Festas
Xove celebra as súas festas patronais, na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme, do 17 ao 22 de agosto, con actividades lúdicas, gastronómicas e relixiosas, así como diversas actuacións musicais tódolos días.
As festas comezarán o mércores, 17 de agosto, as 20:30h, coa actuación de Queiman e Pousa, “Un verso, un cantar”, na Praza do Concello, da man da Xunta de Galicia. O 18 de agosto comezará ás 12:00h coa obra “A caixa sen pandora” do Teatro Ghazafelhos, na Praza do Concello, da man de Ler conta moito. As 20:30h será o pregón das Festas, no Salón de Actos do Centro Cívico, a cargo de Xan Carballal, director da Orquestra Clásica de Xove, seguido polo concerto de Óscar Ibáñez & Tribo na Praza do Concello as 22:00h, organizado por Concertos do Xacobeo.
O venres, 19 de agosto, estará instalado o escape hall “...
leer másO Concello de Cervo celebrará as Festas na Honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme, do 14 ao 20 de agosto, cando terá lugar a Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola tenente alcalde Dolores García Caramés, pola edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e por unha representación da asociación Airiños do Xunco, da Comunidade de Montes A Bidueira, da S.D. Cervo Sargadelos e da A.C. Rego Cachón que organizan a Festa.
Os festexos arrincarán o domingo 14 de agosto coa popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Mekanica Rolling Band e con DJ Chente.
Xa o luns 15 de agosto, ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a...
leer másDo 13 ao 15 de agosto terán lugar as festas na honra da Nosa Señora en Ourol.
O sábado 13 ás 10:00 horas terá lugar o Gran Premio San Roque – Ourol, unha competición ciclista con distintas categorías, organizada polo Club Ciclista Viveiro.
O domingo 14 comezará a celebración as 21:00 horas co pregón das festas, que corre a cargo de Javier Mariño Chao, profesor do IES María Sarmiento e autor do libro “La jarra del trotamundos”. Despois ás 22:15 horas realizarase a gran cena popular, servida por Catering Rochela de Vilalba, seguida por unha gran verbena amenizada polo Grupo Fénix e a Orquestra Venezia.
Xa o luns 15 as 13:00 horas será a misa solemne e a procesión, á que seguirá a sesión vermú prolongada no atrio da Igrexa, amenizada polo Grupo Tapyöka.
Os festexos...
leer másO Concello de Viveiro presentou a programación completa das súas Festas Patronais 2022, que durante tres semanas no mes de agosto ofrecerán actividades culturais de todos os estilos e para todas as idades.
“Despois de dous veráns de limitacións pola pandemia, recuperamos o pulso habitual das festas, que ademais da programación serán un lugar de encontro para os veciños de Viveiro, os familiares que viven fóra o resto do ano e os turistas que chegan á nosa vila”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
O concello retoma este ano a tradición do pregón das festas patronais a cargo do escritor Ramón Pernas, natural de Viveiro. Será o día 14 de agosto ás 13:00 horas desde o balcón da Biblioteca Municipal. Actuará alí a Banda Municipal o Landro interpretando o himno ‘Catro Vellos Mariñeiros’.
...
leer másA asociación O Noso Foz, que é a organizadora dos festexos da vila, e o Concello de Foz presentan o cartel das festas do San Lourenzo. Este ano unha fotografía nocturna do porto da localidade, sacada por Pablo Cid, da forma ao cartel dunhas festas que encherán de actividade a vila focega os días 8, 9, 10 e 11 de agosto.
As actividades culturais prolongaranse durante todo o mes de agosto, mais os días fortes comezarán o día 8 co pregón de José María Alonso Fraga, coñecido como Piti, ás 21.00 horas no Parque Rosalía de Castro (Campo da Cabana), que terá continuidade ás 22.30 horas co concerto de Owl Light Trio e Xógara, dous grupos de música tradicional, no mesmo emprazamento.
