Foz
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Turismo, Chema Linares, acudiron hoxe, martes, ao novo miradoiro de Pico de Castro, unha atalaia privilexiada a só 5 minutos camiñando desde o centro urbano da vila.
Dentro das obras de urbanización de Costa do Castro e como mellora do proxecto, o goberno municipal apostou por instalar un miradoiro no Pico do Castro –nas letras de Foz-, nuns terreos municipais que constitúen un punto de observación excepcional sobre o Cantábrico e a propia Ría de Foz.
O alcalde destaca “o gran valor paisaxístico do novo miradoiro, unha plataforma de case 30 metros cadrados de madeira con dous bancos laterais de 4 metros de lonxitude: desde Pico do Castro podemos observar toda a rasa cantábrica desde Foz ata Tapia de Casariego, pero tamén a contorna da Ría de Foz, coa vila aos...
leer másO 16 de decembro preséntase na Casa da Cultura focense o libro "As tarrafas de Foz", de Andrés Díaz.
O venres, 16 de decembro, ás 20:30 a Casa da Cultura de Foz acolle a presentación dun libro de Andres Díaz sobre a arte das tarrafas no concello de Foz. O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco.
O autor explicará na súa conferencia cales son as características destas embarcacións no porto de Foz, as súas diferenzas coas do porto de Viveiro, o número de buques que desde comezos do século XX traballaron nesta arte en Foz e os patróns máis significados e mariñeiros máis significados deste período.
Andrés Díaz proxectará na súa palestra diversas fotos de barcos da arte da tarrafa que tiñan como base o porto de Foz.
A Asociación Cultural O Centiño, de San Martiño, organiza a sexta edición da súa gala solidaria, que se celebrará este sábado, 17 de decembro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero, de Foz.
O grupo teatral de O Centiño representará a súa obra titulada De poucas luces e no intermedio actuarán as pandereteiras de A Subela.
A entrada é gratuíta e no descanso recolleranse doazóns para Cáritas.
Para este evento a Asociación Cultural O Centiño conta coa colaboración da Fundación Martínez Otero e da Asociación Cultural A Subela.
La actividad tendrá lugar el próximo día 18 en el Castelo, de Ferreira. Desde la organización señalan que “como siempre llevaremos las figuras que tenemos y el que quiera pude llevar alguna más. Allí en el alto brindaremos por las fiestas y el año nuevo”.
La salida de Foz está prevista para las 9:30 horas y a las 9:45 desde Ferreira. El último día para anotarse será el 16 de diciembre.
O Concello de Foz acaba de instalar diante do Cenima tres paneis informativos relativos ás rutas de sendeirismo que hai no municipio. Anunciouno o concelleiro de Turismo, Chema Linares, quen explica: “trátase de tres tótems a dobre cara realizados en aceiro corten nos que recollemos toda a información necesaria sobre as rutas de sendeirismo. Cada ruta aparece cun color que a identifica e cun mapa moi intuitivo e fácil de interpretar, relaciónanse os recursos turísticos ao longo da ruta e inclúe unha información técnica sobre a dificultade, a distancia e dureza da mesma, cun breve texto descritivo da ruta en galego e castelán así como códigos QR de enlace a plataformas dixitais do sector, como Google Maps, Wikiloc, Avenza, e unha selección de fotografías características das rutas”.
Chema Linares engade que “é o resultado dun longo traballo...
leer másComezan as actividades de Nadal en Foz co acendido da iluminación este venres, 2 de decembro, ás 18:30 horas na praza Conde de Fontao.
O alcalde, Fran Cajoto, anuncia que “Foz prepárase para acoller un Nadal familiar e especial. Por iso dende o Concello trabállase arreo para que todo estea listo para que as próximas datas sexan o máis especiais posibles, sobre todo para os máis pequen@s. Cremos que o alumeado e a decoración de Nadal son absolutamente necesarios, transmiten ilusión e fantasía nunhas datas familiares que invitan ao reencontro. Somos coherentes coas medidas actuais e o custo da enerxía, polo que decidimos reducir o tempo de acendido e por iso estará en funcionamento entre as 18.30 e ás 23.30 horas, acurtando así o consumo. Todo o alumeado contará con reloxos que realizarán a conexión e desconexión. En canto ás figuras...
leer másEste xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas terá lugar na Libraría Bahía, en Foz, a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas.
Trátase dun xogo de cartas que representan figuras, lugares e sucesos da mitoloxía galega e que veñen acompañadas dun libro que explica a orixe e sentido das mesmas.
Kéltiga é unha obra de Carmen Tomé, Katova de nome artístico, antropóloga e artista plástica autora das cartas e dos estudio antropolóxico que as acompaña.
Na presentación este xoves estará xunto coa autora, Jacinta Martín coa que relizará unha representación de tres historias utilizando o teatro xaponés Kamishibai.
O luns, 28 de novembro, ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, na Libraría Bahía contarán coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro”, explican.
Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegar á libraría. Antes, esa mesma tarde, María estará no IES de Foz conversando co alumnado.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta pola localidade asturiana de Luarca o domingo 4 de decembro. Trátase da ruta denominada La Cangrexa. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 36 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 44 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 30 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Afundación e ABANCA asinaron un convenio de colaboración co Concello de Foz para a realización da exposición «O noso planeta» que se poderá visitar de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas no CENIMA desde o vindeiro 2 de decembro ata o 5 de xaneiro. «O noso planeta», reflexo do compromiso de Afundación coa sostibilidade e a protección do medio ambiente, está baseada na recoñecida serie homónima producida por Netflix e que bateu todos os récords de audiencia da súa programación, superando calquera serie ou película da súa carteleira. Ao acto de rúbrica asistiron Francisco Cajoto Caserío, alcalde de Foz; Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo e Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense.
A proposta da Obra Social de ABANCA consiste en presentar unha...
leer más