Foz
O Foro Social da Mariña quere ser un lugar de encontro, de intercambio de experiencias e de debate sobre as necesidades sociais. É unha entidade cívica que traballa a prol dos valores democráticos e dos dereitos sociais.
A asociación constituíuse o 25 de novembro de 2022 e ficou inscrita no rexistro de asociacións o 15 de decembro. A partir desta data comezan as reunións e encontros destinados a programar actividades e actos acordes aos seus fins.
A directiva a integran desde o 25 de novembro as seguintes persoas: Xusto Fernández Haro ( Presidente ), Isabel Vilalba Seivane ( Vicepresidenta ), Manuel Parga Núñez ( Secretario ), Xosé Luís Fernández Rivera ( Tesoureiro ), e Carlos Nuevo Cal, Xosé Lois López Rábade, Antonio Villarino Rego e Xoel Geada Geada como vogais.
Na actualidade integran o Foro unhas 50...
leer másO mércores, 14 de xuño, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía Octavio Beares para falar do cómic galego.
Octavio Beares é autor do libro A historia do cómic en Galicia, publicado por Galaxia, no que fai un repaso da contribución galega a esta arte, na que destaca nas últimas xeracións Miguel Anxo Prado ou Isaac Rubín, ambos merecedores de premios a nivel estatal. Ademais é crítico de cómic no Faro de Vigo, cidade na que reside habitualmente e cofundador da revista Cuco, cadernos de cómic.
Beares exerce como profesor no ensino medio e actualmente está dando aulas no Insitituto de Foz.
O Concello de Foz organiza a segunda edición do certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo (O Poto), que comeza mañá, venres.
A concelleira de Cultura en funcións, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz prosigue o seu traballo na área cultural. O evento máis próximo é o certame de teatro afeccionado creado no ano 2022 e que pretende a visualización do esforzo e creatividade dos grupos de teatro afeccionado na difusión da cultura. O certame conta con seis días nos que en cada un se representará unha nova obra. Serán todas ás 20 hos na Casa da Cultura Poeta Manuel María”.
O certame comezará este venres, 9 de xuño, coa obra A liorta, de Avelaíña Teatro. O sábado 10 será a quenda de Vacacións, de A Tequerreté Teatro. E para cerrar o primeiro fin de semana, o domingo 11 de xuño a Asociación...
leer másEsta mañá presentouse no CENIMA (Foz) a quinta edición do 15K da Mariña Banco Mediolanum, que se desenvolve este domingo entre Foz e Burela nun circuíto totalmente costeiro.
Nela participaron o alcalde e a concelleira de Deportes de Foz, Francisco Cajoto e Gema Méndez, o alcalde e o concelleiro de deportes de Burela, Alfredo Llano e Ramiro Fernández, así como diferentes FamilyBankers do Banco Mediolanum e Serafín Martinez, director do evento.
Serafín Martínez, indicou que ademais da xa tradicional Andaina, este ano incorpórase como novidade a posibilidade de inscribirse na distancia de 5 kms para aqueles participantes que decidan optar por un percorrido menos esixente.
A saída da carreira de 15K terá lugar o domingo 11 de xuño ás 11:00 horas dende a praia de Llas para rematar no concello...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras leonesas o día 18 de xuño.
A andaina terá un percorrido de 12 quilómetros e discorrerá entre Faedo de Ciñera e a Cueva de Valporquero cun nivel de dificultade media. A saída será ás 6:30 horas de Foz e ás 6:45 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o luns 12 de xuño nos teléfonos: 606 718 482 e 670 369 017; ou no e-mail: ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos son: 30 euros para os socios federados, 35€ para os socios non federados e 40 euros para os socios temporais. Non está incluído o importe da entrada á Cueva de Valporquero, que é de 8´5€.
Recoméndase levar a comida e equipo de sendeirismo.
O Concello de Foz colabora na...
leer másO 10 e o 11 de xuño Ana Pena (Guía tu día), Boris Vilar e Guido Guía organizan dous paseos guiados, en Foz e Xove, que serán un convite perfecto para desfrutar da penúltima fin de semana da primavera por terras mariñás.
Despois das súas primeiras colaboracións xuntos #RedescubrindoViveiro e #RedescubrindoAlfoz en abril e maio, estes tres guías autónomos volven unirse para seguir dando a coñecer xuntos as belezas e riquezas da zona.
O sábado 10 de xuño será o turno de #RedescubrindoFoz, no que Ana Pena (focega) e Guido Álvarez (neto de focega, de Vilaronte, e cun estreito vínculo co municipio) buscarán dar a coñecer os lugares máis emblemáticos da vila sen deixar de lado a intención de sorprender ás propias veciñas e veciños que se animen a vivir a experiencia. Terá lugar de 11h a 14h e o punto de encontro e final...
leer másA Espiñeira, na parroquia focega de Vilaronte, celebrará unha nova edición da súa feira de gando o 18 de xuño, domingo.
Empezará ás 10:00 horas, ás doce do mediodía haberá pasarrúas e a partir das 13:00 horas, sesión vermú con música, cantina e pulpería. Ademais haberá inchables para os máis cativos.
Celebraranse carreiras de andadura e haberá premios para os mellores exemplares de gando.
O vindeiro martes, 23 de maio, ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación do libro “Tan odioso como yo”, de Antonio Rodríguez Baixeras.
Trátase da biografía de Francisco de Toledo, aristócrata do século XVI, que recorreu Europa acompañando a Carlos V e foi nomeado virei do Perú por Felipe II deixando fonda pegada nas súas tres grandes cidades: Cuzco, Lima e Potosí. En América é coñecido sobre todo por ter dirixido a execución do descendente inca Tupac Amaru.
A Delegación de Xuventude volve co programa Aberto x Vacacións. Desde o Concello focego sinalan que “o verán en Foz é sinónimo de diversión, e deso sabemos moito en Aberto x Vacacións”.
O programa está destinado a nenos e nenas nados/as entre os anos 2011 e 2019, de luns a venres. Con horario de 10:30 a 13:30 horas “e se es das/os que madrugas, con Plan Érguete, a partir das 9 da mañá”.
Haberá actividades no CEIP O Cantel, na praia, roteiros,…
A preinscrición está aberta ata o 31 de maio.
Chega unha data moi agardada, o 17 de maio, día das Letras galegas. Desde a Biblioteca Pública “Salgado Toimil” e os servizos de cultura e normalización lingüistica do Concello de Foz unímonos a esta celebración visibilizando o noso compromiso coa lingua e coa literatura galega ofertando as seguintes actividades lúdicas e formativas:
-“Unha galaxia chea de estrelas: Francisco Fernández del Riego”. Narración oral amenizada por Caxoto con música e cantigas o xoves 18 de maio ás 18:30 no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel María”. Entrada gratuíta. Duración 50-60 minutos. Neste espectáculo para toda a familia, Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante...












