Concerto
26/05/2015
Este sábado, día 30, ás 20:30 horas no Cine Teatro de Ribadeo terá lugar o Concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal de Ribadeo.
O director da Banda, David Ballester, explicou que “vai ser todo o repertorio baseado en música tradicional galega e en obras compostas por galegos. Tocaremos obras que están creadas expresamente para banda así como outras que están compostas para orquestra e arranxadas para banda”.
David Ballester destacou que “neste concerto volvemos ter a sorte de poder incorporar 3 novos músicos, dúas rapazas coa frauta, Paula e Eva, e un compoñente máis de clarinete, Alberto, que tamén se nos uniu estas semanas. Entón pouquiño a pouco a banda vai medrando e vamos formando un grupo máis amplo. Invito a...
leer más 06/05/2015
O vindeiro domingo, 10 de maio, o grupo Nova Poesía ofrecerá un concerto de música tradicional e clásica de autores galegos para piano, canto e rapsodia. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 19 horas.
O acto, denominado A música e a poesía galegas nas nosas letras, está organizado pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil de Barreiros.
Nova Poesía está composto por músicos de profesión e vocación que viven mergullados na música. Piano: Julia Dopico; Rapsoda: José Luis Mera; e Mezosoprano: Mª José Ladra.
01/05/2015
El sábado, 2 de mayo, tendrá lugar en Barreiros el III Festival de Habaneras, que organiza la Coral Polifónica barreirense. Dará comienzo a las 20 horas en el centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme.
Acompañan a la Coral anfitriona: la Coral Polifónica de San Félix de Lugones y el Coro Astur de Oviedo. Además de habaneras los asistentes escucharán otros géneros “que harán las delicias del público”. Al final del concierto se sorteará un fin de semana en un balneario.
23/04/2015
O vindeiro venres, 24 de abril, ás 20:30 horas., con motivo da celebración do día internacional do libro ( 23 de Abril), a Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza un concerto co grupo de corda do Conservatorio de Música de Viveiro no salón de actos da Casa da Cultura. "A entrada é totalmente gratis e están convidados todos os veciños e visitantes do Concello de O Valadouro a un acto no que o grupo de corda nos vai a deleitar con numerosos temas musicais actuais e de antano. Agardámosovos", sinalan desde a organización.
16/04/2015
Sés ofrecerá un concerto este sábado, 18 de abril, no Auditorio Municipal Hernán Naval a partir das 20:30 horas.
Sés presentará o seu terceiro disco “Tronzar os valos”, no que a cantora suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina.
As entradas levan uns días á venda no Recuncho e no Amodiño e tamén en info@dezetapro.com ao prezo de 12 euros. Na billeteira o seu prezo será de 15 euros.
As porta do Auditorio abriranse ás oito da tarde.
O concerto enmárcase dentro da programación cultural do Concello de Ribadeo para o segundo trimestre deste 2015.
15/04/2015
O músico coruñés José Carballido actuará no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o día 25 de abril, sábado ás 21:00 horas. Ofrecerá o seu espectáculo Khitara e o prezo da entrada é de 5 euros.
José Carballido presentou Khitara recentemente en Lalín e na Coruña, concretamente no Teatro Colón. Trátase dun espectáculo musical no que se presentan versións de grandes cancións do rock internacional rearranxadas e reinventadas para un conxunto instrumental de 4 guitarras e percusión. Xunto a José Carballido actúan Mónica Pita, Xosé Rodríguez, Daniel Añón e Diego Lestón.
21/03/2015
O venres 27 de marzo o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza no Teatro Pastor Díaz, en colaboración co Concello de Viveiro un concerto que contará coa participación da cantante Uxía Senlle e do compositor Fran Pérez NARF, "dous dos artistas do panorama actual galego máis influentes e que máis pontes teñen forxado a través da música con creadores de outras partes do mundo, en especial cos países de lingua portuguesa".
Por primeira vez, UXÍA & NARF funden os seus repertorios nun espectáculo conxunto, man a man, e propoñen un concerto de formato intimista, no que convidan a coñecer as "Baladas da Galiza imaxinaria". Todas e cada unha destas cancións teñen unha historia detrás relacionada cunha viaxe, cun encontro e cunha experiencia vivida a través da música, e farán as delicias daqueles que, con...
leer más 14/03/2015
O 27 de marzo o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza no Teatro Pastor Díaz, en colaboración co Concello de Viveiro un concerto que contará coa participación da cantante Uxía Senlle e o compositor Fran Pérez NARF, dous dos artistas do panorama actual galego máis influentes e que máis pontes teñen forxado a través da música con creadores de outras partes do mundo, en especial cos países de lingua portuguesa.
Tras anos de viaxes e experiencias de intercambio con artistas de Mozambique, Angola, Brasil, Portugal, Cabo Verde, Guinea Bissau, Arxentina, Chile, Uruguai... tanto Uxía como Fran Pérez “NARF” foron construíndo os seus respectivos repertorios, xerando canción a canción, un pequeno ámbito de convivencia entre mundos culturais que nalgúns casos comparten a mesma orixe, e en todos a mesma paixón pola palabra cantada. Este lugar propicio para...
leer más 10/03/2015
Dentro do programa de difusión cultural Adral 2015, que organiza a xunta de confrarías da Semana Santa de Viveiro, o teatro Pastor Díaz acollerá un concerto de bandas este sábado, día 14 de marzo, ás 20:30 horas.
Neste evento participarán a Banda Municipal de Música de Viveiro e a Banda Cultural e Recreativa de As Pontes (A Coruña).
26/02/2015
A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan diversos actos para conmemorar o 8 de marzo. Un deles será o concerto-recital de música tradicional en clave feminina que ofrecerá o grupo Eudemónicas. A actuación terá lugar o 7 de marzo ás 20:30 horas no Cine Teatro.
Segundo explican desde o CIM “este grupo presenta nas súas actuacións un formato didáctico e un percorrido variado polas músicas tradicionais e o papel que nela xogaron as mulleres. Queren transmitir un recoñecemento ás portadoras de saberes”. E engaden: “inclúen sonoridades distintas: vogais, de corda, de vento ou percutidas. Grandes e pequenos fragmentos musicais coas historias que os acompañan”.