Cervo
Dende este venres, 1 de febreiro, e ata o domingo 3 celébranse as Festas da Candelaria en Rúa, Cervo.
O venres, día 1, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras La Bamba e Esencia.
O sábado 2 ás 13:00 horas oficiarase a misa solemne cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e sesión vermú coa orquestra Panamá. A partir das 22:00 horas, haberá verbena con Panamá e Disco Móvil Havana. Ademais terá lugar a actuación estelar de Pili Pampín.
O domingo 3 ás 13:30 horas será a misa cantada polo coro parroquial de Cervo, e a continuación a procesión e a sesión vermú co grupo Tribal. O recinto contará con carpa.
Organiza estes festexos a comisión de festas de Rúa coa colaboración do Concello de Cervo e a Comunidad de Montes Veciñais.
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos e a AC Airiños do Xunto anuncian que, un ano máis, organizan a V edición da Foliada de Cervo e a XIII Festa de Degustación da Carne de Porco, que se celebrarán na praza do Souto, en Cervo, o 11 de maio.
Ademais comunican que todo aquel grupo que desexe participar debe inscribirse en: https://goo.gl/forms/X4QCbp3ZgG8ia9F93.
A A.C.R. Fervenza de Sargadelos informará de todas as novidades do evento a través da súa páxina www.facebook.com/romeriadesargadelos ou da foliada.
Aquelas persoas que queiran poñer un posto de gastronomía, artesanía, cosmética, ecoloxía… no mercadiño poden contactar coa organización.
O Concello de Cervo conmemora o Día Mundial da Educación Ambiental coa difusión de microvídeos nas redes sociais municipais co obxectivo de contribuír a fomentar as boas prácticas entre a veciñanza.
O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medioambiente, Mali Méndez, presentaron a iniciativa esta mañá, coa Fervenza de Sargadelos como escenario de fondo.
As publicacións comezaranse a difundir mañá martes no twitter e no facebook do Concello, de tal xeito que se publicará un vídeo cada día, ata o sábado 26 de xaneiro, data na que se celebra a efeméride.
Os espazos estarán protagonizados por diferentes temáticas relacionadas co respecto ambiental como a compostaxe doméstica (a día de hoxe 200 familias do municipio dispoñen dun recipiente no seu fogar que distribúe o Concello de balde a...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.
As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para conmemorar ese...
leer másEn San Ciprián a saída da Cabalgata será ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao auditorio da Casa da Cultura. Alí os Reis recibirán a todos/as os/as nenos/as.
E en Cervo a saída da Cabalgata está prevista para as 19:30 horas. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao salón de actos do Concello. Alí recibirán a todos/as os/as nenos/as. A continuación, o grupo de teatro O Bordelo estreará a súa obra "Toluras de proveito".
A asociación cultural Fervenza de Sargadelos organiza, un ano máis, a Noiteboa Infantil no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto de Cervo, que se celebrará o próximo 24 de decembro.
As actividades comezarán ás 16:30 horas con xogos de madeira, educativos e orixinais, para toda a familia, que corren a cargo da xoguetería burelá Xogando nas Nubes.
Ás 18:30 horas, presentarase o espectáculo O Crebanoces, unha combinación de teatro actoral e monicreques, que irá da man da actriz Larraitz Urruzola. Ao remate da función haberá chocolatada para todas as persoas asistentes.
Ás 20:00 horas Papá Noel recibirá aos nenos e nenas, e realizarase o sorteo dunha cea para dúas persoas, unha cesta de cinco quilos de centolos nos locais O Caseto de Copa e O Almacén
Esta actividade conta...
leer másO Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Turismo, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo e Amigos da Troula-.
O deporte, da man do XI Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu, será o encargado de dar o pistoletazo de saída ao promama de Nadal. A cita será o sábado 22 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.
O domingo, 23 de decembro, será un día importante dentro do calendario de actividades que comezará ás 12:...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza diversas actividades navideñas que deron comezo este xoves, 6 de decembro, cun obradoiro para adornar o local social de cara ao Nadal.
O domingo 16 haberá unha recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.
O domingo 23 terá lugar a visita de Papá Nöel ao local da asociación a partires das 16:30 horas.
O luns 31 celebrarase unha xuntanza no local social para despedir o ano e brindar polo 2019. Será entre as 19:00 e as 20:30 horas.
A asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha representación teatral que terá lugar este xoves, 6 de decembro.
A función correrá a cargo do grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte, que porá en escena a obra Non casei con todos. Terá lugar no pavillón de San Román de Vilaestrofe ás 19:00 horas.
Colaboran a Comunidade de Montes de San Román e o Concello de Cervo.
A primeira, o belén de plastilina, terá lugar esta mesma fin de semana; mañá ás 12:00 horas na Casa da Cultura, en San Ciprián; e o domingo, na biblioteca de Cervo, á mesma hora.
Ademais, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nestas datas de lecer, a delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programou unha nova edición dos Enredos de Nadal que terá lugar o 24, 26, 27 e 31 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro; en Cervo e en San Ciprián. En horario de 11:00 a 12:30 horas para o alumnado de infantil e de 12:30 a 14:00 horas para o de primaria.
A este programa súmase o de Cervo Concilia no Nadal -en horario de 9:00 a 14:30 horas-; o 24, 26, 27 , 28 e 31 de decembro; e o 2, 3 e 4 de xaneiro.
Inscricións na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo,...
leer más