Cervo
O Concello de Cervo lembra a obriga de solicitar o permiso para as fogueiras da noite de San Xoán. O prazo para facelo remata o vindeiro 21 de xuño.
Deste xeito, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, sinalou que “é obrigatorio solicitar autorización para poder facer unha fogueira e para iso, unha das persoas da organización, maior de idade deberá facerse responsable da mesma, achegando datos de contacto, como o nome e o teléfono, así como o lugar exacto no que se vai facer o lume; para que en todo momento dende o Concello as poidamos ter localizadas para dar resposta inmediata no caso de que se produza algunha incidencia”.
As solicitudes deber presentarse na Casa do Concello ou na Casa da Cultura; e sen este permiso queda completamente prohibido facer lume.
Villares recordou que o...
leer másO Concello de Cervo abrirá este verán as piscinas de Río Cobo.
Así o anunciou hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado polo edil de Obras, a de medio ambiente, por algúns dos alcaldes pedáneos e técnicos municipais, estivo supervisando os traballos preparativos e de acondicionamento que se están a levar a cabo estas últimas semanas “para que a veciñanza poida facer uso destas instalacións, tanto das piscinas, como das pistas de squash, de fútbol sala, e de tenis que conforman o complexo; idóneas para poder desfrutar de momentos de ocio e lecer nestas datas que se aproximan”.
O rexedor recordou que o ano pasado tan só puidemos contar con cinco socorristas, o que nos impediu dar cobertura ás praias e a estas piscinas, polo que non puidemos abrilas ao público, pero nesta ocasión, a previsión é a de dispoñer...
leer másO Centro de Emprendemento do Conxunto Histórico de Sargadelos acollerá a súa primeira actividade o vindeiro sábado, 9 de xuño.
Trátase dunha xornada práctica que se vai desenvolver nas instalacións que foron adxudicadas semanas atrás á entidade Cabaliño de Pao. Espazo Natural, creada por un grupo de mozos amantes do mundo equino.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Emprego, Manuela Méndez, mantiveron un encontro cun dos responsables de Cabaliño de Pao, Raúl Fraga, coa directora de Aspanane, Elena Santos e cola Psicóloga desta entidade, Alicia Lage, para perfilar o evento.
En concreto neste recinto, que están rematando xa de adecuar para a realización de actividades de lecer con cabalos para toda clase de público e para a aplicación de distintas disciplinas de...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá o IV Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” o vindeiro sábado 26 de maio.
A cita foi presentada no propio escenario da competición, no Pavillón da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e unha representación das catro categorías de voleibol que hai no seo das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo: alevín mixto, cadete e xuvenil feminino e xuvenil masculino.
Ao longo de toda a xornada xogaranse 12 partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías anteriormente citadas, ata as 20:00 horas cando se prevé que sexa a entrega de trofeos e medallas.
No campionato participarán o EDM Cervo, o C.D. Aldebarán San Sadurniño e o C.V. Narón Volea.
Unha das disciplinas que...
leer másA cita foi presentada no escenario no que se vai desenvolver, o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, acompañados por Inés Cobas e Isabel Fernández, en representación da Asociación de Mulleres Rurais “As Espalladoras”, e de Alberto Casas, que repite na organización.
Segundo explicou Villares nesta nova edición de Gadélica "seguimos contando co apoio importante na colaboración e a organización das Espalladoras, que fan que este evento sexa posible; así como de varios veciños que, dun xeito totalmente altruísta, se entregan ao 100% para levar adiante este proxecto. Un evento no que a música e a natureza se fusionan ofrecendo unha faceta diferente e máxica desta paraxe, na que volveremos prestar especial atención á decoración e a ilumniación, de xeito...
leer másDeste xeito, a delegación de Medio Ambiente leva meses en contacto con investigadores do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, co fin de poñer en valor a importancia que tivo a canteiría no seu día en San Ciprián.
Froito dese traballo conxunto instaláronse diferentes fitos que referencian a pegada que queda do traballo dos canteiros no pobo; e é que en varias zonas de San Ciprián pódense observar os sinais que foron deixando co paso dos séculos en forma de frontes, bancos de traballo, trincheiras, cuñas e barreños, para extraer os sillares e mampostos cos que construír as edificacións tradicionais da vila.
Os primeiros en coñecer de primeira man este itinerario circular de pouco máis de dous quilómetros bautizado como a “Ribeira de Lieiro” foron os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 1º de Bacharelato do IES Marqués...
leer másO pavillón do CEIP Cervo nº1, de San Ciprián, acollerá o sábado 12 de maio, a partir das 17:00 horas, o IX Campionato de Galicia e o I Interautonómico de Nihón Taijitsu, disciplina de defensa persoal, que forma parte como modalidade asociada á Federación Galega de Kárate.
O evento foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, e por unha representación dos nenos e nenas que conforman a Escola de Artes Marciais de Cervo, de recente creación, e que xa supera a trintena de integrantes.
Neste campionato, ademais de coñecer aos campións de Galicia nas distintas modalidades e categorías, terá lugar a competición interautonómica entre as comunidades de Galicia e a de Castela e León. Na competición poderase ver a aplicación libre de técnicas de defensa persoal contra...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto con representantes de Airiños A.C. Airiños do Xunco e a A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, presentaron a XII Festa de exaltación da carne do porco e a IV Foliada que terá lugar na Praza do Souto, en Cervo, o vindeiro 12 de maio.
A cita musical e gastronómica está organizada por estes dous colectivos, coa colaboración do Concello de Cervo
A Festa comezará ás 12:00 horas, cun obradoiro infantil de pandeireta e canto, ás 13:00 horas será a quenda da sesión vermú amenizada polas Pandereiteiras Sen Fronteiros; xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un obradoiro de instrumentos de percusión con Xosé Lois Romeiro.
As actuacións musicais volverán coller o testigo ás 20:00 horas, coa actuación de diferentes...
leer másO Concello de Cervo vén de convocar o VIII Concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2018”.
Tal e como explicou a edil de medio ambiente, Manuela Méndez “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia, terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.
Deberanse presentar en formato dixital, en alta calidade, nun CD acompañado cunha ficha da autoría que se pode solicitar na Casa da Cultura, na Casa do Concello ou a través do correo electrónico: medioambiente@concellodecervo.com.
O prazo para presentar as imaxes remata o venres 18 de...
leer más