O día 9 comezarán as verbenas, que nesa xornada será amenizada por Los Satélites e Grupo Beatriz. O día grande será o 10, día de San Lourenzo...
leer másO Concello de Foz vive con intensidade as Festas do Carme. Despois da celebración en Santa Cilla a pasada fin de semana, este xoves comezan as festas do Carme na vila co pregón de Narciso Rodríguez Méndez Siso sobre as 20.30 horas, ao rematar a misa. Ruleiro de Foz por excelencia e rexente durante moitos anos do Bar Siso, onde agora se asenta o Muelle Bar, Siso é unha persoa coñecida por todos en Foz. En palabras do alcalde, Fran Cajoto,: "é tradición en Foz que o pregón das festas do Carme o fagan xentes relacionadas coa tradición mariñeira da nosa vila. Xa lle tocaba a Siso, que vai ter mil anécdotas que contarnos seguro. É unha auténtica honra que aceptara a invitación do Concello e da comisión organizadora das festas".
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que neste 2022 volvemos cunha programación completa, na que haberá...
leer másSan Ciprián celebrará as festas en honra a Virxe do Carme do 14 ao 17 de xullo. Están organizadas pola asociación Anxuela coa colaboración do Concello de Cervo e demais asociacións que organizan as diferentes actividades da celebración.
Comeza o xoves 14 as 20:00 horas na Praza dos Campos cunha Festa do Mexillón, organizada pola asociación Amigos da Maruxaina e amenizada por un grupo de gaiteiros e por Dj Ovo.
O venres 15 as 14:00 horas dará comezo a sesión vermú na que soará a orquestra Acordes. As 21:00 horas realizarase unha misa solemne na Igrexa Parroquial de Lieiro, seguida da procesión do Carme ata o peirao, coa incorporación de San Ciprián e San Andrés, que estará acompañada polo pasarrúas da agrupación musical Dambara-San Inocencio de Burela. Esta procesión esta organizada pola asociación Mar de San...
leer másOs días 15 e 16 de xullo celébranse as Festas do Carmen no porto de Porcillán, en Ribadeo.
O venres 15 ás 22:30 horas haberá verbena amenizada polo grupo Zeltia e o dúo Samba.
O sábado 16 ás 13:30 horas será a sesión vermut co grupo Kamelot. Ás 18:00 horas dará comezo a misa solemne na igrexa da Atalaia e de seguido terá lugar a procesión marítima acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha. Ao chegar a Virxe ao porto actuará a Coral Polifónica de Ribadeo que interpretará a Salve Mariñeira. Ás 22:30 horas, comezará a verbena co grupo Kamelot e ás 24:00 horas Lucía Pérez poñerá o colofón ás festas co seu concerto.
San Ciprián celebrará a mediados deste mes de xullo as súas Festas na Honra da Virxe do Carme.
A cita, que foi presentada polas edís de Cultura, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Dolores García Caramés, Pilar Armada e Mali Méndez, respectivamente, e por unha representación das asociacións A Anxuela, Mar de San Ciprián e Amigos da Maruxaina, que organizan as diferentes actividades, desenvolverase desde o xoves 14 de xullo ata o domingo 17 con múltiples citas gastronómicas e musicais.
Así o día 14, na Praza dos Campos, terá lugar unha Festa do Mexillón, a partir das 20:00 horas, na que se servirán racións deste molusco por parte da asociación Amigos da Maruxaina, que estará amenizada por gateiros e tamén por DJ Ovo.
O venres, 15, ás 14:00 horas, está prevista a sesión vermú a cargo da...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa no campo da festa, na compañía da Comisión, encabezada por Francisco Fernández e Isabel Guerreiro.
A cita festiva será o domingo, 3 de xullo. Ás 13:00 horas está prevista unha misa solemne seguida da Procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón; que á noitiña, ás 21:00 horas, repetirá para amenizar o baile.












