Concerto
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, presentou a actuación musical de Lucus Ensemble que terá lugar o vindeiro sábado 11, a partir das 19:00 horas, na Casa da Cultura do concello mariñán.O Goberno da Deputación fai posible a celebracióndesta actividade grazas a unha achega de 1.500 euros, co obxectivo de dinamizar a vida social e cultural deste municipio e da súa contorna.
García Porto subliñou que “nesta anualidade destinamos preto de 8.000 euros á organización de eventos lúdicos e culturais no Vicedo, entre os que se atopan o Xuvenlugo, xogos tradicionais na Festa dos Avós e Netos, e esta actuación de Lucus Ensemble que hoxe presentamos. Así mesmo, promovemos as prospeccións arqueolóxicas en Moutillóns e Coelleira. Todo isto co obxectivo de colaborar co Concello na posta en...
leer másTeatro, música e actividades para os máis pequenos conforman a programación da Concellaría de Cultura para o último trimestre deste ano. Farruco Graña anunciou hoxe na súa presentación que tamén se celebrará a I Feira Feminista de Outono, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.
O edil nacionalista salientou que “da programación infantil queremos destacar que toda ela se inclúe no programa Apego ao que se uniu o Concello de Ribadeo. Trátase do programa de difusión e dignificación da lingua galega, que este ano acaba de ser premiado pola Xunta de Galicia cos Premios da Cultura Galega. Integradas neste programa temos unha serie de actividades e Redrum Producciones vai achegarse ata Ribadeo para representar A nena que quería ver navegar. Paco Nogueiras con toda a súa marcha tamén se achegará ata Ribadeo coa súa Brinca vai. De...
leer másEste domingo, día 1 de outubro, ás 19:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo haberá un concerto da Banda Municipal de Betanzos, con entrada de balde. Está organizado pola asociación Amadores da Música coa colaboración do Concello ribadense. Por outra parte a Banda Municipal de Música de Ribadeo tamén actuará este domingo, día 1 de outubro, nas festas de San Miguel de Reinante.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou hoxe que “este domingo no Cine Teatro ás sete da tarde terá lugar un concerto da Banda Municipal de Música de Betanzos. Este concerto está enmarcado no intercambio que facemos con eles, xa que a Banda de Ribadeo acudiu hai uns anos a Betanzos a facer un concerto no festival de bandas desa vila. Debido a non posibilidade de acudir a Banda de Betanzos cando que temos aquí o festival de bandas decidimos trasladar o...
leer másA vindeira fin de semana a música clásica e o teatro serán os protagonistas da axenda cultural do Concello burelés para despedir o mes de setembro. O concelleiro José Díaz anima a asistir a estas dúas citas.
O edil socialista contou que “para este fin de semana tenemos bastante actividad, con dos eventos, uno el viernes y otro el sábado, ambos muy interesantes y me gustaría invitar desde aquí a todo el que pueda y que esté libre estas dos noches”.
Díaz explicou que “el viernes habrá un concierto, Las ocho estaciones de Vivaldi y Piazzolla, que se llama así porque son las cuatro estaciones de Vivaldi combinadas con las cuatro estaciones de Piazzolla. Las de Vivaldi son conocidas por todos y las de Piazzolla quizás un poquito menos, pero también tienen muchísima repercusión. Este grupo, que se llama Camerata...
leer másO grupo Camerata Nuestro Tiempo, formado por 11 músicos excepcionais da Orquestra Sinfónica de Galicia, traerá a Burela este venres, 29 de setembro a Vivaldi e a Piazzolla.
O concerto As 8 estacións renderá homenaxe a Antonio Vivaldi e a Astor Piazzolla no Auditorio Municipal. As entradas anticipadas están á venda por 8 euros na biblioteca. E o mesmo día do concerto poderán adquirirse na billeteira por 10 euros.
Desde a Concellería de Cultura animan a asistir a este espectáculo musical, que dará comezo ás 21 horas.
O X Macguiver Surf terá lugar nesta ocasión o vindeiro sábado 30 de setembro, na praia da Limosa.
A cita deportiva foi presentada no propio escenario da competición, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Xuventude, Dolores García Caramés, e varios membros do Club Limosa Surf, que se encarga da organización do evento, coa colaboración do Concello.
Os interesados en participar na proba deberán achegarse a primeira hora, a partir das 9 da mañá, á Praia da Limosa, para formalizar a inscrición.
Poderán competir nas modalidades de Surf masculino e feminino, BodyBoard e LongBoard, e haberá trofeos e premios (relacionados co surf e o Skate), para os catro primeiros clasificados de cada categoría.
A inscrición suporá un custe...
leer másCentro Comercial Histórico de Viveiro e o Concello de Viveiro organizan o Concerto Benéfico INTERNACIONAL solidario cas víctimas do xenocidio en West Papua.
Tratase dunha iniciativa que, partindo de Australia, pretende concienciar ó mundo sobre o que está ocurrindo en Papua Occidental, onde se está practicando un auténtico xenocidio á poboación indíxena.
Os días 6, 7 e 8 de outubro realizaranse concertos en varias sedes por todo o mundo (Sidney, Melbourne, New York, San Francisco, Londres…) e Viveiro tamén será unha grazas á mediación de Chris Masuak, membro del Hall of Fame da música Rock australiana. Serán concertos simultáneos que se anunciarán de forma común para tódalas sedes en diversos medios de comunicación por todo o mundo e nunha única páxina web (www....
leer másO grupo Medina Azahara actuará o sábado 21 de outubro na Praza da Catedral de Mondoñedo dentro da programación das Feiras e Festas das San Lucas 2017, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 22 de outubro. A partir das 23:00 horas, o mítico grupo, mundialmente coñecido e que levou o seu rock andaluz a diferentes sitios do mundo; traerá ata a localidade mindoniense o seu último álbum de estudio, Paraíso Prohibido.
Deste xeito, o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, avanza novo contido do programa das Festas e Feiras das San Lucas para esta anualidade. Neste senso, Souto engadiu que ademais da man de Medina Azahara, a música chegará ata a localidade a través das mellores orquestras de Galicia. No Campo da Alameda da cidade; o día 17, actuarán Panorama e Grupo Beatriz; o 18, Palladium e Satélites; o 19, New York e Miramar;...
leer másO Casino de Mondoñedo acolle este sábado, 16 de setembro, un concerto a cargo de Vapor da arte.
Este grupo, creado no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro hai pouco máis de catro anos, ofrecerá un repertorio composto de grandes éxitos das décadas dos 70 e os 80 co que percorrerá diversos estilos que van dende o jazz ata o rock pasando pola bossa nova, o funk, o bolero e o pop.
O concerto dará comezo ás 20:00 horas e o prezo da entrada para os non soci@s é 3 de euros.
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este venres, 25 de agosto, o seu concerto de música de cine que estará dedicado fundamentalmente a películas infantís. Este concerto será ás 22:00 horas no parque de San Francisco. Ademais na Casa do Mar continúa a exposición do 25 aniversario da Banda que se clausurará o sábado 26 de agosto.
O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue cos seus concertos agora na época de verán e este venres, 25 de agosto, ás dez da noite no parque de San Francisco, fará o concerto, que vai xa pola cuarta edición, de música de cine”.
David Ballester explica que “este ano o concerto de música de cine vai estar dedicado á familia. Vai ser unha actuación na que as obras que se interpretarán, coa proxección de imaxes das películas,...
leer más












