Concerto
16/12/2015
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebra o 27 de decembro, domingo, unha das citas tradicionais do seu calendario, o concerto Aquí como en Viena, que terá lugar un ano máis no Cine Teatro ás 20:00 horas. Esta actuación vai dedicada especialmente aos socios de Amadores da Música, aínda que a entrada é libre e gratuíta para o público en xeral.
O director da banda ribadense, David Ballester, explicou “separaremos o concerto en dúas partes, unha o Aquí e outra o Viena. O Aquí será de temas que toda a xente poderá recoñecer seguramente e que ademais son bastante alegres e movidos. Logo xa nos trasladaremos a Viena para interpretar todas estas polkas e bailes que comunmente se interpretan en Viena. Podería haber tamén algunha sorpresiña por aí polo medio e cara o final”,...
leer más 09/12/2015
A agrupación Cebolas Verdes Big Band dará este sábado, 12 de decembro, un concerto no Salón dos Espellos do Casino de Mondoñedo. O espectáculo dará comezo ás 23 horas e a entrada é de 5 euros para non socios. Os socios entrarán gratis.
01/12/2015
A I Semana de Jazz celebrarase en Burela entre o 5 e o 13 de decembro con numerosas actividades arredor do jazz, dende o concerto de músicos importantes da escena actual, como Andrea Motis & Joan Chamorro Quintet ata unha master class con Christos Rafaelides. Así o anunciou o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil socialista contou que “este sábado, 5 de diciembre, a las 20:30 horas tenemos programada en el Auditorio de Burela una actuación de un grupo importante, muy conocido, sobre todo en el mundo del jazz, a nivel nacional, europeo y mundial, porque es una estrella joven, pero con muchísimo talento y futuro, que es Andrea Motis y su banda, Joan Chamorro Quintet”.
Segundo explicou o concelleiro burelés: “decidimos englobar...
leer más 23/11/2015
A Banda de Música Municipal de Ribadeo conmemorou a festividade de Santa Cilla cunha actuación que tivo lugar no Teatro ribadense o pasado sábado. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016 e no que actuarán os músicos que conforman actualmente a banda e outros que formaron parte dela en épocas pasadas.
No concerto do pasado sábado, dirixido por David Ballester, tocaron como solistas dous músicos da banda: o saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E debutaron os irmáns Isaac e Nicolau Pazos Pérez, oboísta e saxo alto respectivamente. Ademais destes dous recibiron os diplomas que acreditan a súa incorporación oficial á banda de Ribadeo outros 11 músicos que entraron ou regresaron á formación nos...
leer más 17/11/2015
A banda de música municipal de Ribadeo conmemorará a festividade de Santa Cilla cun concerto que terá lugar no Teatro ribadense este sábado, día 21. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016.
Sobre o concerto deste sábado, o director da banda de Ribadeo, David Ballester, explicou que “nesta edición, como levamos facendo xa hai uns cantos anos, tocarán de solistas músicos da banda, que nesta ocasión serán saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E outra parte do concerto estará dedicada plenamente a obras dun compositor holandés, Jacob de Haan. Aproveitando a data de San Cilla debutarán coa banda dous músicos máis: o oboísta Isaac Pazos Pérez e o seu irmán, o saxo alto Nicolau”. Ademais destes dous...
leer más 17/11/2015
A Banda Municipal de Música de Viveiro celebra este sábado, 21 de novembro, o seu tradicional concerto de Santa Icía no Teatro Pastor Díaz da cidade de Landro.
A cita comeza ás 21 horas e consta de dúas partes. Na primeira executaranse as obras Alpine Fanfare, de Franco Cesarini, The Witch and the Saint, de Steven Reineke e Buffalo Dances, de Robert W. Smith. A segunda parte consistirá nun concerto de Xóvenes Solistas, no que interveñen Nerea Fernández, Raúl Vidal, Adan Gómez, Bruno Ramil, José Maseda, José Carlos Díaz e Gabriel Fernández. Interpretarán obras de André Waigneim, Rob Ares, Harm Evers ou Richard Comello, entre outros.
16/11/2015
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 18 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde S. Joplin ou E. Garner ata Bach ou Purcell. Agrupacións de vento, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 19 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán 300 alumnas e alumnos aproximadamente.
27/10/2015
Os temas musicais do libro-cd Brinca Vai!, de Paco Nogueiras, amenizarán o Samaín dos máis pequenos o vindeiro sábado, 31 de outubro, a partir das seis e media da tarde no Cine Teatro, nunha cita que organiza a asociación Amigos da Gaita coa colaboración da Sociedade Filantrópica e do Concello de Ribadeo. O prezo das entradas é de dous euros. As familias interesadas en participar xa poden reservar as súas entradas no seguinte número de teléfono: 663 86 46 81.
Brinca Vai! é un libro-cd editado por Kalandraka, con cancións compostas polo propio Nogueiras e ilustracións de David Pintor. Ao longo de 12 cancións, unha para cada mes do ano, Nogueiras toca un amplo abano de estilos musicais, como o techno, o rock, o folk, o reggae ou a música electrónico. O tempo do Samaín e do magosto están moi presentes entre as cancións de Brinca Vai!...
leer más 22/10/2015
O 24 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Hernán Naval e cunha entrada de 3 euros, a prestixiosa pianista arxentina Dora de Marinis ofrecerá un novo concerto no ciclo Músicas posíbeis. A artista, que está de xira por Europa, trae un repertorio con Chopin e Beethoven na primeira parte e cos compositores arxentinos Julián Aguirre e Alberto Ginastera na segunda.
A dilatada carreira artística de Dora de Marinis inclúe tanto os seus concertos como solista e música de cámara como un amplo traballo pedagóxico e de recuperación do legado de compositores arxentinos esquecidos. Dun xeito autodidacta, as súas investigacións convértena nunha das maiores expertas en música latinoamericana do continente.
15/10/2015
Caxade, o proxecto persoal do músico Alonso Caxade, ten unha cita co público de Ribadeo este domingo, 18 de outubro, no Teatro. A entrada é libre. O recital enmárcase no ciclo Músicas Posíbeis.
Caxade é un proxecto de indie-folk cun arrecendo a música minimalista e sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, aderezada con surrealismo post-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. O seu primeiro disco, “A Dança das Moscas”, vendeu 1500 copias. Unha xira de presentación de mais de 90 concertos e o bo acollemento do público e da crítica fan que Caxade sexa xa un referente da nova música galega. A súa música mereceu o Premio Opinión Ao Mellor Artista e foi gañadora do Certame Música Xove. Ademais, foi nominado aos Premios...
leer más