Foz

Etiquetas:
07/03/2023

O campo de fútbol de Cangas de Foz acolle o primeiro Riosmar Fest este venres, 10 de marzo. O prato forte é a presentación oficial para A Mariña da nova xira da orquestra París de Noia. Tamén estará a Macro Disco Level coas actuacións dos DJs Litainer e Marcos Peón.

Haberá carpa, pulpería e outros servizos.

As entradas poden comprarse anticipadamente en internet e en establecementos de Cangas de Foz, Viveiro, Foz, Lourenzá, Burela, Valadouro, Ribadeo e Mondoñedo.

 

Etiquetas:
06/03/2023

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca a importancia da declaración como festa de interese turístico de Galicia para o Entroido focego e anuncia que o Concello solicitará que sexa tamén de interese turístico nacional.

“Desde o Concello de Foz estamos máis que satisfeitos porque se fixo xustiza e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciaba que este luns aprobouse nunha sesión extraordinaria do Consello de Turismo a declaración como festa de interese turístico de Galicia para o Entroido de Foz. Un Carnaval que é xa referente non só en Foz e na comarca da Mariña senón en toda a provincia e en Galicia. Un Entroido que une ao pobo e no que participan case todas as persoas que configuran esta marabillosa vila e este grandioso concello, o que posibilitou que unha festa que comezou pouco a pouco se converta nunha gran celebración,...

leer más
Etiquetas:
06/03/2023

O Concello de Foz conmemora o 8 de marzo con diversas actividades baixo o lema A igualdade é progreso.

A concelleira Ana Rojo explica que “como cada 8 de marzo, o Concello de Foz, dende a Área de Muller e Igualdade, conmemora o Día Internacional da Muller, con varios actos e un programa de contido temático durante este mes de marzo. Comezamos este sábado, día 4, e o luns 6 cunha xuntanza titulada Café con igualdade e lecturas de muller, coa participación de mulleres focegas lendo a autoras feministas galegas e nacionais (Clara Campoamor, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, María Casares, etcétera) que loitaron polos dereitos das mulleres reivindicando o seu papel nunha sociedade patriarcal e machista, sendo adiantadas ó seu tempo. Cabe destacar a participación e colaboración dos cinco colexios de Foz (Fondo Nois,...

leer más
Etiquetas:
03/03/2023

AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do Día do Pai. 

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, contou que “todas as persoas que fagan as súas compras nos locais asociados a AciaFozCCA entre o 4 e o 19 de marzo recibirán papeletas para entrar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra”.

Paleo explicou que “o 23 de marzo ás 11 da mañá en RadioFoz faremos o sorteo. En xogo poñeremos 1 premio de 500 euros en vales de compra e 5 premios de 200 euros cada un tamén en vales de compra”.

O presidente de AciaFozCCA dixo que “nestas datas para regalar aos pais, aos Pepes ou ás Pepitas atoparemos todo o que precisamos nos negocios locais que temos a carón das nosas casas”. E engadiu: “lembremos que o comercio fai pobo e a mellor forma de apostar e de apoialo...

leer más
Etiquetas:
27/02/2023

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz organiza a comida anual dos maiores para o día 11 de marzo, sábado, na Sala Bahía. 

A concelleira Ana Rojo anuncia que “un ano máis o Concello de Foz organiza a comida dos nosos maiores. Dende Área de Servizos Sociais volvemos cos preparativos para levar a cabo esta xuntanza tan esperada. Poderán disfrutar dunha comida totalmente gratuíta á vez que especial, onde os verdadeiros e únicos protagonistas son eles. Deixamos atrás anos duros de pandemia con restricións, prohibicións, separacións e protocolos de actuación. Agora toca volver xuntarnos e relacionarnos de maneira normal e tan ansiada por todos, especialmente polas persoas maiores. Lembramos que eles foron os grandes prexudicados por ese virus tan letal, afectándolles en gran medida na súa saúde e facéndoos vulnerables, dadas as...

leer más
Etiquetas:
20/02/2023

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza para o 5 de marzo, domingo, unha ruta por Navia de Suarna, onde os participantes comerán cocido. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.

Os prezos desta actividade, incluído o xantar de cocido, son: 40 euros para socios federados, 45 euros para socios non federados e 50 euros para socios temporais.

O prazo para anotarse remata o 28 de febreiro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.

Os organizadores explican que “es una hermosa ruta en un paraje muy bonito y...

leer más
Etiquetas:
17/02/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz anuncian unha modificación nos premios programados para a categoría de grupos adultos. A gran afluencia dos mesmos levou a reformular a categoría ampliando a dotación destes, quedando como segue: 1º premio, 700 euros; 2º premio, 500 euros; 3º premio, 400 euros; 4º premio, 350 euros; 5º premio, 300 euros; 6º premio, 200 euros; e 7º premio, 100 euros. Tamén se inclúe unha nova categoría ao coche mellor engalanado de grupos que terá unha dotación de 250 euros.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a participación no desfile sigue crecendo. O seu percorrido, que será coma todos os anos pero rematará na confluencia das rúas Irmandiños e Concello de Cervo, espérase con importante afluencia de público. Para que se desenvolva correctamente pídese aos participantes que ao finalizar...

leer más
Etiquetas:
17/02/2023

AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da súa campaña de San Valentín. Os premios serán entregados o vindeiro venres, 24 de febreiro, ás 20:00 horas no Cenima.

As persoas afortunadas cun vale de 50 euros son: Sobrino Ennoury (por unha compra realizada en Electrodomésticos Celso); Pilar López (en Chinela Nenos); Pilar Carballeira (en Librería Bahía); Carmen García (en Vas’s); Myriam Pérez (en Decoraciones Pura); Ana Mª Estévez (en Arrullos); Tamara Neira (en Clínica Maas Saúde); Raquel Expósito (en Cenor Belianorte); Yolanda Vázquez (en Alain Afflelou Óptico); y Pili Veiga (en Carnicería Mercedes). 

E os premiados cun vale de 100 euros son: Juan Manuel Arias (por unha compra feita en Fabeiro Arte Floral); Xesús Blanco (en Centro Óptico Eliseo); Victoria Celada (en Ofifoz); María Couto (en Salai...

leer más
Etiquetas:
07/02/2023

O grupo de teatro O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, representará a súa obra De poucas luces o día 11 de febreiro, sábado, en Cordido.

Esta actividade cultural será no Centro Cívico de Cordido ás 18:00 horas.

Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e a asociación de veciños San Xulián de Cordido.

 

Etiquetas:
06/02/2023

Os campionatos de baristas e de cata de cafés do IES de Foz celebraranse nas instalacións do centro esta semana, de mércores a venres. Haberá participantes de cinco comunidades autónomas: Galicia, Asturias, País Vasco, Castela-León e Madrid.

O evento foi presentado hoxe, luns, polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio; o concelleiro de Turismo focego, Chema Linares; a subdirectora do IES de Foz e membro do Departamento de Hostalería, Leticia Maseda; e o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal.

Nicolás Asensio explicou que se celebrará “el décimo quinto Campeonato Internacional de Baristas de centros educativos y en paralelo se desarrollarán el décimo Campeonato Internacional de Cata de Café, el noveno Internacional de Baristas Profesionales y el tercero Internacional de Cata de Café para...

leer más