. O único percorrido neste 2021 será de 5 quilómetros e o número máximo de participantes de 300.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, dixo que “desde a Delegación de Deportes queremos anunciar que este ano retomamos a carreira nocturna Burela Bonita. Imos facer a quinta edición, o ano pasado non se puido facer debido á pandemia, e imos activala co circuíto de 5 quilómetros e imos prescindir do percorrido de 10 quilómetros. Imos pouco a pouco retomando todas as actividades e entendemos que ao mellor non era moi prudente agora empezar coas dúas carreiras”.
... leer más