Cervo

Etiquetas:
01/12/2016
O Concello cervense promove a elaboración de beléns de plastilina por parte d@s nen@s en San Ciprián e Cervo.
 
A Delegación de Educación do Concello de Cervo promove a elaboración de beléns de plastilina por parte dos nenos e nenas do municipio. Faranse este sábado, día 3, na Casa da Cultura, en San Ciprián, e o domingo, día 4, na Casa do Concello de Cervo. Nos dous casos esta actividade levarase a cabo ás 12 do mediodía.
 
A concelleira de Educación, Dolores García Caramés, reuniuse con representantes das asociacións de nais e pais do colexio Cervo Nº 1, de San Ciprián, e do de Cervo, María José García González e Marcial Fernández Bellón, respectivamente, para que colaboren na promoción desta actividade informando ás familias das nenas e nenos sobre a súa celebración para que se animen a participar. Ademais as follas de inscrición para apuntarse nesta iniciativa foron repartidas nos dous centros...
leer más
26/11/2016
O Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos será escenario do 29 de novembro ao 20 de decembro dunha exposición sobre o caricaturista cervense José Mª Cao Luaces.
 
A sala de exposicións do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos acollerá desde o vindeiro martes, día 29, ata o 20 de decembro unha mostra sobre o caricaturista José María Cao Luaces, nacido en Cervo no ano 1862. O acto, que se celebrará ás 18 horas, contará cunha conferencia do debuxante e pintor Siro. Está organizado pola Xunta de Galicia e o Concello de Cervo.
 
A exposición, que leva por título José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina, xa estivo en Santiago, Pontevedra, Ourense, Vigo, Lugo, Melide e A Coruña. “Ten como principais obxectivos poñer en valor e dar a coñecer entre a cidadanía a obra e a figura deste destacado debuxante galego”, segundo explican os organizadores, que tamén destacan que “a mostra recupera a obra dun artista que contribuíu...
leer más
Etiquetas:
16/11/2016
O Concello de Cervo organiza o XVII Concurso de Postais de Nadal para alumn@s de infantil e de primaria do municipio.
 
O Concello de Cervo organiza a XVII edición do concurso de postais de Nadal, no que poden participar todos os escolares do municipio que cursen estudios de Infantil e Primaria.
 
Nas bases especifícase que “as obras terán como tema O Nadal, presentaranse nunha cartolina tamaño folio e deben enviarse sen asinar e acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono. Establecerase un premio para cada categoría, que son tres: de 3 a 5 anos de idade, de 6 a 9 anos e de 10 a 12. Os traballos presentaranse na Casa do Mar de San Ciprián ou no Concello de cervo e o prazo remata o día 25 deste mes. Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha, coa que o Concello felicitará o Nadal a outros concellos e institucións. Se das tres...
leer más
Etiquetas:
08/11/2016
 
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza un magosto para o sábado, 12 de novembro.
 
As actividades darán comezo ás 19:00 horas con teatro. O grupo O Batán presenta a obra "Igualdade Virtual" de Francisco Piñeiro e dirixida por Mª Paz Rodríguez.
 
De seguido haberá castañas e pancetada a prezos de 1 euro as castañas e 1´50 euros a panceta para os socios e 2´50 euros a panceta para os non socios. Este sábado estará exposta a cesta de Nadal para quen queira participar no sorteo a 3 euros cada firma. Un ano máis os veciños de Trasbar xogarán ao mesmo número na Lotaría de Nadal, o 42726.
 
Etiquetas:
27/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín. Terá lugar do 29 de outubro ao 1 de novembro.
 
O Concello de Cervo organiza unha programación infantil para celebrar o Samaín os días 29 e 31 de outubro e 1 de novembro.
 
Este sábado, 29 de outubro, ás catro da tarde haberá un taller de cociña infantil na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste mesmo lugar o luns 31 a partir das 18 horas celebrarase unha festa infantil. E o día 1 de novembro, martes, terá lugar na biblioteca de Cervo un taller de manualidades ás catro da tarde. Para participar nos talleres hai que apuntarse contactando co teléfono 691.65.66.00.
 
