Casa da Cultura

21/10/2024

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá a mostra titulada “Sobre as nosas cabezas”, da fotógrafa e artista Cristina Castro. A súa inauguración terá lugar este venres, día 25 de outubro, ás 19:00 horas. A partir de aí poderase visitar a exposición de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas ata o 15 de novembro.

O Concello de Burela explica que nesta mostra “Cristina Castro amosa un percorrido que nace en 2005 en Guinea Bisau, conectando as imaxes de mulleres cargando sobre as súas cabezas nese país e en Galicia. A investigación sobre este fenómeno levou á artista a retratar para esta exposición a mulleres de Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana e India. O seu obxectivo é abordar temáticas como o non ao maltrato, non ao racismo, si á igualdade, si ao respecto á natureza, si á solidariedade, si ao...

leer más
Etiquetas:
08/10/2024

O Concello de Cervo anuncia: “este xoves, día 10 de outubro, temos unha cita importante con motivo do Día Mundial da Saúde Mental: a inauguración da mostra Conecta co mar. O mar é vida”.

O acto será na sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 11:30 horas.

08/10/2024

A Casa da Cultura de Burela albergará un espectáculo de Trécola Producións titulado “Historia dunha gaivota”.  Será ás 18:00 horas deste sábado, día 12 de outubro, con entrada de balde.

Dirixido a un público infantil e familiar, este espectáculo é “unha divertida reflexión sobre a cooperación e a amizade”, anuncia o Concello de Burela, que inclúe esta actividade no programa Ler Conta Moito, que ten como obxectivo promover a lectura.

02/10/2024

O narrador e músico Caxoto presentará o seu espectáculo titulado “Grandes éxitos: 2004-2024” este sábado, día 5 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

É unha actuación incluída na programación cultural do Concello de Burela, que organiza, dentro do programa Ler Conta Moito, diferentes actividades para promover a lectura. Todas elas son de balde e aptas para un público infantil e familiar e teñen lugar os sábados na Casa da Cultura de Burela.

01/10/2024

O Concello de Foz anuncia: “neste mes de outubro en Foz poderemos volver gozar do mellor cine galego, coa volta do Ciclo Mestre Mateo, por cuarto ano consecutivo”.

A concelleira de Xuventude, Zoraida Coira, explica que “os mércores e xoves a partir das 20 horas na Casa da Cultura proxectaremos os documentais, longametraxes e curtas seleccionadas como mellores neste ano 2024.  Ademais o domingo 13 ás 18:00 horas teremos unha longametraxe para todos os públicos”.

 

19/09/2024

O grupo de teatro Os Baluros, de Castro de Rei, actuará na Pontenova este sábado, día 21 de setembro.

Representará a obra titulada “Vaise pechar outra casa máis” ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

20/08/2024

Este xoves, día 22 de agosto, ás 21 horas na terraza da Casa da Cultura do Vicedo haberá o concerto "As Mulleres Creadoras", no que Silvia Penide e Carla López interpretarán música de artistas como Amaral, Ses, Guadi Galego, Patti Smith, etcétera. Esta actividade forma parte das actividades de animación á lectura de Ler Conta Moito.

O Concello do Vicedo tamén anuncia que “para rematar a semana sociocultural o venres ás 21 horas na Casa da Cultura terá lugar a entrega de premios e coloquio cos participantes no Concurso de Fotografía Turística O Vicedo; un pequeno acto onde se entregarán os premios e falaremos entre todos das fotografías presentadas”.

 

30/07/2024

O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 2 de agosto, será inaugurada a exposición de pintura titulada Espazos Habitados, de Blanca Dacal. O acto está previsto para as 19:00 horas na sala de mostras da Casa da Cultura, en San Ciprián.

Espazos Habitados é o título elixido para a exposición que “é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián. Son cadros que, resistindo a 15 mudanzas e reubicacións, mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos”.

 

19/06/2024

Este venres, día 21 de xuño, no auditorio da Casa da Cultura, en San Cibrao, actuará a aula de teatro do IES Marqués de Sargadelos, que representará a súa obra “Sent y Mentalia”. Haberá dúas sesións: ás 12:00 e ás 17:00 horas.

 

17/06/2024

O Concello de O Vicedo programa unha obra de teatro presentada polo grupo Aturuxeiros, de Bravos. Titúlase "Vaia co pronóstico" e será representada este sábado, 22 de xuño, ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo.