Foz
Coa cea de coroación da raíña arrinca este sábado, 11 de febreiro, o Entroido 2017 en Foz, “un dos mellores de Galicia”, segundo o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que este mediodía compareceu a carón da concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, para dar a coñecer o programa de actividades. O día grande será o sábado, 25 de febreiro, coa celebración do XXXVI Desfile do Entroido, que repartirá 7.000 euros en premios. A festa continuará ata o 3 de marzo, xornada na que terá lugar a Queima do Entroido.
O rexedor contou que “vimos de presentar unha nova edición do Entroido de Foz, e podemos dicir que quizais é un dos mellores de Galicia. Estamos contentos porque o programa está cheo de multitude de actos, que comezarán este sábado, 11 de febreiro, coa festa de coroación da raíña, onde máis de 600 persoas nos xuntaremos para darlle a...
leer másA campaña informativa posta en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para informar aos consumidores sobre a última sentenza relativa ás cláusulas chan e o procedemento extraxudicial activado polo Goberno central volverá de novo este xoves, 9 de febreiro, neste caso á localidade de Foz.
A casa da Cultura acollerá este encontro, que contará coa participación do delegado territorial, José Manuel Balseiro, e técnicos do Servizo de Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que explicarán os pasos que deben seguir os afectados para facer efectiva a súa reclamación ante as entidades financeiras. A xuntanza comezará ás 20 horas.
O obxectivo desta iniciativa é prestar información e asesoramento gratuíto ás persoas que se viron afectadas por estas cláusulas. José Manuel...
leer másEsta semana a Librería Bahía, de Foz, acollerá dúas actividades, coma sempre sobre libros e escritores, unha dirixida ao público adulto e outra dirixida ao público infantil.
A primeira actividade é un coloquio co escritor Manuel Portas entorno á súa novela LourenÇo Xograr. “Titúlase Descubrindo Lourenço Xograr con Manuel Portas, e forma parte do programa de coloquios con escritores que estamos realizando en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco. Será o venres, día 10, ás oito e media da tarde”, explican desde a Librería Bahía.
E engaden que “a novela é unha recreación da vida de Lourenço, un xograr do século XIII cuxa principal ansia é converterse en trobador, status maior dentro da arte poético-musical da época (a de esplendor da lírica galega ou portuguesa). Na primeira parte, imos coñecendo...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín con varias propostas. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras destas datas do 6 ao 14 de febreiro “poderán cubrir o tícket cos seus datos e deixalos no local para participar no sorteo de 5 ceas románticas para compartir coas súas parellas”. Desde a directiva do CCA contan que “o sorteo farémolo o 17 de febreiro ás 12 da mañá a través de Radio Foz. O que pretendemos con esta campaña é animar á xente a facer as súas compras no noso comercio e queremos premialos por iso con ese sorteo de cinco ceas románticas”.
Os que se acheguen a Foz a vindeira fin de semana poderá gozar da 7ª Festa da Cociña Afrodisíaca, que terá lugar os días 10 e 11 de febreiro en varios locais de hostalaría da vila. Na directiva sinalan que “estamos diante dunha cita tradicional e consolidada nesta datas na...
leer más