Foz
Este sábado, 28 de xaneiro, ás 17:30 horas na Sala Bahía de Foz celebrarase o XIII Festival Infantil da Subela, no cal renderán homenaxe á figura da pescantina.
A organización anuncia: “ademais teremos o pracer de desfrutar da música e baile da asociación Falcatrueiros, de Monterroso. Anímate a vir e colabora co Banco de Alimentos de Foz facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros. Haberá biscoito e chocolate”.
A parroquia de San Cilla, no municipio de Foz, celebra a sétima edición da súa Festa dos Callos este sábado, 28 de xaneiro. Será no local social, dotado de calefacción.
Os actos empezarán ás 20:00 horas cun monólogo cómico a cargo de Avelino González. Ás 21:00 horas será a cea co seguinte menú: empanadas de bonito e de liscos, callos, sobremesa, viño, gaseosa e auga, pan e café. O prezo é de 20 euros por persoa, pero para os nen@s ata 12 anos é gratis. As prazas son limitadas.
A Festa dos Callos de Santa Cilla está organizada pola Asociación Santa Cecilia coa colaboración do Concello de Foz.
O Concello focego e a asociación O noso Foz anuncian que a cea de coroación da raíña do Entroido celebrarase o día 11 de febreiro e a Festa do Berberecho será o 15 de abril.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a comisión de festas O noso Foz e o Concello están inmersos nos preparativos do próximo Entroido. É unha das festas máis importantes do municipio e que despois do ano 2021 e súa edición dixital por mor do COVID19 volveu o ano pasado con restricións, pero de forma segura e, sobre todo, con moito ánimo por parte de participantes e público. Este ano as datas clave desta festividade en Foz son a cea de coroación, que será o dia 11 de febreiro na gran carpa situada na Sala Bahía, como se ven celebrando os últimos anos (atrasada a data debido á celebración do San Blas); a cea de comadres, que será o xoves 16 (...
leer másO 23 de xaneiro ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, contará coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro e sobre a súa obra en xeral”, explican desde a organización.
Este encontro estaba programado para novembro e aprazouse por mor do Covid.
Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegará Libraría Bahía, en Foz.
Antes, esa mesma tarde María López Sández estará no IES de Foz conversando co alumnado.
A localidade focense de Vilaxoane celebra as súas festas de San Blas os días 3 e 4 de febreiro, venres e sábado.
O venres 3 é do Día do Patrón e a partir das 13:00 horas haberá misa solemne, procesión, bendición do tradicional pan de San Blas, imposición do santo e sesión vermú co dúo Belinda. Ás 18:00 horas celebrarase outra misa solemne e pola noite haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e a orquestra Solara.
Ao día seguinte celebrarase misa solemne ás 13:00 horas e a continuación sesión vermú co trío Principal. Pola noite na verbena actuarán o trío Principal e a orquestra Gran Parada.
Haberá recinto cuberto con carpa e calefacción.
Tamara González, una vecina de Bilbao, es la ganadora del fin de semana de turismo rural que sorteó Pastelería Anduriña, de Foz, entre la clientela que estos días compró sus roscones de Reyes.
La afortunada disfrutará de una estancia de un fin de semana para dos personas, con cenas y desayunos, en Casa Castiñeira, de Muxía.
El sorteo se celebró en la jornada de ayer, lunes, en Radio Foz.
Desde Pastelería Cafetería Anduriña agradecen a su clientela “la confianza depositada en nosotros un año más para contar en sus mesas con nuestros roscones de Reyes” y felicitan a la ganadora del premio sorteado: “felicidades a Tamara González. Esperamos que disfrute de la Costa da Morte y también de A Mariña lucense. Y queremos agradecer a Radio Foz, que un año más haya acogido este sorteo de...
leer másO local da antiga báscula de Marzán, en Foz, acollerá este sábado, 14 de xaneiro a representación teatral da obra titulada O terapeuta, a cargo do grupo focego Pico do Castro. Será ás 19:30 horas.
Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz e asociación de veciños O Torques, de Marzán.
Pastelería Cafetería Anduriña, de Foz, sortea un fin de semana de turismo rural entre los clientes que compren sus roscones de Reyes hasta el 8 de enero de 2022.
Todos los tickets de Pastelería Anduriña que incluyan algún roscón de Reyes entrarán en el sorteo de una estancia de un fin de semana para dos personas, con cenas y desayunos, en Casa Castiñeira, de Muxía.
Pastelería Anduriña elabora el roscón tradicional y también los hace rellenos de crema, de nata, de chocolate y de trufa. Además de en el propio establecimiento, que está en la avenida Álvaro Cunqueiro, pueden comprarse también on line, a través de la web www.andurinafoz.com.
El sorteo del fin de semana de turismo rural se realizará el 9 de enero de 2023, lunes, en Radio Foz.
... leer másDespois do acendido das luces de Nadal, que enchen Foz de luz e cor, achéganse as vacacións dos máis pequen@s e a Delegación de Cultura do Concello de Foz preparou unha programación para que gocen da ilusión destas festas e compartan momentos de ledicia e diversión tamén cos maiores, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto.
Esta semana chega Papá Noel e para amenizar a espera o xoves 22 a partir das 20 horas a Escola de Música Municipal Arcadio Mon organiza o seu festival de Nadal no salón de actos do colexio Martínez Otero: poderanse ver as actuacións das nenas e nenos das clases de música en movemento, prebanda, aula coral e a orquestra de jazz. O sábado 24 pola mañá Papá Noel fará parada en Foz e estará acompañado polas rúas da vila dos nenos dos coros da Escola de Música, que cantarán pola Avenida da Mariña e Álvaro...
leer másEn Foz abriu as súas portas o pasado mes de xuño Anacos de Lecer, un centro de ocio infantil, que acaba de converterse en novo asociado de AciaFozCCA.
A súa propietaria Tamara Prado conta que “no centro organizamos cumpreanos, obradoiros como un de Nadal que tivemos hai pouco e outro de decoración de cabazas coincidindo co Halloween, facemos tamén festas temáticas e ofrecemos opcións de conciliación con horas soltas, bonos, cotas mensuais e tamén facemos talleres soltos”.
A empresaria explica o calendario de actividades para o Nadal: “do 23 de decembro ao 5 de xaneiro teremos o campamento de Nadal co obxectivo de axudar coa conciliación. Está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Será de nove da mañá a dúas da tarde, facendo adaptación de horarios segundo as necesidades das familias. Programamos actividades...
leer más