Concerto
19/05/2016
O vindeiro 28 de maio Alex Ubago ofrecerá un concerto acústico en Ribadeo. Alex Ubago é na actualidade un dos máis recoñecidos artistas especialmente en Latinoamérica, e ven de realizar dúas importantes colaboracións coa mexicana Maite Perroni e a italiana Laura Pausini. O último dos seus oito álbumes, Mentiras Sinceras, foi editado no 2013 e presentado ademais de en Latinoamérica en Estado Unidos nun tour no que ten realizado xa máis de sesenta concertos.
Na súa carreira conta con diversos galardóns como Premios de la Música, Discos de Oro e Platino e varias nominacións aos Latin Grammy.
O concerto que Alex Ubago ofrecerá en Ribadeo terá lugar no...
leer más 12/05/2016
O auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, venres, un concerto de Clave de Fado. Será a partir das 21 horas. Está organizado pola Concellería de Cultura, en colaboración coa Xunta, a Rede de Teatros e Auditorios e Agadic.
Clave de Fado, fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña, naceu a finais do 2009 como grupo de versións. O proxecto, deseñado pola súa vocalista, Iria Estévez, estaba orientado orixinalmente, á creación de versións de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, aportando unha visión nova sobre a música portuguesa por excelencia, o Fado.
O proxecto foi medrando, incluíndo outros estilos musicais, ampliando...
leer más 10/05/2016
Os 4 Concertos da Fraternidade, que foron presentados hai uns días en Xove, xa están en marcha e tiveron unha cita importante, xa que unha boa parte dos participantes, non todos, xuntáronse no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove para un ensaio do que vai constituír o primeiro concerto, que se vai desenvolver en Xove este venres, 13 de maio, ás 20:30 horas.
As 4 agrupacións que participan (Conservatorio de Viveiro e Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo) xa están a realizar ensaios parciais do programa, cada unha na súa sede, ensaios que van continuar os vindeiros días ata a realización do primeiro concerto.
Ademais do concerto...
leer más 09/05/2016
O luns, 16 de maio, terá lugar en Viveiro un concerto de música de autores galegos seguindo coa programación do Concello con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.
Este concerto, que correrá a cargo dun Ensemble da Banda Municipal O Landro de Viveiro, comezará ás 21:00 horas e terá lugar no multiusos do Concello.
Os actos continuarán o día 17 coa actuación do grupo Sons de Celeiro e a Coral Alborada de Viveiro. Ésta principiará ás 12:00 horas e terá lugar na praza da Fontenova.
06/05/2016
As festas patronais contarán no seu programa co concerto do grupo xuvenil De Vacas o día 22 de maio ás 21:30 horas no Auditorio con entrada gratuíta. Ademais na noite do 29 haberá unha observación astrolóxica ás 23:00 horas na praza do Concello.
O concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, manifesta que “queremos desde la comisión de fiestas de Burela 2016 adelantar una actuación musical que va a haber bastante importante y que creemos que va a gustar mucho, para el domingo 22 de maio. Este año empezarán las fiestas el día 21, sábado, y al día siguiente en el Auditorio, tendremos la actuación de un grupo gallego que está muy de moda que lo hace muy bien y se llama De Vacas. Son tres chicas jovencitas que hacen versión gallega de...
leer más 04/05/2016
O músico compostelán Xosé Constenla inicia unha xira de primavera que o levará ao longo do mes de maio a oito concellos galegos. AsÍ, o último disco do artista, Virada por Avante, chegará por vez primeira a seis deles, tralas presentacións xa realizadas en Ourense e en Santiago.
6 de maio: Ourense. Concerto no Café Auriense. Ás 22:00 horas. Entrada: 8 euros. Neste concerto participarán tamén artistas coma Carlos Blanco, Uxía, Roberto Sobrado e O Leo, entre outros.
7 de maio: Lugo. Concerto – sesión vermú (13:00 horas) que se celebrará en formato acústico dentro da xornada Cultura Ciclostil. Será de balde no Lar da Cultura do País.
...
leer más 02/05/2016
O Concello de Foz organiza o IV Festival Voces Xóvenes A cappella, que se desenvolverá durante este mes de maio e a primeira fin de semana de xuño. Este evento, organizado pola Concellería de Cultura, terá como escenario a Sala Bahía.
O programa comezará este venres, día 6 de maio, coa actuación de Voces Blancas, do Conservatorio de Música de Nalón, ás 20:00 horas. Este grupo formado no 2011 está integrado por 22 mozas con idades entre 12 e 17 anos. O pasado ano recibiron o terceiro premio do XXI Certame Xuvenil de Habaneiras de Torrevieja e o segundo do LXII Youth European Music Festival en Neerpelt (Bélxica).
O xoves día 12 de maio actuará a Aula...
leer más 30/04/2016
A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programou diversas actividades para o vindeiro mes de maio entre as que destacan as dedicadas a celebrar o Día das Letras Galegas, especialmente o concerto que ofrecerá o músico, compositor e cantante Roi Casal, no que interpretará temas con letras de Manuel María. Será o 20 de maio, venres, ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura, de San Ciprián.
Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, quen tamén salientou que “todos os días de maio ata o 17 publicaremos na páxina de facebook do Concello contidos referentes ás Letras Galegas e ao escritor ao que se dedica esta conmemoración este ano, Manuel María”.
26/04/2016
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 7 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.
O director da formación, David Ballester, anunciou hoxe que nesta actuación “a temática vai ser toda sobre música e compositores galegos e interpretaremos diferentes tipos de pezas, como xotas, muiñeiras, alboradas, pasodobres, … Quero invitar a toda a xente que estea ese fin de semana en Ribadeo a que se achegue a gozar da música galega interpretada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que tocará dúas das obras dese concerto por primeira vez”.
Asemblea extraordinaria de Amadores da Música...
leer más 23/04/2016
Este domingo, día 24 de abril, ás 20.00 horas, o quinteto Zoar presentará no auditorio “Pascual Veiga” o seu novo disco. O traballo, cuxos arranxos estiveron a cargo de Juan Durán, leva por título “No vento”. No acto os integrantes do quinteto Zoar interpretarán algunhas das obras que forman parte deste traballo.
O disco inclúe un variado repertorio que vai dende Martín Codax (en cuxos premios o quinteto é finalista) ata música do grupo Milladoiro.
O quinteto Zoar fórmano Joan Ibáñez (flauta), David Vila (oboe), Antonio Suárez (clarinete), Benxamín Igrexas (trompa) e Álex Salgueiro (fagot). Iniciou o seu andadura en 2009, actuaron nos principais...
leer más