Casa da Cultura
A Escola Municipal de Teatro da Pontenova presentará na Casa da Cultura da localidade a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” o sábado 22 de xaneiro ás 21:00 horas.
Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.
A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación deste venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, que inclúe a lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024, e de Rosalía de Castro. Este acto será levado a escena por Trémola Teatro a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura.
De seguido no mesmo escenario será o momento do recital "Cantando as nosas letras" a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das letras galegas como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa...
Talía Teatro representa a obra “Morte accidental dun anarquista” este venres, 26 de abril, en Burela
A Casa da Cultura de Burela acollerá unha representación da obra teatral “Morte accidental dun anarquista”, do dramaturgo italiano Dario Fo. O espectáculo, a cargo de Talía Teatro e dirixido por Cándido Pazo, terá lugar este venres, día 26 de abril, ás 21:00 horas. Está dirixido a un público adulto. As entradas terán un prezo de 4 euros e poderán ser adquiridas na propia Casa da Cultura a partir das 20:00 horas do día da representación.
Toño Casais, Dani Trillo, Xurxo Barcala, Rubén Prieto, Artur Trillo, Diego Rey e Marta Ríos levan a escena esta peza de 1970 que nos sitúa en Italia nun momento de gran inestabilidade social. A obra “levaba tempo no noso ficheiro de posibles”, xa que “ben podería ser un retrato da actual situación do noso país”, sinalan dende Talía Teatro. “Trátase dun texto clásico cunha comicidade mordaz, absolutamente...
leer másA Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal.
A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre, animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".