Ademais a asociación protectora de animais Coletiñas organiza unha festa de halloween  para recadar fondos mañá, venres, a partir das 23 horas na Casa do Mar, de San Ciprián. Neste evento colabora o Concello de Cervo.  
... leer más
Etiquetas:
26/10/2016
O Concello de Cervo convoca o X Concurso de Narración "Carta a un maltratador" con motivo do día para a eliminación da violencia de xénero.
 
O Concello de Cervo, a través da Delegación de Asuntos Sociais e Igualdade convoca a décima edición do concurso de narración Carta a un maltratador con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro. O certame foi presentado hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira Pilar Armada.
 
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Está destinado a maiores de 12 anos empadroados no Concello de Cervo e cada autor poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles dunha folla cos seus datos persoais. As cartas deben estar escritas en galego e poden presentarse nas oficinas do Concello de Cervo ou na Casa do Mar, de San Ciprián. O prazo para a...
leer más
Etiquetas:
16/10/2016
O 18 de outubro empeza o XXII Campionato de Tute Concello de Cervo. Dez son os equipos participantes neste torneo.
 
Este vindeiro martes, día 18, empeza a vixésimo segunda edición do campionato de tute Concello de Cervo. Foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o coordinador desta actividade, Félix Fernández.
 
O edil de Deportes anunciou que “un ano máis, e xa van 22 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo. É unha  actividade que se desenrolando nos locais hostaleiros e de asociacións do Concello de Cervo durante os últimos 22 anos. Participan un total de dez equipos, contando cada un deles con catro parellas máis os reservas, co que se achega a unhas cen persoas as que disputaran este consolidado torneo, que posiblemente sexa o máis antigo da provincia de Lugo e de Galicia e que se organiza ano tras ano”. 
... leer más
Etiquetas:
14/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha nova edición dos talleres de memoria, que comezarán o 24 de outubro. A inscrición estará aberta do 17 ao 21.
 
O Concello de Cervo organiza unha nova edición dos talleres de memoria dirixidos a persoas maiores de 60 anos. O prazo para inscribirse vai do vindeiro luns, día 17, ao 21 e comezan o 24 deste mes.
 
O alcalde, Alfonso Villares, anunciou hoxe que “desde o Concello de Cervo outro ano máis, imos seguir levando adiante os talleres de memoria que estamos a desenvolver no noso concello para os veciños das distintas parroquias. É unha actividade á que animamos a todas as persoas a sumarse porque eu creo que é importante por moitos sentidos. Por unha parte nestes talleres de memoria as persoas que acoden a eles poden repasar conceptos básicos de matemáticas, de lingua, de xeografía ou de sociais, que en certa maneira ás persoas que participan nestes cursos axúdalles a desenvolver todas as...
leer más
Etiquetas:
15/09/2016
Aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais do Concello de Cervo. A presentación oficial será o 21 de setembro.
 
O Concello de Cervo presentou hoxe a nova tempada e abriu o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o presente curso con 19 actividades diferentes, 16 para nenos e 3 para adultos, mantendo as cotas que estaban establecidas na tempada anterior. No acto estiveron os concelleiros Dolores García e José Ramón Soto.
 
O alcalde, Alfonso Villares, explicou que “desde hoxe poden facerse as inscricións para as diferentes actividades que se van levar a cabo nas Escolas Deportivas do Concello de Cervo. A presentación oficial da tempada 2016/2017 terá lugar o 21 deste mes de setembro no auditorio da Casa da Cultura ás 19:00 horas. Neste día resolveranse todas as dúbidas que poidan xurdir, así como as posibles modificacións en horarios,...
leer más
Etiquetas:
14/09/2016
Do 16 ao 18 de setembro celébrase a tradicional Romaría de Santa Eufemia no burgo de Trasbar, en Cervo. Haberá misas, procesión, alfombra floral e verbenas.
 
Xa moi preto dos días da festa, os veciños de Trasbar traballan esta semana nos preparativos para a alfombra floral. Estarán todas as tardes, de luns a mércores, a partir das 16.00 h, no local social cortando no verde e tinguindo o sal e o serrín para confeccionar a alfombra.
 
Dende o colectivo veciñal, agradecen toda a axuda relacionada coa confección da alfombra: dende voluntarios para cortar o verde, para debuxala, para facela, como as achegas de flores para que isto sexa posible. “Toda aquela xente que nos queira axudar, tanto nos preparativos como na elaboración da alfombra, será ben recibida, xa que é moito o traballo que hai que facer”.
 
Programa...
leer más