Festa
Mondoñedo acollerá este venres, 7 de setembro, a cuarta edición da Festa da Xuventude. O concelleiro Alberto García explicou durante a súa presentación na que estivo acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que este departamento autonómico “sufraga integramente” a celebración que se desenvolverá na praza do Concello despois do festival “Mamá quero cantar” que comezará ás dez da noite.
Esta cuarta edición da Festa da Xuventude contará coa música de Hugo Torreiro e Carlos Bau que se unen no espectáculo denominado #DosEnPunto a través do que repasan os grandes éxitos da música pop española: dende Camilo Sesto a Los Suaves pasando por Alaska, Amaral ou Georgie Dann. A festa rematará cunha sesión dj.
A cita da comezo ás festas na honra á Virxe dos Remedios que se celebran na cidade mindoniense entre o...
leer másAs Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da...
leer másA Pontenova acollerá a cuarta edición da Festa da Malla este sábado, día 1 de setembro.
Está organizada polo Concello e colaboran Amigos da Malla e a Deputación de Lugo.
A malla comezará ás doce do mediodía, ás 13:30 horas haberá sesión vermú e a partir das 14:00 celebrarase a comida con un menú composto por empanada, arroz caldoso, costela asada e postre. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos maiores de 3 anos pagarán 12 euros.
Ás cinco da tarde continuará a malla e ata as 20:00 horas haberá actividades acuáticas no Pozo da Ola. Durante toda a tarde tamén se celebrarán torneos de billarda e doutros xogos populares.
Ás 21:30 horas haberá pinchos para cear e a partir das 22:00 comezará a música en directo.
Todo está listo en Foz para a celebración dunha nova edición da Festa Normanda. Este venres, 24 de agosto, a partires das 21:00 horas, terá lugar a representación do Milagre de San Gonzalo na Festa Normanda de Foz.
Como cada ano, un grupo de veciños de San Martiño sobe ao alto da Grela, durante a Festa Normanda, e representa o famoso milagre de San Gonzalo, o Bispo Santo, afundindo aos barcos normandos para salvar aos galaicos.
Nesta ocasión a representación céntrase no milagre que a lenda atribúe a San Gonzalo, para crear a famosa Fonte da Zapata, ao carón da Basílica de San Martiño.
Ademais este ano o pregoeiro da Festa Normanda será o home de teatro e impulsor da cultura en Foz, José Ramón Vila.
A 2ª Festa do Ovo Frito celebrarase o vindeiro martes, 14 de agosto, no campo do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. O obxectivo é recadar fondos para o Celta Barreiros e pasar unha boa noite de festa. A cita dará comezo ás oito da tarde e por seis euros será posible degustar patacas, un par de ovos fritos, un chourizo, pan e bebida. A noite contará con animación musical. O evento foi presentado este mediodía no Concello de Barreiros coa presenza do alcalde, Alfonso Fuente; do primeiro tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente; e do presidente do Celta Barreiros, José Manuel García Cela, entre outros.
O presidente do club de fútbol barreirense manifestou que “é a Festa do Ovo Frito que celebramos no campo de fútbol do Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros. Xa organizamos o ano pasado a primeira edición para recadar fondos como axuda para o Celta Barreiros de fútbol e...
O Concello de Cervo celebrará a XXXIII Festa da Maruxaina o sábado 11 de agosto. Ese día serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do Maruxaino e da Maruxaina de Honra 2018, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.
Xa o sábado, 11 de agosto, será o día grande. Ás 11:00 horas está previsto o chupinazo ao que seguirá o ritmo das charangas e gaiteiros que irán animando as rúas do pobo. Haberá tamén un taller de cestería; e ás 12:00 horas todos Os Maruxainos e todas As Maruxainas xuntaranse na Prazoleta, para percorrer o pobo ao son do corno e das gaitas.
Ás 12:30 horas...
leer másA VIII Festa Normanda presentarase o 24 de xullo cun desfile e churrascada na praza Conde de Fontao.
A oitava edición da Festa Normanda de Foz presentarase o martes da vindeira semana, día 24 de xullo, con varios actos.
A presentación oficial e o desfile darán comezo ás 20:00 horas na praza Conde de Fontao e correrán a cargo de Rosana & Pili e O Nabiño. A continuación haberá unha churrascada no paseo da Ribeira coa actuación de Dambara e música ambiente con Dani Rego. O prezo da ración, composta de churrasco, chourizo, pan e viño, será de 7 euros.
Organiza a asociación Desembarco Normando de Foz coa colaboración do Concello de Foz, a Deputación de Lugo, o CCA de Foz, O Nabiño de Mondoñedo e Rosana & Pili.
Intenso está a ser o verán en Xove. Numerosas son as actividades que se están desenvolvendo, así como importantes son as citas que imos ter nos vindeiros días.
Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.
Dirixido a xoves de entre 10 e 16 anos, contamos coa colaboración de cinco voluntarios/as xuvenís; o mesmo estase a desenvolver durante os meses de xullo e agosto. As actividades que se están realizando, son:
-Xogos no Exterior, coa recuperación de xogos populares orixinais.
-Cociñarte, ou a arte de cociñar receitas sinxelas.
-Recuncho de Tarefas, para desenvolver a creatividade.
-Ocio Alternativo, con E-Maker, S. Robótica e Minecraft.
-Educación Vial, para educar á mocidade na seguridade vial.
-Tics, actividades dentro do mundo da informática.
O pazo de Tovar acollerá este sábado, día 14, a partir das 17:30 horas a segunda edición da Festa Campesiña, evento que organiza o Concello de Lourenzá e no que colaboran varias asociacións do municipio e a Deputación Provincial de Lugo. O cartel do festexo foi presentado pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra.
A rexedora municipal explicou que “esta cita é unha das máis singulares dentro do calendario lúdico do noso municipio. Conta co respaldo dos veciños e veciñas, representados nas distintas asociacións que colaboran na organización deste evento. É por tanto un punto de encontro, de reunión, no que todos os veciños acoden a este lugar a pasar un día en sociedade e a gozar dos encantos que esconde esta fermosa fortaleza”.
Ademais Rocío López anunciou que “o programa deste ano é unha...
leer másO CCA de Foz continúa así conmemorando o seu trinta aniversario.
O sábado a mediodía haberá sesión vermú con música en directo. Os que se acheguen á cafetería Mayros poderán disfrutar da actuación de Contrabando e os que vaian a Xoyma escoitarán a Os Alcántara.
Na quinta edición da Festa Vintage sortearanse 1.000 euros en vales de compra, dous por importe de 200 euros, un de 100 euros e dez vales de compra de 50 euros cada un.
Os clientes dos establecementos asociados recibirán os vales para participar no sorteo polas compras realizadas entre os días 22 e o 30 de xuño. Este sábado ás 20:30 horas na carpa instalada diante do Concello haberá unha actuación musical a cargo de Sons Varadero. Posteriormente, ás 20:45 horas, celebrarase o sorteo en directo dos 1.000 euros en vales de compra.