Foz
O club de montaña focense Os Sendeiros propón unha nova andaina este mes. Será este sábado, 22 de xullo, cando os participantes realizarán a ruta de San Acisclo. Trátase dunha bonita andaina de 13 quilómetros. A saída será ás 9 horas diante do Concello e alí collerán un bus que os levará ao inicio do percorrido.
O prezo será de cinco euros para os non federados e de cero para os que si o sexan. Para anotarse ou así mesmo recibir máis información existen os números de contacto 670.369.017 (Morís) e o 606.718.482 (Laura) e tamén o correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. É obrigatorio anotarse antes do vindeiro xoves 20 de xullo xa que as prazas son limitadas.
Os organizadores informan de que se trata dunha ruta de dificultade media e se recomenda levar equipo adaptado de...
leer másVivemar convida a tódolos colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de xullo en Foz.
O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construído e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.
Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario
https://docs.google.com/forms/d/e/...
leer másAciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xullo.
Durante esas xornadas os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 34 establecementos, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, OfiFoz, Sensación Surf, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo te mimo. ...
leer másEste mércores, día 12, a partir das 22.00 horas no Campo da Cabana poderemos desfrutar da mellor música galega no festival Coa nosa fala, organizado polo Concello de Foz e no que actuarán o grupo Abril e Catuxa Salom.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a nosa fala é a lingua, pero tamén a música. Este festival, creado por Arcadio Mon, busca a exaltación da música galega e en galego. Nesta edición ademais a nosa fala é feminina, e en todos os sentidos, xa que as artistas que nos deleitarán son mulleres que representan a xuventude e a forza”.
“Comezamos a programación das festas co Carme con este festival que quere ser un escaparate para grupos locais e emerxentes e tamén unha reivindicación de que temos moi cerca profesionais de gran talento”, comenta Inés López Couto.
... leer másO Concello e a asociación O Noso Foz veñen de presentar a programación cultural de xullo e en especial para as Festas do Carme.
“O verán chega a Foz e comeza a programación especial desta tempada na que colaboran a comisión de festas O Noso Foz e o Concello. A comisión de festas O Noso Foz renóvase coa incorporación de xuventude e veteranía, pero sobre todo con moita ilusión e presenta a programación para as Festas do Carme, que se desenvolverán desde o 12 ata o 16 de xullo”, así o anunciaron a nova presidenta do colectivo, Fátima Novo, e os concelleiros Inés López Couto e Ángel Fernández Neira.”
Ángel Fernández, novo concelleiro en Foz, deixa o testigo da Asociación nas mans de Fátima Novo, que “asume a presidencia con ganas”, confirma o edil. O grupo fórmano Erea Ben, Suso Pérez, Atilano Fernández e Estefanía...
leer másO mércores, 5 de xuño, ás 20:30 horas Lionel Rexes presenta a súa novela A Montaña do Poeta na Librería Bahía de Foz.
O escritor de Alfoz Lionel Rexes, ven de gañar o premio Lueiro Rey por esta novela na que partindo da relación histórica máis pouco coñecidado poeta da montaña Antón Noriega Varela cunha vella construción do Alfoz de Castrodouro, recrea un rural que declina e que se ve sacudido por un acontecemento extraordinario.
En Foz haberá unha Andaina Solidaria Contra o Cancro o 2 de xullo, domingo, na que colaboran a delegación local da Asociación Española Contra el Cáncer, o Concello de Foz e o colectivo Os Sendeiros de Foz. A saída será ás 10:00 horas desde a Praza do Concello e o prazo para inscribirse remata o 30 de xuño.
Os Sendeiros de Foz explican que “al término de la misma en el puerto habrá una mesa con una hucha para recoger los donativos para ayudar en la lucha contra el cáncer”.
O vindeiro mércores, 21 de xuño, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, Brais Lamela para falar o seu traballo Ninguén queda.
Con esta obra Brais Lamela acaba de gañar o premio da crítica, que recae unha vez máis nun libro escrito en galego.
Trátase dunha obra que mestura crónica e novela. Unha xoia narrativa escrita arredor dos poboados de colonización da Terra Chá do franquismo, ocupados pola xente que tivo que deixar as súas casas na montaña de Fonsagrada pola construción dun embalse. Este episodio está a ser investigado por un rapaz novo que a día de hoxe está escribindo a súa tese na cidade de Nova York e que se obsesiona polo paradoiro dunha muller que aparece nos documentos e que logo desaparece sen deixar rastro.
A obra explora o desarraigamento, a colonización física...
leer másO Concello de Foz organiza a tradicional Feira da Espiñeira este domingo, 18 de xuño. Nesta ocasión conta coa colaboración da asociación cultural Virxe do Pilar e de O Noso Foz.
A concelleira de Cultura en funcións, Inés López Couto, explica que “a feira da Espiñeira ten unha longa tradición e nos últimos anos vense celebrando o terceiro domingo de xuño. O Campo da Feira da Espiñeira e os terreos do arredor serán ocupados por cabalos e outros animais que poderán ser visitados a partir das 10 da mañá. Ás 12 horas a agrupación folclórica A Subela realizará un pasarrúas con actuación final no Campo da Feira. A partir das 13 horas será tempo de sesión vermú amenizada por Puzzle Animación. Poderá degustarse pulpo grazas a Pulpería Loureiro. A participación na feira conta con premios como miss vaca e míster toro ou ao animal máis engalanado,...
leer másO Foro Social da Mariña quere ser un lugar de encontro, de intercambio de experiencias e de debate sobre as necesidades sociais. É unha entidade cívica que traballa a prol dos valores democráticos e dos dereitos sociais.
A asociación constituíuse o 25 de novembro de 2022 e ficou inscrita no rexistro de asociacións o 15 de decembro. A partir desta data comezan as reunións e encontros destinados a programar actividades e actos acordes aos seus fins.
A directiva a integran desde o 25 de novembro as seguintes persoas: Xusto Fernández Haro ( Presidente ), Isabel Vilalba Seivane ( Vicepresidenta ), Manuel Parga Núñez ( Secretario ), Xosé Luís Fernández Rivera ( Tesoureiro ), e Carlos Nuevo Cal, Xosé Lois López Rábade, Antonio Villarino Rego e Xoel Geada Geada como vogais.
Na actualidade integran o Foro unhas 50...
leer más